Novo pobo, nova esquerda

O economista e filosofo Frédéric Lordon, nun seu ensaio de outubro pasado (2025), chega a preguntar se a principal forza de esquerda en Francia, liderada por Mélénchon, será mesmo unha agrupación realmente anticapitalista.

Por Jose Vieira | 22/01/2025

En Francia, como resposta á viraxe a dereita dunha parte significativa da súa poboación e, por outro lado, a auténtica simpatía do Presidente da República Emmanuel Macron, pola formación de extrema dereita de Marinne Le-Pen e, en contra da súa formación de esquerda, Nova Fronte Popular, creada polo político Jean-Luc Mélénchon, cuxa fundación a fixo en 2016, FRANCIA INSUBMISSA (coas siglas LFI).

Esta agrupación, ese mesmo ano, obtivo, 22% na primeira volta das eleccións presidenciais e, perdendo por moi pouco en 2022, acabando ficando por uns escasos votos, na segunda volta contra Marinne Le Pen (1).

Posteriormente esta Nova Fronte Popular, liderada por Mélénchon, como coalición de esquerdas, gañou a maioría dos deputados nas eleccións lexislativas de 2024.

Esta agrupación partidaria, nese momento presentou un programa electoral, que se titulou, “Un futuro en común” (L’Avenir en commun).

No documento en cuestión, combina nunha Constitución para unha Sesta República, como unha correcta forma de ecosocialismo, con novidades como a retirada do traballo efectivo aos 60 anos, condena as restricións fiscais da Unión Europea, entre outras cousas do máis atractivas e democráticas para o pobo francés.

Máis, o que está sementando o actual presidente da República Francesa, Emmanuel Macron, non é nada máis, que deixar por un lado a progresión da extrema dereita, pois, estase apoiando con esta, como forma de protección, para conservar algo de prestixio, que dentro da súa prepotencia, pensa que ten dereito.

Non hai dubida que a Francia, sempre estivo ligada a unha correcta idea de liberdade, cun substrato de racionalidade, máis con este señor de presidente da república (Macron), este preferiu desencadear unha campaña, simulando como unha necesidade de seguridade, máis mesmo así, non conseguiu estabelecer esa paz necesaria para que haxa unha certa democracia.

Parafraseando o político chileno Kast recentemente electo, “sen seguridade, non hai paz e sen paz, non hai democracia e sen democracia non hai liberdade”. Que enganoso e populista discurso para enganar o pobo. Isto é a extrema dereita.

Este señor (Macron), lanzou unha certa fobia aos partidos de esquerda, sexan eles de forma individual, ou mesmo en coalicións, como é o caso da Francia Insubmisa, patrocinada por Jean-Luc Mélénchon.

Toda esta saña de maltrato deste señor, contra todo o que el sinta como sendo pór en cuestión o seu capitalismo exacerbado, apoiado polas grandes empresas francesas e sobre todo, pola súa admirada Marinne Le Pen, é algo que Macron ten que eliminar é que Mélenchon xamais, no seu “reinado” chegue ao poder.

Nesta altura, o economista e filosofo Frédéric Lordon, nun seu ensaio de outubro pasado (2025), chega a preguntar se a principal forza de esquerda en Francia, liderada por Mélénchon, será mesmo unha agrupación realmente anticapitalista, como nos seus escritos de divulgación se autodenomina.

A esta cuestión por si levantada, responde a que Frédéric Lordon, que non sente como unha verdade de rigorosa de anti-capitalista.

Este texto de Lordon, tivo o efecto de lanzar un auténtico debate público, a que por exemplo, o director da escola de formación Institut La Boétie de LFI, Antoine Salles-Papou, se estendeu nunha larga contestación aos argumentos daquel, en “Contretemps”.

Pois, en xa novembro pasado, Lordon contestou a Salles-Papou, rearmando o troco de ideas.

Non deixa, no entanto, de sorprender, que Lordon, recoñecese,a pesar de todo, que todas “as figuras da Quinta República”, e prosegue, “dicindo que ningunha posue a calidade intelectual, de Jean-Luc Mélénchon”.

Di mesmo, que De Gaulle, se auto limitou, se quedando curto, que Miterrand, non aportou nada de comprensión ao capitalismo desatado e, que despois, destes, o que veu a dominar a política estatal francesa, son o que el chamou de “CONTABILISTAS IMBÉCILES” e, vai moito máis lonxe, engadido “de manipuladores ao servizo do fascismo”.

Nesta súa contestación vai dicir que a calidade intelectual de Mélénchon, conseguiu dar cohesión e forma á agrupación, Francia insubmisa (LFI), “como sendo a única formación política institucional, en que as persoas pensan” e, eloxia o Instituto Boétie, pois, segundo Lordon, é unha “institución notábel” (esta pertence á agrupación Francia Insubmisa).

Para Lordon, o movemento liderado por Mélénchon e, copiando as súas palabras de entón “representan un certo intento para renovar a teoría da esquerda, atendendo às condicións actuais”. Mais, no entanto, segundo este e, atendendo a esas mesmas condicións, acabaron por saír mal.

Este afirma que este fallo e, perfilamos a súa opinión, pois, está se espalla un pouco por todo o espazo europeo, se debendo a intervención das grandes empresas tecnolóxicas e capitalistas clásicas, a que este chama a trampa do tecnofeudalismo.

Estas empresas, ten investido masivamente por toda a Europa, utilizando toda as súas capacidades habituais e, en que están implicados, como sendo a utilización das planificacións da Intelixencia Artificial, efectuadas pola Microsoft, Amazon, Meta, Alphabet e, uns cantos outros máis, competindo entre si como auténticos señores feudais.

Para este economista e filosofo Lordon, é como se podía dicir que existe un réxime dentro do sistema actual político, como se fose derivado dunha ilustración política e, terminando, se estabelecendo como un réxime teolóxico.

Lordon, seguindo o economista Cédric Durand, identifica ese tecnofeudalismo a que se refire, como unha dependencia extrema, imposta aos servos da gleba (que somos todos), so un grande, extraordinario e eficiente control, por parte do poder capitalista (completamente inseparábel política e economicamente, sen calquera consideración, polos seus servos, e dunha maneira despiadada.

Estes poderes, cuxos criterios se aplican a todos tipos de capitalismo e en calquera estadio de desenvolvemento na actualidade, toman como seus propios, todos os servizos que antes eran usufrutuados como sendo conquistas das poboacións, a través dos tempos e, das varias etapas por que pasaron as democracias.

Terminamos, esta pequena incursión polo estado de saúde dunha formación política, cuxo figurino parece ser un camiño intelixente, mais que no fondo, está definitivamente ou así parece, por eses elementos do capitalismo a que chamou os donos do tecnofeudalismo.

Deixamos no ar, que dentro deste, caben todos os tecno… como os dos petro, dos petrobelicos, dos petrocolonialistas e como non das súas redes.

1)Marienne Le Pen fundou o partido “La Agruoacion Nacional, o que en francés se designa por Rassemblement national coas siglas RN.Este seu partido antes e, até 2018, se denominaba Fronte Nacional, e en siglas FN. Este partido, en calquera das versións en que se designe é un partido da extrema dereita.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.