Quen controla os nosos comportamentos e actitudes sen darnos conta nin autorización

Ben inventariados os crimes e súa participación directa ou a través de elementos por eles administrados e adestrados, os xenocidios efectuados de forma encuberta por estes brazos secretos americanos, poden até superar, os números do xenocidio, designado como o holocausto nazi. 

Por Jose Vieira

Normalmente acostumamos dicir que “en miña casa mando eu e só fago o que quero”.

Isto realmente, é o que pensamos e como tal, nin perdemos un segundo a pensar, se o que facemos non son estereotipos que nos van entrando polos nosos sentidos, que nos van inducindo a tomar as actitudes “espontáneas” e aparentemente de “libres ganas”, mais que no fondo, non son máis do que comportamentos suxeridos, por un conxunto de informacións, xamais eximes de obxectivos, mais que nos sobre pasan completamente.

Admitir que é isto o que esta a acontecer, o día a día de cada un de nós, é por de máis evidente que non é do agrado de ninguén. E máis, reflexionar sobre cales as razóns de cada noso comportamento, aínda máis difícil se nos pon.

No entanto, é fácil encontrar un modelo que todos os días seguimos, unhas cantas veces pola positiva e, outras pola negativa.

Estamos a nos referir, a seguir a moda, non só como vulgarmente acostumamos indicar, como sendo unha forma de vestir ou de exercer uns determinados comportamentos, que son vistos como bonitos de seguir, dando a sensación de que somos xente do noso tempo, ou até, como se ouve moitas veces, “xente bonita” e ou moderna e moi “guai”. Mais máis, como a noción de moda estatística.

Serán só as telenovelas que nos fan imitar comportamentos?

Serán só os comportamentos dos columnistas que seguimos, pois, para nós, son xente moi máis esclarecida moderna, e como tal, deberán ser os modelos a seguir? Por iso é imprescindíbel seguir os programas, dalgunha cadea de TV, que presenta a diario, os comportamentos dos máis notábeis deste reino de “taifas”? Temos que nos vestir como eses ou seguir completamente o contrario, demostrando a nosa capacidade de reaccionar en contra, como unha proba de independencia?

Estas son algunhas preguntas, que se podían facer, dun conxunto case infinito de cuestións, que se nos poden por, mais que non queremos, de traxe afrontarnos.

Pasemos a outro nivel de imitación, e procuremos ver o que se está a pasar coas relacións entre países, por exemplo, en respecto a conflitos existentes, no momento, ou a outros que se foron extinguido para dar lugar a que xamais haxa un estado de paz continuado, en “o mundo en que vivimos”.

Reportémonola o tras Segunda Guerra Mundial e, para quen non teña, ben presente ese enorme bocado da historia, se tratou da última guerra do século XX, que involucrou case todo o mundo, mais esencialmente desarrollada na Europa e na Asia cercana, doutro dos principais belixerantes, o Xapón, que coa Alemaña de Hitler e a Italia de Mussolini, tentaron dominar polas armas o mundo de entón. Este trío tentou dominar e anexar toda a Europa e estender o seu dominio polo resto do mundo de entón.

Queremos recordar, que para derrotar, este trío que foi coñecido como sendo o “Eixe do mal”, foron necesarias e decisivas, para tal, as forzas dos aliados, conformadas polos Estados Unidos, o Canadá, o Brasil, a India, a Australia, a Nova Zelandia e a Rusia. Xamais podemos esquecer que a Rusia, foi o país máis sacrificado de todos os aliados, que loitaron, para que houbese liberdade para todo o mundo, pois, deixou nos campos de batalla máis de 20 millóns da súa poboación, para defender a Europa do xugo do “Eixe do mal”.

Non podemos deixar de referir, que España con Franco, se mantivo ao lado do fascismo (co “eixe do mal”), até ver, dunha forma oportunista, para onde pendían os pratos da balanza e, entón se considerou neutral. Mais non podemos nin debemos esquecer, que Franco enviou tropas españolas – A División Azul – para apoiar os exércitos nazis de Hitler.

Postas estas consideracións de orde sociohistóricas, podemos entrar na liña pretendida neste texto.

Quen determina os comportamentos actualmente no mundo?

Quen determina o que é politicamente correcto ou non?

Quen determina toda a política de comportamentos individuais e colectivos, dentro das marxes previamente permitidas e, que interesan a ese poder fatuo secreto?

Esta e moitas outras cuestións, debían formar parte da educación a nivel xeral das novas xeracións, pois, como vemos, o día a día, estas non forman parte das preocupacións da maioría dos cidadáns. O que é importante para a maioría é se o campión da liga é o Madrid ou o Barcelona, ou se este ano saen ou non, todas as confrarías a Semana Santa, o se esta figura enganar o marido. Todo o máis non é súa preocupación.

Algunhas veces temos mesmo oído dicir que

se é tanto máis feliz, canto máis ignorante se é”.

Pensamos que é tempo de abandonar ese raciocinio estrafalario ou estrambótico.

Sucede agora, que en España, todo o que é americano –enténdase dos Estados Unidos da América do Norte-, é o mellor do mundo (se di que é “la leche”). Pois, ben, quen determina o que cada un viste, o que cada un quere comer, o coche que cada uno debe comprar, en quen cada uno debe votar e, finalmente se debe ou non estar de acordo que continúen a haber pederastas na igrexa. Todo isto vén dos Estados Unidos da América directa ou indirectamente, dos países seus aliados.

Os españois, sempre son fiábeis aos seus ídolos!

Agora falemos sobre, como entran os estereotipos en España e, debemos recordar, que foi o señor José Maria Aznar, que cando dirixiu o goberno de España, concordou permitir que os servizos de espionaxe americanos, entrasen a operar sen calquera traba ou límites, no espazo español. Tamén foi quen apoiou a enorme mentira das armas de destrución masiva do Iraq, que xamais existiron e que provocou o masacre de millóns de cidadáns.

Este apoio incondicional do señor Aznar, o entrego de bandexa ao presidencia americano de George W. Bush. España pasou entón colaborou coas redes “Echelon e a Carnivore”, que foron aquí utilizadas, na loita do goberno referido, contra a ETA (se pode comprobar estes datos na internet, pois, son públicos – Echelon).

Igualmente se pode ver en internet, que Echelon, é considerada a maior rede de espionaxe, a nivel mundial, da cal se coñece a súa configuración, mais existen moitas outras, para interceptar comunicacións electrónicas (está en la Wikipedia), mais, unhas máis secretas que outras.

A maior rede de espionaxe mundial e para alén desa función, de manipulación sobre todos os aspectos posíbeis, da poboación mundial, tratase da NSA (Axencia de Seguridade Nacional), que é a intelixencia do Departamento de Defensa dos Estados Unidos da América do Norte.

Esta axencia foi creada o día 4 de novembro de 1952, polo entón presidente dos Estados Unidos da América do Norte, Harry S. Truman, debaixo de todo o secretismo (pois, nin sequera informou o Senado americano), manténdose en segredo, durante polo menos trinta anos.

Esta axencia é detentora de tal poder, que por varias veces lle teñen sido postas algunhas trabas a nivel das súas “praxes”, por parte dalgúns presidentes do seu país, no entanto, sen calquera efecto práctico, pois esa axencia pasa das recomendacións (ao final deste texto damos o respectivo pronto tipo, así como a foto da sede).

As actividades desta axencia de espionaxe americana, se puido coñecer a través das informacións dadas por Edward Snowden (proceso que se tornou célebre en todo o mundo polas revelacións sensacionais dese antigo colaborador deses servizos).

Esta axencia, ten relacións de cooperación co maior entramado mundial de empresas de tecnoloxía, sobre todo de hardware e de software, así como, con empresas de marketing, coa colaboración de universidades, con quen trocan as súas investigacións por dólares e, por todo isto, esta axencia dispón dunha superioridade tecnolóxica sobre todas as outras axencias da competencia.

Esta axencia, coopera de forma privilexiada, de amo para escravo, con máis 35 axencias asociadas, espalladas polo mundo. Estas están ligadas a través de acordos secretos.

Resaltamos por exemplo, as seguintes conexións, coa Advisory Committee on Special Intelligence (en siglas NACSI), da OTAN. Coa SIGINT Seniors nos seus dous ramos, sendo o Europeo designado como SSEUR e no ramo do Pacífico, cognominado de SSPC.

É tristemente célebre a súa colaboración no Afganistán con SIGNT COALITION coñecida polas siglas AFSC.

Sobre a colaboración coa industria tecnolóxica, esta axencia impón a todos os fabricantes de equipamentos de comunicación e de criptografía, que fabriquen, mais que deixen para a axencia, unha porta aberta por detrás, por onde estes e só estes, poidan vixiar e entrar, desa forma, en todos os sistemas e equipamentos, existentes no mundo.

Formulamos agora a pregunta seguinte:

Cal é a axencia de espionaxe máis poderosa do mundo?

É a C. I. A.

Estas siglas significan Central Intelligence Agency o que traducido significa, Axencia Central de Intelixencia.

É aparentemente unha axencia de carácter civil, dos Estados Unidos da América do Norte, destinada a espiar para o presidente e para o seu entorno.

No entanto, vai moito máis alén, pois, tamén esta vocacionada para outras actividades secretas, para contra-espionaxe, así como para levar a efecto golpes de estado e participación en actividades non lícitas, como o derrube de gobernos, sempre e cando, estes se tornen incómodos para os Estados Unidos.

Esta non é unha resposta sensíbel, pois, esta axencia é moito máis do que un instrumento de espionaxe.

É tamén unha empresa de terrorismo, debidamente autorizada polos Estados Unidos da América do Norte e, seus aliados, que actúa por todo o mundo. Por iso realiza operacións clandestinas e accións paramilitares e militares, a través da súa División de Actividades Especiais.

Esta axencia é a responsábel polas detencións, torturas e demais actos de terrorismo, como a Prisión de Guantánamo, en Cuba.

Igualmente polos golpes de estado na América Central, sempre que os gobernos non son de seu gosto.

Foi a responsábel polo golpe militar do xeneral Pinochet no Chile e, os masacres de decenas de miles da poboación chilena. É a responsábel pola desestabilización que sofre a Venezuela, e a súa permanente inestabilidade. É quen ten impedido as relacións con Cuba. É responsábel pola eliminación de millóns de elementos pertencentes ao Partido Comunista Indonesio, así como, o golpe que substituíu o presidente Sukarno polo xeneral corrupto e afecto aos Estados Unidos Suharto. Con este apoiou a eliminación de máis de cen mil mauberes, poboación do país de Timor Leste, antiga colonia portuguesa, na altura xa independente. Responsábel das atrocidades en todas as intervencións criminais do exército americano, como adestradores, de torturas e extorsións de segredos. Responsábel das torturas e outros masacres, na Guerra da Corea, na guerra do Vietnam, na invasión do Iraq, do Afganistán e, en todo o que poida non ser completamente submiso ao imperialismo americano.

Ben inventariados os crimes e súa participación directa ou a través de elementos por eles administrados e adestrados, os xenocidios efectuados de forma encuberta por estes brazos secretos americanos, poden até superar, os números do xenocidio, designado como o holocausto nazi. A única diferenza é son levados por esta axencia a efecto de forma encuberta e á praza de máis anos.

Mais non podemos ficar por estas dúas axencias, pois, falta dicir, que os países da esfera de influencia ou sumisión aos intereses americanos, como é o caso da Unión Europea, ten os seus propios servizos de espionaxe e de manipulación das poboacións, sempre, superiormente supervisadas polas axencias referidas.

Mais o que é a UKUSA?

Se trata das siglas de United Kingdom-Unetid States Security Agreement, que tratase dun tratado de seguridade entre os Estados Unidos e o Reino Unido, que foi configurado e asinado en 1946 e, que o mundo que os coñece, de mala memoria e os denomina, como o “club dos cinco ollos”, pois, os participantes actuais, son cinco países, a saber: Canadá Australia e Nova Zelandia.

Non queremos terminar este sen referir unha das máis criminais organizacións secretas, estendidas por todo o mundo, e que ten a súa sede en Israel, tratase da Mossad.

Noutra oportunidade, engadiremos outras axencias tamén tristemente célebres e que, no entanto, en xeral as poboacións, non se informan dos seus crimes, perpetradas, en nome de dúas palabras abusivamente utilizadas:

liberdade e democracia.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.