Non semella ser importante a educación

mesmo con distintos partidos no poder, existe unha obvia intención de ir entregando o ensino á privada, como máis un negocio e non como un servizo

Por Jose Vieira

Cremos, sinceramente, que non se existe unha educación, que teña como obxectivo a excelencia, toda as outras políticas, no país en cuestión, andarán á deriva.

Pensamos igualmente, que a política educativa terá que ser suficientemente flexíbel, dentro dun marco pedagóxico de encadramento universal, no cosmos educacional do país. Con isto, queremos dicir, que non poden ser consentidas illas de ensino de ricos, que á posterior, determinarán os gargalos de botellas, de acceso aos postos de traballo privilexiados.

Parece que o que esta hai consagrado no “Presuposto Xeral do Estado” (adiante se escribira polas siglas PGE), e referiámonos a España, é unha cláusula de 5.023 millóns de euros, o que significa un aumento en relación ao ano de 2021, en que se tiña inscrito a cláusula de 4.983 millóns de euros, ou sexa, un aumento de 40 millóns (o que corresponde a un incremento do 0,79%). Sen comentarios.

Analicemos como esta cláusula, será financiada, o ano de 2022: así polos ingresos do Estado, que serán 3.419 millóns de euros, o que representan 1,1% do PGE, ao cal se van xuntar, máis 1.604 millóns, que son procedentes da Unión Europea.

Fagamos unha pequena comparación, co Ministerio da Defensa de España e, así teremos:

Ano 2000

Ano 2017

Ano 2022

5.799.765 €

7.635.714 €

11.338.424 €

Como podemos facilmente constatar, o presuposto do Ministerio da Defensa é 2,257 veces maior, do que o do Ministerio da Educación.

A noso ver, significa que os amores dos gobernos do país están, como mínimo, apaixonados polas forzas militares, ou teñen medo dos desgustar. Algo pasa e, está na cultura decorrente do asalto ao goberno lexitimo polo bando de Franco.

Como podemos ver, os números que se presentan, son recollidos do Eurostat e do Instituto Nacional de Estadística (INE), así como os fornecidos pola “Central Sindical Independiente e dos Funcionarios” (en siglas CSIF), que o mes de setembro corrente, nos informa que a interinidade do persoal educativo, roça xa os 27,46%.

Se tomamos como correctos a existencia de 98.081, como o número total de profesores, no espazo de España, teremos a espantosa cifra de 26.933 profesores interinos. Estes están distribuídos por 2.609 centros dos cales son públicos 2.044, sendo os restantes 565 non públicos.

Por outro lado, temos vindo a observar por parte do Goberno do Estado, un apoio cada vez máis pronunciado ao ensino non público, en detrimento do servizo de ensino, que debería ser público. O que se ten vindo a verificar, é que mesmo con distintos partidos no poder, existe unha obvia intención de ir entregando o ensino á privada, como máis un negocio e non como un servizo.

Se está infrinxindo un dos máis básicos dereitos democráticos, que é ser a educación, unha obriga que debe ser fornecida polo Estado, de forma pública, gratuíta e exime de calquera carga elitista (ou sexa, para os ricos un ensino de elites e con saídas laborais garantidas, por esas mesmas elites).

Vemos así, que se privilexia a guerra, en detrimento da educación das poboacións. Se privilexia a entrega da educación, como se dun negocio se tratase, en vez de ser unha obriga a ser estendida en igualdade de circunstancias a todos os cidadáns, independentemente, do berce en que naceron.

No entanto, as autoridades europeas, despois de advertiren o Goberno de España, este non tivo outro remedio do que prometer, un novo obxectivo de mínimos, a realizar até 2025, por forma a diminuír a temporalidade en 8%.

Este obxectivo, implicaría, segundo o CSIF, a convocatoria nos próximos dous anos de algo como 174.946 lugares, neste número están contemplados cerca de 50.000 profesores que foron desvinculados en 2010, de acordo cos recortes do P.P. de Mariano Rajoy.

Vexamos como se distribúen os alumnos, nas tres formas administrativas:

Centros públicos

Centros concertados

Privados sen concerto

67,4 %

25,2%

7,4%

Estes valores se refiren a toda a España. Así sobre esta totalidade a distribución dos alumnos na Galiza é a seguinte por etapa de ensino:

Eso

Bacharel

Formación Profesional media

Formación Profesional Superior

outros

4,6%

5,3%

5,8%

5,9%

1,9%

Estes valores se extrapolen dos valores nacionais, tomando como referencia os referidos polo Ministerio da Educación, o ano lectivo de 2021 / 2022.

Así, a poboación estudantil xeral, non universitaria, é de 8.216.711 alumnos, para o total de España, seriados conforme o cadro seguinte:

Eso

Bacharelato

Formación Profesional

Media + superior

Educación especial

Outros

Educación primaria

Educación infantil

2.055.170

700.810

1.013.912

39.098

13.722

2.795.481

1.598.518

Cabe neste momento dicir, que de acordo cos números fornecidos pola estatística, a nivel nacional existe unha diminución de alumnos en relación ao ano lectivo anterior de:

Educación infantil……….menos 23.835

Educación primaría …….menos 46.300

A pesar de todo, a comunidade onde a interinidade é menor no espazo español é na Galiza, onde se encontran uns 2.411 docentes nesa situación. No entanto cabe indicar, que a poboación da Galiza tamén é das menores, pois se acerca soamente a 2.762.000 habitantes.

Para nos, o non ser debidamente resolto o problema da interinidade, pois, este transporta un problema que é o da temporalidade dos docentes en cada centro, o que non é nada de bo para o correcto funcionamento do sistema educativo. É por de máis evidente que esta mesma interinidade, é unha lousa, na posíbel mellora do sistema educativo, interfire negativamente no “fracaso escolar” e como non, no abandono e demais dificultades dos alumnos.

Debemos resaltar que en 2021 na Galiza ao abandono escolar prematura atinxía os 12%, o que significaba ser o sexto menor de España, pois, o peor é o da cidade de Ceuta con 25,5%.

Tampouco podemos deixar de referir, que os salarios dos profesores, teñen vindo a sufrir unha desvalorización, mesmo antes da inflación que nos cerca, desmotivando o interese por esta carreira, polos novos alumnos universitarios. Se a isto engadimos a perda de poder de compra en que estamos emerxidos, os profesores desde xa están empobrecendo a un ritmo superior a 11%, ao ano.

Queremos tamén referir, que os profesores que foron contratados por forma temporal a cando da pandemia, e foron cerca de 40.000, debían quedar no sistema, conforme afirma o presidente do Sindicato enriba referido Gutiérrez, pois, serán necesarios, mais, no entanto, non son, nin contratados nin motivados para as próximas contratacións.

Finalmente foron retirados os aumentos de inversões públicas ou conxeladas, así como todas ou case todas, os apoios ao profesorado, como por exemplo os gasto de deslocalización.

Por todo isto e o máis que fica por dicir, pois, volveremos ao asunto, temos a certeza de que a educación non é minimamente do interese os sucesivos Gobernos do Estado de España, pois, só é a súa prioridade única o Exército.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.