![]()
Para Hayek non podía haber máis nada na economía, a non ser a explotación ilimitada dos traballadores
Por Jose Vieira
O puritanismo dos contrareformadores, non só se quedou na relixión, reaccionando contra os auténticos licenciamentos morais, polas cales viñan a pasar as institucións católicas, de total obediencia a Roma, como se transmitiron a toda unha forma de vida e, como non, a un auténtico cambio de forma de vida, en que pasou a imperar, a posición contraria.
Con isto queremos deixar dito que contra o libertinaxe, pasou a ser imposta unha austeridade, completamente cega e persecutoria. Esta unha influencia, decisiva de entre outros, menos evidentes, de Zuinglio, Calvino e como non de Martin Lutero.
Así xa desde a uns tempos na Alemaña, os métodos propostos e utilizados polos economistas alemáns, se opuñan a utilizar métodos científicos, semellantes aos das ciencias sociais, interesandose polo estudo das accións humanas.
Este foi un cambio de pragmatismo, pasando a imperar, o historicismo, que buscaba a encontrar a lóxica das leis de mercado, á praza dos tempos.
Esta, procurou ter como obxectivo fundamentar os alicerces para marcar unha oposición cerrada e até férrea, contra o socialismo, o marxismo, o nazismo e, como non podía deixar de ser, ao Keynesianismo.
Dunha forma moi alixeirada, esta escola, austríaca, tamén indicada como de Viena de Austria, se consideraba próxima ao liberalismo e neoliberalismo, polas súas ideas, sobre como se debía organizar social, política e economicamente os países, defendendo intransixentemente as leis da oferta e procura.
Esta escola, aínda hoxe, a través dos seus cultivadores, continúa a ser un pesadelo para as democracias, que buscan loitar esencialmente polo ben dos seus cidadáns, intentando facer desaparecer o foso abisal, que existe como consecuencia da aplicación das súas teorías, coñecido pola desigualdade social.
Non podemos deixar de atribuír a esta escola, e naturalmente aos seus seguidores, a causa das gritantes desigualdades sociais existentes e sobre todo as súas xustificacións.
Así e para que conste, deixaremos o nome dos principais elementos, da escola respectiva, que polas súas influencias no mundo da economía e da organización social, máis foron perniciosos para que se puidese vivir nun mundo menos desigual.
Así temos: Friedrich Hayek, Eugen von Bôhm-Bawerk, Friedrich von Wieser, Ludwig von Mises, Murray Rothbard, Carl Menger e, Israel Meir Kirzner.
Descartamos a posíbel orixe o pasado século XV dunha dobre influencia dunha escola de Salamanca e outra da Cataluña, pois, non temos noticias fiábeis fatuais.
Este señor, naceu na cidade de Viena, en 1899, que entón pertencía ao imperio Austro-Hungaro, falecendo en 1992. Foi un destacado economista, estudando na universidade de Viena, baixo a supervisión de Ludwig von Mises e de Carl Menger, ambos influenciados polos escritos de Léon Walras.
Este economista, pasa por ser entre outras cousas, foi o fundador dunha correcta economía que utilizaba a matemática, mais a súa máis coñecida a portaxe tema ver como a teoría do valor de cambio e de intercambio, se deriva da escaseza, no entanto, a distribución da riqueza, sería o fin último da súa obra.
Tras a finalización do seu curso de economía en Viena, se dedicou a actividade docente, ensinando na London School of Economics, na Universidade de Chicago e máis tarde na Universidade de Friburgo e de Salzburgo.
Como é habitual, estes profesores de economía e non soa, ten o costume de se comunicar por largas cartas, onde intentan transmitir as súas ideas a outros profesores, o que na maioría das veces, non resulta en que estes acepten as súas ideas. É o caso da súa correspondencia co gran economista John Maynard Keynes.
Mesmo así Hayek partillou do Premio Nobel da Economía de 1974 (que é instituído polo Banco Sueco e non polo legado de Nobel), conxuntamente con Gunnard Myrdal.
O ano anterior da súa morte, o sexa en 1991, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade de Estados Unidos da América do Norte.
Os defensores das teorías de Hayek e o propio, argumentaban que o valor dun ben, dependería da súa utilidade, ou sexa, do que cada un dos consumidores tiña para el utilidade. Isto o que significa é que é algo de subxectivo, dependendo da “intensidade das súas necesidades, que o ben satisfai”, a esta se designa como sendo a “TEORÍA DO VALOR SUBXECTIVO”.
Como é inmediato, esta teoría entra en contradición coas expresadas por Carl Marx ou por David Ricardo, en que ambos defendían que o valor dos bens, dependían do seu valor social, aportado polos traballadores, durante o seu proceso de produción.
As teorías da escola austríaca en xeral e de Hayek en particular, defendían dunha forma intransixente e contundente, até por veces pouco educada, era que, a existencia dun estado onde estivese implantado o socialismo era imposíbel, que este país puidese se desenvolver, pois, no socialismo o capital se estancaría, pois, estaba na man dos Gobernos e, estes son inmobilistas e nada farían para beneficiar a economía.
Non podemos deixar de referir que este señor Hayek de todos os que foron influentes, este a todos os suplantou e, aproveitamos para contar un chiste, que se tornou famosa os anos oitenta do século pasado, que tivo como protagonista a primeira ministra inglesa da altura, Margareth Thatcher e, perante os seus compañeiros de goberno, sacou da súa carteira un exemplar da obra “A Constitución da Liberdade”, de Friedrich Hayek e, virándose para os seus pares afirmou: “Isto é o que nós cremos.”
Mais a influencia deste economista non se quedou, polo século pasado, transmitiuse a entre outros economistas, en especial a toda a escola de Chicago, continuando a ser prominente a persistencia da súa herdanza aí como en moitos dos políticos actuais e, recordamos o actual presidente da República Arxentina, o señor, Javier Milei, tendo este mesmo tras ser elixido para o cargo que ostenta, lle foi atribuída a medalla da fundación Hayek, que serve para premiar os seus seguidores máis ortodoxos.
Un dos grandes puntos de orde das políticas prácticas do señor Hayek, ten tido como farol orientador, a abolición do Estado de Benestar, IGUALITARIO.
Outra das orientacións seguidas e características é cargas todas as reivindicacións dos traballadores, mais sempre enganándoos e sobre todo as poboacións máis inxenuas de dereita, dicindo que son políticas prácticas necesarias para a liberdade.
O seu discípulo máis avantaxado Milton Friedman engadía: “había que poñer ós traballadores na primeira liña a sacrificar, pois había que gañar a gran batalla pola liberdade” e, por iso os traballadores terían que ser a carne de canón.
Para Hayek non podía haber máis nada na economía, a non ser a explotación ilimitada dos traballadores.
Hayek, caracterizase en moitas poucas palabras, pois, as súas teorías e sobre todo as súas prácticas aconselladas, demostran que era unha persoa que odiaba a igualdade. Para este, a desigualdade era algo natural, as persoas soa podían triunfar, segundo este, se posuían un código xenético hereditario, de calidade.
Era un elitista, despiadado e sectario.
Tamén queremos deixar constancia de que son as súas leccións aínda hoxe seguidas, nunha tentativa de ESTERTOR DA MORTE DUNHA ECONOMÍA DA DESIGUALDADE E DA EXPLOTACIÓN DOS MÁIS DÉBEIS, POLOS “AMOS DO MUNDO”
Se el primero en comentar