Somos e seremos responsábeis compulsivos…

as forzas militares dos EUA despois da Segunda gran Guerra Mundial foron directamente responsábeis pola morte de entre 20 a 30 millóns de persoas

Por Jose Vieira

Naturalmente pola invasión da Ucraína pola Rusia?

Xamais nos gustaría comezar un texto por unha declaración de conivencia, cun delito contra a humanidade en xeral e, en particular, pola covardía en que estamos, todos os que se dan conta do que está a acontecer no mundo.

Todos menos os políticos da Unión Europea, que son os xefes administrativos desa colonia americana.

Antes de avanzar no tema en concreto, temos a obriga de denunciar os resultados a que chegaron James Lucas, Vincent Bevins, entre outros, pois sobre todo o primeiro, descubriu que as forzas militares dos EUA (Estados Unidos da América do Norte), que despois da Segunda gran Guerra Mundial foron directamente responsábeis pola morte de entre 20 a 30 millóns de persoas, en guerras e outras accións á praza do mundo e o segundo a través do seu último libro “O Método de Jakarta”.

Fagamos un pouco de memoria, sobre algúns dos actos levado a efecto polos americanos, como por exemplo, lanzaron sobre o territorio da Corea do Norte máis de 650 mil toneladas de bombas, e para que se tranquilizasen máis de 45 mil toneladas de bombas de Napalm, tendo estas queimado vivas máis de tres millóns de coreanos.

Continuemos, por exemplo no Vietnam, aí os americanos para alén de usaren armas químicas, como debemos saber mata todo o que estea a superficie da terra, plantas animais e humanos, cuxos efectos aínda hoxe persisten no país en cuestión (no entanto, a hipocrisía americana non considera relevantes os chamados danos colaterais), así como oito millóns de toneladas de bombas e, para que se teña unha idea máis concreta e precisa, desta cantidade de bombas, esta foi moitísimo maior do que todas lanzadas contra a Alemania polos Aliados durante a segunda Guerra Mundial (que ocorreu entre 1939 e 1956 do século pasado). Aí os beneméritos americanos liquidaran máis de dous millóns de vietnamitas.

Non hai dúbida, que poden estar orgullosos dos seus continuados xenocidios, con que se ten divertido os “Amos do Mundo”, a través das accións encomendados aos políticos americanos e a seus lacaios de West Point.

Para termos unha idea de como pensan os grandes nos EUA, recordemos as palabras dun emigrante alemán de orixe xudía, máis tarde naturalizado americano, mais que pertenceu ás xuventudes hitlerianas e, que é unha das figuras máis prominentes do “Club de Bilderberg”, home eminentemente de dereitas, ex-secretario de estado americano, o organizador entre outros, do golpe de estado e respectivo masacre no Chile (coa eliminación da democracia de Salvador Allende e a colocación no poder do sicario americano xeneral Pinochet).

Non podemos esquecer, que Henry Kissinger tamén aconsellou o presidente Nixon, a ordenar o bombardeo do Cambodia, dicindo textualmente, que se faga, “sobre todo o que voe, sobre todo o que se mova”, ou sexa, como engade o profesor Noam Chomsky, un auténtico chamamento ao xenocidio en masa.

Este mesmo señor Kissinger dicía, que lla democracia parlamentaria reformista for ben sucedida no Chile, entón a xeito de reflexión seguía dicindo: “entón os efectos serán moi prexudiciais, se espallan polo sur da Europa e, non podemos deixar penetrar ese virus na Europa, por iso, hai que o eliminar desde xa no Chile”

Podemos referir, unha entrevista ao profesor Noam Chomsky, efectuada por Nathan Robinson, sobre estes recentes acontecementos (a invasión da Ucraína pola Rusia) “da guerra por encargo americano”, en que este afirma: “cando ollamos para a historia da política americana, vemo-nola facer cousas que son perfectamente racionais, mais que son só dignas de sociopatas” engadindo, “Hitler era perfectamente racional, sabe… se pode ser racional e estar a favor do xenocidio e do exterminio de poboacións”.

Nunha entrevista a Brzezinski, este se gababa de ter impulsado a URSS para a intervención no Afganistán, dicindo textualmente: “non presionamos ós nosos a intervir, mas aumentamos conscientemente probabilidade do faceren” Non obstante os EUA, desde xullo de 1979 iniciaron unha operación secreta de apoio aos mujahedins, tamén coñecidos como talibán (a inversión dos americanos nesta acción terrorista foi de máis 6 mil millóns de dólares) para que estes grupos, combatesen o réxime pro-ruso, que entón gobernaba o país.

Os danos colaterais, foron a eliminación de máis dun millón de persoas. Preguntado Brzezinski, se valera a pena, facer este xenocidio, este non tivo a mínima dúbida en afirmar, “lamentar o quê? Esta operación secreta foi unha gran idea. Tivo o efecto de atraer os rusos para a trampa afgá” e continúa “o día en que os rusos atravesaron a fronteira, de forma oficial, Brzezinski, escribía unha carta ao presidente dos EUA, da altura, Jimmy Carter, donde dicía a determinado momento o seguinte: “temos agora a oportunidade de dar a URSS, o seu particular Vietnam”. Realmente sortiu o efecto programado, pois, os rusos se atascaran durante case 10 anos nesa guerra, ou sexa, entre 1979 e 1989.

Imos continuar con a bo vontade dos políticos dos EUA, e transcribemos unha entrevista a MSNBC, o día 28/02/2022, a propósito da guerra na Ucraína, a demócrata Hillary Clinton, en que esta recordaba o éxito da operación dos EUA, no sentido de empurrar a URSS para a guerra do Afganistán (o chamado Vietnam dos rusos) e, suxeriu que agora se debía facer o mesmo, para atraer os rusos para a Ucraína e, entón imos facer unha dura guerra de guerrillas. Segundo esta señora, iso irá destruílos, esgotalos e, como non, imos a derrubar a Putin.

Chomsky nunha entrevista a Nathan Robinson comenta que a Ucraína será destruída e o mesmo comentario, tamén o facía o senador e coronel Richard Black, dicindo que significa facer “da Ucraína, o escenario dunha guerra por encargo, sen ningúns resultados positivos para a Ucraína”.

Temos que mencionar, que Putin, levantou moitísimas veces as súas preocupacións polo cerco que os EUA e a súa filial Nato, estaban a facer á Rusia, solicitando que se fixese unha Conferencia Internacional sobre a Seguranza na Europa. En que expoña as condicións que eran esenciais para a seguranza do seu país a Rusia e que pasan a expor:

1) A non integración da Ucraína na OTAN.

2) A non instalación de armas nucleares das grandes potencias da OTAN xunto á súa fronteira.

3) A resolución das cuestións de Donbass, a través dun recoñecemento dunha ampla autonomía na rexión, por forma de preservar os dereitos dos rusófobos.

4) O recoñecemento polo Occidente da integración da Crimea na Rusia.

Gustaríanos recordar, unha entrevista efectuada polo xornalista brasileiro Breno Altman (no OPERA MUNDI), efectuada en 26/7/2022, ao tamén xornalista e ensaísta Ignacio Ramonet (ex-director de Le Monde Diplomatic), de moitísimo interese, en que o entrevistado a determinado momento, declara que “os Estados Unidos da América tentan evitar a dinámica dun mundo multipolar”, a noso ver, nada máis que unha verdade do tamaño do mundo.

Eles desexan ser os únicos emperadores do mundo, podendo todos os demais de xeonllos a seus pés.

Terminamos este texto, afirmando que a política do intocábel imperialista, significa que os EUA, impón a morte de miles de ucraínos a destrución da Ucraína e a morte tamén de miles de rusos. Para os EUA, non contan absolutamente nada, os chamados danos colaterais, é un prezo que vale a pena pagar.

Esta é a arrogancia dos EUA, o país que se arroga o dereito, de liderar o mundo libre, como sendo o único estado soberano e terrorista.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.