Money, money, money

Nunha sociedade de mercado, non se recoñece ningún dereito a ser satisfeito por garantía do Estado, pois, nese tipo de sociedade non hai lugar para calquera tipo de “fins morais” e moi menos se son colectivos.

Por Jose Vieira

Se non nos falla a memoria, foi o grupo sueco ABBA, quen inmortalizou esta canción o ano de 1976. No entanto, anteriormente xa os artistas Joel Grey e Liza Minnelli fixeron as honras debidas, ao deus do diñeiro na película “Cabaret”, sendo o seu lanzamento en 1972. Esta ganando o Globo de ouro a mellor canción orixinal.

Polo momento, son suficientes estes nosos recordos, que nos proporcionaron algo de crítica dos anos 70, acerca da obstinada obsesión por “o vil metal” (diñeiro = a ouro, simplificación comprensíbel).

Imos ligar as conceptualizacións de “neoliberalismo”, por separación identificadora, de tres outras concepcións, que ideoloxicamente son ou poden ser vistas, como alternativas aquela palabra, e como tal, pode resultar algo confuso. As palabras en cuestión, son liberalismo, socialismo e socialdemocracia.

Comezaremos por definir, o máis sensibelmente o que se entende vulgarmente por liberalismo, este se entende como sendo unha doutrina económica/social, aparecida ao final do século XVIII, que defendía a liberdade individual, só considerando lexítima a mínima intervención do Estado, no ámbito socioeconómico.

Por socialismo é costume admitirse, como sendo o concepto dunha doutrina económica, política e social, que propón que a propiedade e a administración dos medios de produción este a cargo das clases traballadoras, coa finalidade de se conseguir unha organización da sociedade, na cal existiría unha igualdade, política social e económica de todas as persoas.

Con base nestes principios, se estabeleceu un sistema político económico e social baseado nesta doutrina, o socialismo.

Por fin definiremos, igualmente dunha forma o máis sensíbel posíbel, socialdemocracia como sendo unha corrente de política económica e social, moderada, dentro do sistema abrangente de socialismo. Se trata de intentar transformar a sociedade, dunha forma suave e en democracia parlamentaria, non contemplando un corte drástico co pasado (sen revolución) (1).

Imos desde este inicio puntualizar, que é necesario, para caracterizar o neoliberalismo, ben como obxectivo ideolóxico, ben como praxes, é que os neoliberalistas se consideran fóra da doutrina, pois, a súa única posición, é que este non defenden unha política a seguir pois, eles son a ciencia correcta, ou sexa, o único sistema posíbel.

Digamos que o seu núcleo central de argumentos, está baseado en que o neoliberalismo pretende modelar a sociedade, como unha sociedade de mercado, en que a única medida será o diñeiro, así como o único medio para resolver todas as necesidades do home.

Este reducionismo, leva automaticamente a que o diñeiro, para estes, pode comprar todo e organizar desde a xustiza até ao ocio, pasando pola defensa, a seguridade e todo o máis.

Para estes señores, a “economía de mercado”, que era núcleo do liberalismo, está superada por ser obsoleta.

Para estes a “economía de mercado”, co tempo “inoculou un virus letal” na economía social de mercado, por exemplo na Unión Europea, xuntamente cos antigos adeptos da social democracia e socialistas, por lo menos desde os anos 80 do século pasado. Esta circunstancia está perfectamente visíbel.

Para estes correlixionarios do neoliberalismo, é que a sociedade de mercado, é necesariamente o que se ten que construír, metendo dentro o Estado e cada un de nós, de tal forma que o diñeiro, poda dominar todas as actividades sociais.

O Estado pode ser emprendedor, mais xa non o pode facer en puntos estratéxicos, nin en actividades anteriormente exercidas por el (falamos da educación da saúde e outros servizos, que antes eran da competencia do mesmo).

No fondo, menos Estado e máis, o máis importante, será a substitución deste polo sector privado.

Non podemos deixar de reflexionar, algo que ten a ver co que deixamos enriba dito, senón vexamos, se a educación deixa de ser obxecto dunha acción do Estado e, dereito dos cidadáns, así como a saúde e a seguridade, igualmente deixa de ter sentido para os neoliberalistas os dereitos humanos.

Pois, non serán cubertos os dereitos do cidadán, e serán lanzados na máis profunda desigualdade social a maioría da xente.

Entramos na orixe das especies, só sobreviran os máis aptos, nunha sociedade de características neoliberais capitalistas, o que significa ser que a desigualdade non será unha situación de anormalidade, a corrixir, mais si, unha situación natural a manter.

Así o Estado, vese reducido a unha mera xestión de case nada, pois, baleirase de sentido e naturalmente deixa de ser propietario (ou sexa, deixa de deter bens de calquera especie), mais tamén deixa de poder subministrar calquera servizo público, pois, todos estarán na man do sector privado e, como non, só terán acceso aos servizos, quen poder dispor de medios suficientes, para os pagar.

Así o que acontece é a transformación do cidadán que pasa a ser unicamente un consumidor.

Deixa de ser un cidadán para realmente asumir a condición de consumidor. Todos sabemos que un cidadán é un individuo que como membro dun Estado, usufrutuou de dereitos e garantías civís e políticas e desempeña deberes que, nesa condición lle son atribuídos. Este é e será o cidadán.

Mais aínda hai máis, pois, os agora chamados consumidores, só o son na medida en que conseguen obter os medios necesarios para o seren e, esa situación, é e será, cada vez máis difícil e imprevisíbel, nas condicións que o neoliberalismo capitalista, impón.

Nunha sociedade de mercado, non se recoñece ningún dereito a ser satisfeito por garantía do Estado, pois, nese tipo de sociedade non hai lugar para calquera tipo de “fins morais” e moi menos se son colectivos.

Nada nin ninguén, reclamara a protección dos máis débeis por parte do Estado. Todas as leis anteriores, que antes protexían os entón cidadáns, deixan de ter calquera operacionalidade. Os sindicatos deixan pura e simplemente de ter encadramento na dita sociedade de mercado.

Non restará dúbida, de que os neoliberais capitalistas, procurarán crear unha nova consciencia, nos agora ditos consumidores, debendo estes entregarse ao mercado, cunha dedicación sen treguas, so pena de seren excluídos, do olimpo da explotación.

Todo ficará naturalmente debaixo das ordes e intercambios da dita sociedade de mercado, por medio do diñeiro.

Moitas veces se pon unha cuestión, que se pode resumir de moitas maneiras, no entanto, a cuestión é: Pode o consumidor ser soberano e ao mesmo tempo un estremado e servil traballador?

Para esta cuestión os neoliberais capitalistas, dan dúas saídas, unha que todos os consumidores atinxirán un estado de auténtica clase medía (significa que teñen recursos para as súas necesidades) e, non proletarios, a outra será a de poder indicar, que xa non entenden salarios e, por iso, son todos autónomos.

Con estes argumentos, se pode concluír que se tratan de falsidades, aínda que, moi ben construídos e que mostran outra falsidade a de crear a mentira do investidor/consumidor.

Unha vez máis vemos a mentira nesta dualidade, de intereses manifestamente antagónicos.

Reportándonos, desde o final dos anos 70, do século pasado, a expansión dos mercados globais, de servizos de bens, materias primas e recursos enerxéticos e, como non, a deslocalización dos mercados laborais, na busca incesante de máis e maiores lucros, así como o fenómeno da financiarización, creou o estatuto do neoliberalismo capitalista, so a forma dunha disciplina a nivel mundial. Se fixo a pesar de todo doutrina.

Todo isto, se completa cunha disciplina autenticamente de “un terrorismo” neoliberal, ou sexa, dunha marxe de manobra practicamente nula.

Rematamos, dicindo que a liberdade do tal consumidor/autónomo, non lle cabe outra posibilidade, que non sexa, a de se integrar no sistema e adoptar, se consegue os medios necesarios, para comprar todo o que ten a obriga e, necesidade á sociedade de mercado. Por iso estamos cerca de asistirmos ao

Requiem polo suxeito, ao individuo e ao cidadán.

Nota:

1) Estas tres definicións que consideramos, podense atopar na internet, con toda a facilidade. Nos limitamos a súa tradución.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.