![]()
Aznar non eludindo a súa formación de extrema dereita e, na altura e dende aí, sempre sendo figura central e ideolóxica do Partido Popular, impuxo un cambio fundamental para a consecución dos intereses da dereita, que diremos irreversíbel.
Por Jose Vieira | 21/11/2025
Non é preciso presentar a Thomas Piketty, un dos máis esclarecidos economistas mundiais e de orixe francesa.
Thomas Piketty naceu a 7 de maio de 1971. É un doutor en economía e especialista en desigualdade económica e en distribución do encaixe. É o xefe de estudos da “École des Hautes Estudes en Sciences Sociales de París” e profesor da “École d’Economie de París”. Unha das súas publicacións máis famosas é “O capital o século XXI” editado pola editora española Anagrama.
Sempre procurou presentar alternativas para superar dunha forma satisfactoria e máis xusta o “capitalismo privado”, que sabemos ser a razón fundamental e intencional, da orixe das desigualdades sociais.
Nos seus escritos, analiza como a taxa de acumulación de capital en relación co crecemento económico aumentou dende el século XIX até aos nosos días.
Feita esta presentación, podemos pasar á análise da súa atención, no capitulo que di respecto a actuación dos gobernos en materia fiscal. Pois, a actuación destes, nunca é neutra e moi menos intencionada, no sentido de obter un determinado fin, que case sempre, forma parte dunha opción social e política, do goberno en cuestión.
Así temos como cuestión esencial deste, o que pasou en España, despois do fin do franquismo e coa adopción da democracia.
Falamos da situación tras a transición do réxime referido.
Estamos a nos situar, nos finais de 1996, ou sexa, a un período en que o Goberno de España, era dirixido polo señor José Maria Aznar.
Este señor, non eludindo a súa formación de extrema dereita e, na altura e dende aí, sempre sendo figura central e ideolóxica do Partido Popular, impuxo un cambio fundamental para a consecución dos intereses da dereita, que diremos irreversíbel.
Tratouse da Ley número 3 de 1996, denominada “Ley Orgánica de Financiación das Comunidades Autónomas” (Ley 3/1996 coñecida como a LOFCA).
Nesta lei estabeleceuse que o Estado Central cedía unha parte de impostos ás Comunidades Autónomas, sendo estas as xestionaban e recadaran os mesmos, mais sen facultades normativas.
Entre estes impostos, sobre os cales Aznar deu certa posibilidade de marxe de regulamentación as autonomías –por exemplo, no que di respecto, esencialmente a tipos de taxas e deducións se tratou do chamado Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (o chamado IRPR).
Tomando agora, as leccións de economía dos máis consagrados economistas, como por exemplo o enriba referido Thomas Piketty, sabemos que este imposto, IRPF, é o principal elemento que serve de vehículo que permite garantir unha correcta xustiza social. É o vehículo fundamental da redistribución da riqueza.
Cremos realmente que os políticos deste país, puxeron de lado ou deixaron de ler e coñecer a Constitución Española, ou sexa, a lei fundamental do país, para seguir de carreira sen ollar para o seu entorno, de que Aznar, estaba a hipotecar para sempre esa mesma lei fundamental e, peor que iso, a eliminar a posibilidade do través dese instrumento fiscal se poder facer unha redistribución do encaixe dunha forma máis xusta e eficaz.
Na referida Constitución, reclamase a redistribución da riqueza entre os españois.
Esta actitude, perfectamente consciente de Aznar, estaba e está orientada para que en España impere unicamente os ricos e que os gobernos, autonómicos onde gobernen a dereita, tornen os ricos cada vez máis ricos e sexa destruída a clase media que é quen soporta o Estado cos seus impostos de IRPF, sempre agravados.
Esta lei, LOFCA, rubricada polo señor Aznar e, por tanto, Partido Popular, non sería minimamente tolerada, en ningún Estado, sexa un estado Federal, en mesmo nos Estados Unidos da América do Norte ou na Alemaña.
Tería que estar completamente loucos, quen con esta situación creada, tivesen a coraxe de desmantelar o “soporte fiscal dun Estado de Benestar”.
No entanto, o Partido Popular o fixo e o seu autor, conscientemente creou en 1996, o estado dos ricos e condenou para sempre a poboación española a se tornar cada vez máis pobre (a gran maioría, desmantelamento da clase media – traballadores si, mais cada vez máis pobres).
Máis non se pense que só o Partido Popular á feito ese crime, pois, o propio PSOE, aumentou o número de impostos cedidos ás autonomías, en 2009.
Esta reformulación do PSOE, conten un conxunto de leis para que estas poidan suprimir, de verdade calquera imposición patrimonial así desactivar calquera política que pretenda utilizar o IRPF, de forma a facer aumentar as recaudacións fiscais.
O estamos perante políticos inconscientes e incompetentes, que ceden ás presións de independencia autonómica, ou realmente o que está a acontecer, é que xa non existe ningunha preocupación polo benestar das poboacións, sexa por parte do PP, sexa, polo PSOE.
Imos dar un exemplo para que poidamos ter unha idea do que foi feito:
– O imposto sobre as grandes fortunas conseguiu recoller 640 millóns de euros, o seu primeiro ano.
– Que o imposto sobre o patrimonio, mostra que a cota dese tributo na Comunidade de Madrid, supera os 2.000 millóns de euros, e que serían obrigados a declarar e que non o fan pois nesta comunidade gozan dunha bonificación do 100%, tería unha recaudación de máis de 1.200 millóns de euros (estamos a falar de menos do 1% da poboación).
Verificamos que coa actitude, perfectamente consciente e destrutora do concepto de estado de benestar, do señor Aznar do PP en 1996 e, seguido polo goberno do PSOE, en 2009, que condenou, por este simple exemplo, condenou o Goberno Central, a non recadar, só na Comunidade de Madrid, 1.200 millóns de euros, con que este podía beneficiar toda a poboación de España e, o seu BENESTAR.
Cremos que fomos moi claros sobre o que fan os nosos políticos, para destruír o Estado de Benestar.
Se el primero en comentar