Móbil da produción capitalista

Non estariamos perante capitalismo, se sempre que soben os salarios, “os propietarios do capital”, non procurasen substituír a “man de obra”, por máquinas

Por Jose Vieira

Comezamos este texto, cunha cita de Oskar Lange (1): “a historia do capitalismo é a historia triunfal das ciencias naturais e das súas aplicacións prácticas, aínda que todas as resistencias das clases e grupos sociais dominantes da sociedade feudal, ou –na primeira fase do capitalismo- dunha parte do aparello estatal, eclesiástico e escolástico herdado da sociedade feudal. En síntese, poderemos dicir que a burguesía apoiou o desenvolvemento das ciencias naturais, mentres que as clases e grupos sociais pre- capitalistas o refrearan.”

Pronto no comezo da revolución industrial, os traballadores se viran atinxidos pola invasión das máquinas que lles retiraban o traballo. Neste período, pontificou contra a introdución das máquinas, o “Movemento dos Luditas” (2), que reaccionando contra esta perda de traballo, inicialmente desenvolveron unha loita contra esa invasión, a través de accións de destrución das máquinas.

Este movemento comezou, pola destrución das máquinas de “tosquia mecánica”, o que quere dicir tal movemento, se desenvolveu, dunha forma inicial dentro do sector téxtil.

As retaliacións non se fixeron esperar e, así o colectivo dos patróns ingleses, fixeron aprobar no Parlamento inglés, en 1812, un diploma, que especificaba, que quen destruíse máquinas, cometía un delito, que era punido até coa pena de morte.

Estaba lanzada, a despótica supremacía do patrón, ou sexa, do dono das máquinas sobre os seus traballadores. Foi así, que a destrución dos equipamentos mecánicos se parou, sendo a última acción de destrución ocorrida en 1815.

É neste momento, que os traballadores se certa situación en que se encontran e comezan a tomar consciencia, de que estaban emerxidos e presos, iso si, polo propio sistema capitalista.

Estaba descuberto e identificado o certo inimigo dos traballadores e, ficando esclarecido que non eran as máquinas, mais si, “os seus propietarios”. É como se tivesen aberto os ollos para a realidade en que estaban atrapados.

Tamén se verifica que nas sociedades pre-capitalistas, o chamado “excedente social” tiñan a forma de “valores de uso”, por iso, as clases dirixentes da economía, só engadían a produción, desde que tivesen interese en se facer con eses “valores de uso”. E o que, os determinaba, era a satisfacción das súas necesidades, co seu respectivo ritmo, ou sexa, o consumo. Eran estes as causas que determinaban, a produción variando esta de acordo coas necesidades daquel.

Notemos que, coa alteracións que os movementos burgueses, foron conseguindo, estes acabaron por abolir o chamado estatuto da “servidume persoal”, o que tivo a consecuencia, de que os obreiros pasasen a ser cidadáns libres.

Esta situación, veu a permitir que quen tiña capital acumulado, podía agora adquirir a forza de traballo que desexaba. Isto non é máis do que o momento da conversión do diñeiro en capital.

Queremos dicir que o excedente social, se transforma so unha forma monetaria, e esta, é apropiada polo propietario dos chamados medios de produción. Dito doutra forma, eses traballadores, ao servizo dos propietarios dos medios de produción, crean un excedente, ou sexa, a “plusvalía”.

Respiguemos un escrito dos autores do Manifesto Comunista de 1848, en que (Karl Marx e Engels) afirmaban: “A burguesía desempeñou na historia un papel eminentemente revolucionario… mostrou aquilo de que a actividade humana era capaz… No decurso dun dominio da clase dun século só, creou forzas produtivas máis numerosas e máis colosais do que tiñan feito todas as xeracións pasadas”.

Friedrish Engels, no capítulo I da segunda parte do “Anti- Duhring” afirma: “as formidábeis forzas produtivas, xeradas polo modo de produción capitalista e que este xa non pode conter, esperan só a toma de posesión por unha sociedade organizada pola cooperación sistemática, a fin de garantir a todos os membros da sociedade, de forma cada vez máis ampla, os medios de vida e de libre desenvolvemento das súas facultades…”

No entanto, o mundo estaba a cambiar moi rapidamente e, así as estruturas económicas e sociais do capitalismo, exercían as presións que conducían a unha necesidade constante de valorizar o capital. E para que tal puidese acontecer, revolucionaran todo o desenvolvemento económico, transformando o capitalismo, na industria e para a industria, levando de arrastro a agricultura. Se identificara completamente.

Estaban creadas as condicións necesarias e que foron suficientes, para que se desenvolver a competencia entre as empresas nacentes e se estabelecer a loita dos traballadores. Esta última fixa que os propietarios viñesen a converter todo o excedente de valor en capital adicional, aumentando a explotación.

Agora, se transforma a motivación dos propietarios dos medios de produción, pasando a se animaren, iso si, por aumentar a acumulación do capital e, como non, a produción de forma exponencial, pois, así esta lle permitía a apropiación de máis capital adicional.

Se pode sintetizar, que na humanidade, por vez primeira os homes toman consciencia da posibilidade de controlar as producións a seu belo pracer. Significaba que saian do límite imposto polas forzas naturais, o que significa que home, era agora quen dominaba.

Todo isto acontece tras a Revolución Industrial na Inglaterra, cerca dos anos de 1780.

As máquinas, na agricultura, na industria, cerca e tras daquela mítica data, son as causas próximas, así como o descubrimento por parte dos propietarios das mesmas, da posibilidade de acumular cada vez máis capital adicional, o outro “leitmotiv”, para a transformación radical da economía mundial.

“Foi como se a economía levantase voo” e, este segundo a opinión de Eric Hobsbawm “o acontecemento máis importante da historia mundial”, engadindo, “polo menos, despois da invención da agricultura e das cidades”.

Retomemos agora o título deste texto e, o móbil do modo de produción capitalista, non é outro do que a valorización do capital (a apropiación da plusvalía).

Non sería capitalismo, se esta función non se realizase. Non estariamos perante capitalismo, se sempre que soben os salarios, “os propietarios do capital” (pasaremos a chamar só capitalistas), non procurasen substituír a “man de obra”, por máquinas.

Non podemos deixar dicir, no entanto, que é precisamente por iso, que o capitalismo, é o medio de produción, que está sempre buscando o progreso tecnolóxico e a súa aplicación técnica, á produción, para evitar ter que repartir os seus beneficios cos traballadores.

Recordemos un escrito de Marx, en “Miseria da Filosofía e O Capital” en que se expresa da seguinte maneira: “O Capital só emprega a máquina na medida en que ela permite ao obreiro traballar para o capital unha parte maior do seu tempo… Por esta vía, na verdade, redúcese ao mínimo o quantum de traballo necesario para a produción dun correcto obxecto, mais só para que un máximo de traballo sexa valorizado ao máximo en tales obxectos.

Así, o capitalismo, de acordo coas novas tecnoloxías, as ten utilizado, por exemplo, para aumentar o tempo de traballo non pagado aos traballadores, para aumentar a intensidade do mesmo, para impor a docilidade do traballador, completando a súa subxugación ao detentor do capital.

Así o capitalismo naceu e se desenvolveu como sendo a civilización da desigualdade social.

Explica Karl Marx, que nas grandes empresas, a produción dun excedente de poboación, é un elemento para o capitalismo regular a creación de riqueza. Esta sobrepopulación obreira tórnase “de máis poderosa alavanca de acumulación, unha condición da existencia da produción capitalista no seu estadio de desenvolvemento integral. Ela constitúe un exército industrial de reserva (os desempregados) que, pertence ao capital tan absoluto como se tivese sido creado e disciplinado a expensas propias”.

O capital necesita deste exército de reserva de man de obra, os desempregados, para manter os traballadores contidos e submisos e, por outro lado, poidan continuar a acumular cada vez máis capital e para que o aumento de desigualdades sociais non pare de crecer.

NOTAS:

1) Oskar Ryszard Lange, era un economista, diplomático e profesor da Universidade de Cracovia e de Chicago. Naceu na Polonia en 27 de jullo de 1904, falecendo en 2 de outubro de 1965 en Londres. É moi coñecido polo seu “modelo económico neoclásico”, para unha economía socialista e era baseado nunha combinación de propiedade pública dos medios de produción non laborais, mentres os mercados serían os responsábeis por asignar os bens finais e os de consumo, destinados a un “enfoque de ensaio de error” para determinar os obxectivos de produción e conseguir o equilibrio económico a eficiencia de Pareto.

2) Ned Ludd, se supón que era o pseudónimo dun obreiro tecedor especializado, do sector téxtil inglés, que viviu entre os secúlos XVIII e XIX. Encabezou actitudes de destrución de máquinas industriais, coa intención de que estas non retirasen postos de traballo aos obreiros de entón. O movemento de destrución de maquinaria, desde entón pasou a levar o apodo, de “Movemento dos Luditas”, en súa honra.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.