Lobby versus lobbies ‘cabildeo’

Será un dos momentos estrela, para a actividade dos lobistas, sobre os compoñentes dos gobernos, pechando coa súa actuación un máis dos máis importantes elementos, a que chamariamos “capitalismo político”.

Por Jose Vieira | 28/09/2026

Este mes de setembro o Congreso de Deputados español rexeitou a “convalidación” do Real Decreto-Ley 21/2026.

Foron os votos do PP + de Vox + Junts + UPN, que trataron de bloquear a iniciativa do goberno, co argumento da existencia dunha proposta propia, que estaba parada na “Comisión de Facienda”.

Tratábase dunha regulamentación, editada coa seguinte título: “Transparencia e integridade das actividades dos grupos de intereses”.

Traducido en linguaxe máis corrente tratábase de regular a actividade dos lobbies.

Mesmo para os partidos compoñen o goberno, caso de Sumar, este texto non excluía os sindicatos así como tampouco excluía as organizacións patronais, mesmo tendo en atención ás súas funcións incluídas no ámbito constitucional.

Así as Comisións do CCOO e UGT, se puxeran en contacto, para que non fose convalidado o referido Real Decreto, argumentando, a posibilidade de posteriormente esta, ser manipulada, a seu belo pracer polo futuro goberno (posibelmente dunha coalición entre o PP e o Vox).

Porque este Real Decreto agora?

Tratase dunha imposición da Comisión Europea, que se refire a unha instrución obrigatoria do seu “Libro Verde”, datada de 2006 e, sobre os grupos de presión e a creación dun rexistro europeo de transparencia para 2011, que constan nos acordos interinstitucionais de 2021 así como das directivas da Unión Europea (EU), cos números de orde, 2024/3081 e 2024/3082.

Cremos sinceramente que o goberno só se preocupou, con esta situación, como puidese ser algo que trabase a entrega dos “diñeiros dos “Fondos de Nova Xeración.”

No entanto, parece que non estivo a contento de todos esta non convalidación, pois, o sector da patronal representado pola APRI, consideraba que neste texto vía satisfeitas as súas principais reivindicacións.

Regular estas actividades debía servir para reforzar a transparencia, a seguridade xurídica e non a limitar así como a súa traxabilidade.

Sería unha oportunidade para dar máis respectabilidade á actividade dos chamados “amiguetes e na financiaçión ilegal, por exemplo, dos partidos políticos e, aos escándalos constantes e continuos destes.

Recordemos como exemplo o “bufete” creado polo ex-ministro de Facienda, Montoro.

Podese dar unha idea bastante aproximada, da cantidade de profesionais nesta actividade e, para iso nos servimos dos números conseguidos pola Universidade de Navarra, no seu departamento de Asuntos Públicos e da propia APRI.

Separando as empresas pola súa facturación teriamos:

– Empresas cunha facturación inferior a 50 millóns de euros, son servidas por profesionais que traballan ou en consultoras ou nas propias empresa, representando cerca de 57,2% as súas dependencias

– Empresas entre os 50 e os 1.000 millóns de euros, que son as consideradas medias, representan un 20% e

– Empresas por enriba de 1.000 millóns de euros, será o cerca de 24 % dos lobistas activos

A principal consecuencia, é a de que as empresas que son ou teñen sido acompañadas por lobistas, se benefician de maiores beneficios.

O que acontece, polo menos así o consideramos en Teoría Económica, convencional en mercado aberto, os axentes económicos, canto máis información dispoñan, máis poden maximizar os seus propios beneficios.

Podemos retirar unha conclusión, de que o capitalismo real, nace dunha completa desigualdade, aparecendo os monopolios, as axudas do estado, as subvencións e, sacando para os capitais os seus máximos beneficios.

Son estes os seus obxectivos, onde se acoitan os lobistas, servindo os únicos intereses dos seus clientes.

Se reparamos nos números da economía, a través do mundo que nos rodea, vemos que estamos nunha fase de caída das marxes de beneficio, basta reparar no aumento da enerxía así como, dos combustíbeis e como non podía deixar de ser, dunha inflación perfectamente estabelecida.

Será un dos momentos estrela, para a actividade dos lobistas, sobre os compoñentes dos gobernos, pechando coa súa actuación un máis dos máis importantes elementos, a que chamariamos “capitalismo político”.

Así como outros autores tamén perfilamos que estes mecanismos, se actúan dunha forma conxunta e como se ten visto, sempre orientados para a obtención do máximo valor para os seus clientes, pode e, parece ser isto o camiño que se está a trillar, nunha certa anulación da lei do valor, así como a lei da rentabilidade do capital.

Parece que se está a tratar da destrución das leis dos valores como as definiu Karl Marx.

Estas situacións, se tornan extremadamente visíbeis, en épocas de crise, ou en que se estabelecen conflitos armados, como é o caso do Estreito de Ormuz, en que os americanos, asociados cos israelitas, procuran ficar co dominio mundial das principais materias primas e, naturalmente, por unha traba ao desenvolvemento chino.

Estamos, realmente nunha etapa, en que a sociedade civil, sitúase, cun único obxectivo ben definido, levar unha loita egoísta, de todos contra todos, pois, como temos visto, onde impera a lei do más forte, e onde son eliminadas en cada momento as regras e até as leis internacionalmente aprobadas e, antes respectadas, para servir unicamente eses intereses. (véxase a gobernación del señor Trump e seu socio Netanyahu).

Sería realmente imposíbel solicitar ao capitalismo (non real, máis si de Trump) real a creación dun documento que regulase a actividade real dos lobistas.

Queremos que recorden que o maior lobista do mundo actual…é o propio Donald Trump.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.