Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Macau (I)

Por Jose Vieira

Macau, escrito en portugués, é un territorio, dentro do espazo xeográfico da China, que foi administrado, durante uns largos centenares de anos por Portugal (precisamente 442 anos). No contrato de entrega por termo de contrato de aluguer, ficou consignado, que até ao ano de 2049, Macau “mantería un alto estado de autonomía”, tradución literal do texto chinés.

Xamais se tratou dunha colonia, a semellanza doutros territorios administrados por Portugal, sendo este un caso dunha autentica comunidade, onde dúas nacionalidades convivían dunha forma natural, en perfecta coexistencia non só pacifica como de colaboración perfectamente interesada.

Antes de entramos en pormenores de carácter socio económico e político, queremos recordar, as limpas rúas de  Macau,  empedradas (cúbitos de calcario brancas e de basalto negro), con deseños artísticos, como os das cidades portuguesas continentais europeas, así como fontes de auga, que para alén do carácter  utilitario, son  autenticas pezas de escultura  museística, os chamados  fontanários.

Encontrar, aínda hoxe as placas das rúas escritas en cantonês e en portugués.

Todo isto serve para dicir que sempre nese territorio, sobre a administración portuguesa, dentro dese inmenso país, houben unha relación de respecto e fraternidade total.

A transferencia da administración  de Portugal para o réxime de semi autonomía, moi semellante a Hong Kong, foi feita, o día 20 de decembro de 1999.

Realmente, o que se verifica en Macau, é a famosa política chinesa de “un país, dos sistemas”, cun Consello de Estado da República Popular da China, que responde pola súa defensa militar.

A súa localización atopase na provincia de Cantón, situada a sueste de Hong Kong, a cerca duns 70 km de distancia, no entanto, ligadas por overcrafts rapidísimos, que cobren a distancia en menos dunha hora. Xeograficamente, se sitúa na zona sur, do río da Perlas e, a cerca de 145 Km da capital da provincia, que é Cantón.

Ao redor dos anos de 1550, os comerciantes portugueses, comezaron a ter interese e a se fixaren na zona, até que en 1557, se fai un contrato de aluguer deste porto de mar, con fecha de termo en 1999. Este aluguer hai sido efectuado durante a dinastía Ming.

Este territorio, de aproximadamente 29 km2, pasa por ser unha das zonas máis densamente poboadas do mundo, tendo unha poboación residente que rolda os 700.000 habitantes. Tamén é coñecida como unha das poboacións con maior capitalización monetaria mundial. Está entre as cinco primeiras do mundo.

Na illa de Taipa construíuse o primeiro aeroporto, do mundo, e totalmente realizado, por técnicos portugueses, coa nosa tecnoloxía, encima do mar.

Outro grande recto das enxeñarías portuguesas, foi a de conquistar, inmensas fachas de terreo ao mar.

Basta ter en consideración que nos últimos 20 anos de administración portuguesa, conquistamos ao mar cerca de metade do actual territorio.

Segundo o Banco Mundial, e con datos de 2018, tornouse a cidade autónoma de Macau, unha das máis ricas metrópoles do Mundo, moito por encima de cidades como Nova York, Londres, París ou Berlín.

Esta saga dunha riqueza espectacular, debese ao espírito de liberdade de emprendemento concedida aos locais, independentemente de memoria de pel. Temos coñecemento de técnicos portugueses, nacidos na cidade, que ocupan importantísimos lugares dentro das máis variadas actividades económicas e científicas.

O camiño percorrido por estes técnicos portugueses, foron facer as súas formacións básicas nos  Liceus de  Macau, vindo completar a súas formacións científicas, en Portugal continental, no entanto, o clima, o réxime social e a sociedade  macaense en xeral, exercía un  aliciente imposíbel de romper e case sempre volvían á súa querida  Macau.

Convén deixar ben expresado, que a zona fronteiriza coa China continental, a área de Zhuhai, que pertence á provincia de Cantón, son das máis prosperas de toda a China grazas ao impulso que reciben de Macau.

Así, podemos dicir sen calquera espírito de prepotencia, que este territorio de Macau é ben o reflexo da capacidade de se mesturaren as dúas razas, sabendo aproveitar as súas sinerxías e sempre vivir en perfecta harmonía.

O exemplo está aí.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.