Industrias da morte

as empresas de armamento americanas, así como dos países que ten industrias de armamento, que co eclodir da guerra, non paran de gañar montes de diñeiro.

Por Jose Vieira

Hoxe mesmo vimos unha película, dos chamados Westerns, que tiña moitísimos indios (os tamén chamados peles vermellos) e, entre outras cousas, aparecía un gran enfrontamento cos brancos, sacrificaban unha montaña de indios, nas habituais batallas, en que gañan, na maioría das veces, os brancos.

Había moitos indios mortos e algúns brancos tamén perecían, mais, atención, en moi menor número. Estaba por todo isto, salva a moralidade… tiñan ganancia os bos (que segundo os guións dos realizadores, tiñan que ser os Yanquis).

Claro que esa película, non podía deixar de nos impresionar e, como non, pensar que xa o tempo dos famosos caw-boys o século XIX, parecía ser unha boa oportunidade, para os señores que tiñan capital, faceren investimentos na chamada industria de armamento (pois se vendían moitas espingardas e, claro, desde aí a tradición da venda libre de armas).

Claro que os investimentos se centrarían na produción de espingardas e afíns, e non en frechas e arcos, para os sobreviventes indios. Os gobernantes de entón, sabían moito ben por onde ían os intereses da industria.

Por veces somos obrigados a pensar que a historia mundial, orientase por círculos pechados e, que é imposíbel saír dese chamado “círculo vicioso” e, que por tanto, se repite unha e outra vez.

Cambiamos de canle de televisión, encontrando no noso campo de visión, un chamado programa con comentaristas (os chamados tertulianos, que de todo saben ou sexan, auténticos sabios mediáticos) e, tendo oído e visto, que un deses señores dicía, que se debía pagar canto antes os 2% do noso PIB (de España), para a Nato. Que era unha obriga internacional, e como non, estabamos e estamos, obrigados a satisfacer os compromisos, asumidos en convenios e tratados.

Estamos perfectamente de acordo, os compromisos asumidos, polos distinguidos gobernos, deben ser cumpridos, é un deber ético.

No entanto, aquí nos xurdiu unha pequena dúbida;

sería ético, para a poboación do noso país, asumir esa responsabilidade?

Non sabemos contestar, de ciencia correcta, pois, non somos nin sabios nin espertos en armamentos.

Como non sabemos nin podemos contestar, con toda as certezas propias dos referidos expertos, arriscamos a dúbida metódica, de que non nos parece eticamente correcto.

Pasamos axiña a tentar expor algúns dos moitos argumentos, de que se nos ocorren, perante esta necesidade de investimentos e de pagamentos as alforfas do tal organismo de matar, denominado OTAN.

Recordemos unha intervención no Congreso de Deputados en Madrid, o día 15 deste marzo, do ano en curso, en que o porta voz do PSOE, afirmaba o seguinte: “é un compromiso que non está en discusión e que o goberno vai cumprir, para ter capacidade de resposta, ante os desafíos como o da Ucraína”

E continuando na súa brillante exposición afirmaba máis adiante: “a España debe estar á altura”, mais o señor Heitor Gómez, así se chama o Deputado en cuestión, só afirmou que debía estar á “altura”.

Para el, parece que nunha guerra, matar é un deber cívico. Pois non, non partillamos a súa fe.

Para este señor, o que esta en “altura”, é deitar para o fogo 2% do PIB nacional, que tanta falta fai, para eliminar a pobreza en España, creada pola desigualdade social, provocada pola distribución neoliberalistas dos recursos e da fe de quen nos dirixe no poder dos mercados.

Facendo unhas simples contas de sumar e dividir, chegamos á conclusión de que o que o tal señor Deputado, pensa lexítimo, que cada español pague a OTAN algo como 500 € por cabeza. O que se traduce na pasaxe de 15.700 millóns de euros, que antes se pagaban, para a módica contía de 24.000 millóns, pasaremos a pagar.

Ou o que é o mesmo, que dicir que antes cada español, mesmo que non chegase ao fin do mes, entregaba a OTAN 332€ e agora pase a sacar 500 €, a pesar de cada vez estar peor, non chegando ao fin do mes. Estamos todos transformados en traballadores pobres.

Como podemos concluír, a él non lle afecta esa cláusula, pois, co seu vencemento mensual de deputado, chega perfectamente ao fin do mes. Non se recorda que moitos dos seus patricios non teñen nin de lonxe esas mesmas posibilidades.

Mais moi máis podiamos dicir, basta ver canto se gasta anualmente nos presupostos coa Defensa, co Instituto Social das Forzas Armadas ( ISFAS), co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial ( INTA) e, tantas outras cousas afíns.

Quen está a sufrir coa invasión da Ucraína pola Rusia?

Naturalmente o pobo ucraíno, os soldados ucraínos, os soldados rusos e toda a Europa que acolle humanitariamente os refuxiados.

Esta pregunta era de moi fácil contestación. Imos facer unha outra, que tampouco parece ser de difícil e inmediata resposta.

Quen gaña con esta guerra?

Como está ben de ver, as empresas de armamento americanas, así como dos países que ten industrias de armamento, que co eclodir da guerra, non paran de gañar montes de diñeiro.

Así as cinco maiores empresas americanas, viran o seu valor de cotización, aumentar de máis de 24.000 millóns de euros. Estas son por de máis coñecidas, por iso, non podemos deixar de non as indicar e son as seguintes: Lockeed Martin, Boeing, Northrop Grumman, Rayteon e por último a Xeneral Dynamics.

Tamén, na Inglaterra de súa Maxestade a Raíña Isabel II, a vida de exportación de armas vai moito ben, sobre todo para a súa grande súbdita, a BAE Systems, que nunca se tiña visto con tal carga de encomendas e vendas.

Mais a Alemaña do señor Scholz (actual chanceler que substituín a Merkel), este ilustre socialista, despois de conseguir un reforzo de 100.000 millóns para o seu rearmamento, aprobou no seu pressuposto outros 100.000 millóns máis. Todo pola solidariedade e a fraternidade…

Igualmente as empresas alemás MTU Aero Engines e a RheinmetallA.G. aumentaron as súas vendas de material de guerra e, todo lles vai con vento favorábel.

O mesmo ocorre coa italiana Leonardo e coa francesa Thales.

Mais non foron só as referidas enriba, tamén acá por casa, a española INDRA, en só no que levamos do ano, pasou dun valor de cotización de 9,645 € para cotizar, o pasado día 25 do corrente mes a 10,28 €. O que significa que os investidores ven un horizonte moi despegado nos seus negocios. Isto significa que apostan naturalmente na guerra.

Claro que a INDRA, continúa como sempre, a exportar material de guerra para a Arabia Saudi, Emiratos Árabes Unidos, Israel, Turquía e máis outros destinos, menos relevantes por volume.

Claro que quen gaña verdadeiramente coas guerras son as “industrias da morte”, as que producen armamentos para se maten uns aos outros, contrariando o evanxeo, que apunta “amádevos uns aos outros” …Cousas dos tempos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.