Carestia da vida = OTAN

A OTAN, se foi transformando, continuamente, como unha fábrica de conflitos armados, un pouco por toda a Europa e medio Oriente

Por Jose Vieira

Comezamos este texto, cunha dúbida do tamaño do mundo, pois, acabamos de non entender o que se está a pasar coa Europa, especialmente despois da Segunda Guerra Mundial.

Hai xa algúns días, lin un comentario (era un texto escrito), en que o tratadista se refería a que a Europa, se cala e cando fala, ten a voz embargada de medos e tartamudea.

Nos tiñan ensinado, cando frecuentabamos os bancos das escolas, que os países que eran independentes, ou dito doutra maneira, eran soberanos e, os seus gobernos, se eran democraticamente electos, tiñan como obriga, entre outras, defender os dereitos dos seus concidadáns, proporcionándolles o mellor benestar de vida posíbel. Privilexiaban o benestar dos seus paisanos, a outros intereses menos visíbeis para os mesmos.

Claro que temos a consciencia da existencia de tratados internacionais, de alianzas de varios tipos entre países e, de que moitos destes instrumentos de dereito internacional ten até centenares de anos de vivencia (caso da alianza máis antiga do mundo, con máis de 800 anos, entre a Inglaterra e Portugal), ou outras máis recentes como o Tratado que determinou a creación da Unión Europea, este con un recorrido de menos de setenta anos (nos reportamos ao Tratado de Roma de 25 de marzo de1957).

Este tratado, foi asinado na data enriba referida, polas seguintes personalidades en representación dos seus respectivos países: polos Países Baixos, Joseph Luns; pola Bélxica Paul Henri Spaak; Christian Pineau por Francia; por Luxemburgo, Joseph Bech; Antonio Segni por Italia; e Konrad Adenauer pola República Federal da Alemaña. Este tratado, tamén coñecido como “o dos seis”, entrou en vigor en 1 de xaneiro de 1958.

Este documento, tivo como precedente un anterior Tratado coñecido polo do “Carbón e do Aceiro”, creado polo Tratado de París de 1951, tendo como subscritores os mesmos países do enriba referido e posterior, titulado como de “Roma”. Este entrou en funcionamento, en 1 xaneiro de 1952.

Desde a entrada dos países europeos na dinámica da primeira Comunidade Económica Europea -CEE e, posteriormente, despois dos tratados seguintes, até a transformación de CEE en Unión Europea, o que se ten dado, en termos de solidariedade e fraternidade no respectivo espazo creado, ten deixado moitísimo a desexar. Ten habido un auténtico afastamento dos presuntos obxectivos iniciais. O que mostra é non só unha Unión Europea a dúas velocidades económicas, así como, con varias e distinguidas realidades sociais. Poderiamos sintetizar, da seguinte maneira: todo pasa, como se existise unha división entre a parte Norte dos ricos e intolerantes protestantes e, os irresponsábeis, folgazáns e pobres pobos do Sur deste continente. No aspecto social, aínda se diferencian máis, pois, as desigualdades no Sur, aínda son máis nítidas e profundas, do que no Norte.

Basta recordar, a recente crise de 2008, que nos arrastrou sobre todo no Sur, a un réxime de austeridade e humillación constante e continua, por parte dos chamados pobos austeros do Norte, que todos temos na memoria, tendo que pasar por dificultades de toda a orde e, aínda por riba, cognominados de pobos vagos, non traballadores e que só pensabamos en beber e ir de festa.

Todo este clima de falta de cohesión e solidariedade entre membros, do mesmo espazo, igualmente ficou demostrado entón. Non debemos esquecer, que agora cos fondos para a recuperación económica e social, post pandemia covid 19, a actitude dos países do Norte, que puxeron todas as trabas posíbeis para que non fose desenvolvido o gran préstamo, para a recuperación económica, con base nun préstamo, co aval solidario da comunidade. Mesmo despois de ser tal tramite superado, non deixaron de se mostrar, os ditos países do Norte, como fiscais das aplicacións neses países, unhas especies de titores, con dereito a veto, pois, continúan como sendo os defensores da honorabilidade protestante do templo. Estamos en 2022.

Pasemos agora a falar de situacións, que teñen a ver con problemas de orde orzamentaria dos países europeos. Falamos axiña da Organización do Tratado do Atlántico Norte.

A sede desta organización se sitúa na rexión belga de Bruxelas, tendo como membros integrantes da referida organización 30 países, así como un adicional de máis 21, participan nunha organización denominada Parceria para a Paz e aínda outros máis 15 países adherentes, que se encontran integrados en programas asociados.

Cabe referir que o gasto militar estabelecido, “imposto polos americanos” e, por todos acordados, terá que ser superior a 2% do PIB, de cada país pertencentes a este “Club”. É que a voracidade da industria armamentística americana é insaciábel.

Deixamos aquí, quen son as maiores industrias de material de guerra e defensa do Mundo, como lle gusta que llas denominen e, cos seus respectivos valores de vendas (atención que a data de que dispomos estes valores, se reportan a decembro de 2016 e, até hoxe 2022, o crecemento das súas vendas, ten sido acelerado), no entanto, sabemos de fonte correcta que as súas vendas teñen aumentado como a espuma en leite a ferver, así temos:

– LOOCKHEED MARTIN 47.248

– BOEING (DIVISAO DEFENSA, ESPAZO

E SEGURIDADE) 29.500

– BAE SYSTEMS (INGLATERRA) 19.020 ª

– RAYTHEON 24.069

– NORTHROP GRUMMAN 24.508

(ESTES DATOS FORON OBTIDOS DOS REXISTROS DA BBC – LONDRES; A CLÁUSULA SINALADA CON ª, ESTÁ EN MILES DE MILLÓNS DE LIBRAS INGLESAS, TODAS AS OUTRAS ESTÁN EN MILLÓNS DE DÓLARES)

E a razón, está en que o desexo dos seus donos, é de aumentar a súa riqueza e poder, para que sexa realmente ilimitado e, por esa razón, son “Os Amos do Mundo”.

Para avaliarmos da grandeza do compromiso estabelecido, o gasto militar, dos países da OTAN corresponde de máis do 70%, do gasto militar de todo o Mundo.

Falemos de España

Pasemos a verificar cales son as grandezas, relativas no documento aprobado, para o ano corrente, no caso particular de España e, titulado como Presuposto Xeral do Estado para 2022.

Gasto coa Defensa…2,23%sobre o PIB

Gasto coa Saúde…….1,44% sobre o PIB

Gasto coa Educación..1,09% sobre o PIB

Tivemos o coidado do comparar co investido en gastos básicos para o benestar da poboación española. Non temos, calquera dúbida de que algo está mal nas prioridades nacionais. Basta saber sumar e restar, para ver que os gastos orzamentado para a saúde máis as de educación, xuntas, só superan as previstas para gastos militares e defensa, en 0,30% do PIB de España. É inacreditábel!!!

Queremos resaltar, que por diante dos intereses das españolas e dos españois, está o interese do goberno de España, que de xeonllos, entrega o diñeiro dos españois a esas grandes empresas en nome e, por imposición, do imperialismo americano.

Será isto lóxico, correcto, será isto o que votarían a maioría dos españois se coñecesen a verdade?

Esperamos, honestamente que non!

No entanto, non temos a certeza pois, algunhas dúbidas nos asisten, con canto se existe certa solidariedade e, desde aquí, na base, a gran maioría dos españois, para alén do deporte, non teñen sido orientados, noutra educación máis responsábel consigo mesmo, desde os tempos da ditadura franquista. Pido perdón por esta constatación intuitiva e sociolóxica e, se cadra, hiper xeralista.

De novo coa OTAN

Este anunciado cume da OTAN, que se celebrou en Madrid entre os días de 29 e 30 de xuño, que tanto orgullo enche o peito dos españois, para a cal o goberno, a titulou de “crucial”, é unha segunda pois xa antes tiña estado o “cuartel dos xefes da mafiosa” organización da Nato en 1997. Esta fora levada a efecto entre os días 8 e 9 de xullo do ano referido e tamén tivo a súa sede en Madrid. Estaba no poder o señor José Maria Aznar, coñecido leader da extrema dereita do Partido Popular, que se referiu, na altura, ao final desta, dicindo que:

a considerou un éxito retumbante”.

Serviu, entón entre outras cousas, para a España pasar a pertencer a OTAN.

Curiosamente serviu para expandir esta organización, dando portas abertas á entrada da Polonia, República Checa e Hungría. É tamén importantísimo recordar que se deu un “primeiro acordo a un posíbel entendemento coa Ucraína” e, estivo convidado a asistir o presidente da Rusia de entón, Boris Yeltsin, que non estivo presente. Ese mesmo ano se tiña asinado un primeiro acordo, entre a OTAN e a Rusia.

Neste acordo, coa Rusia e a OTAN, se acertaron unha serie de normas de seguridade entre ambas. Ambas entidades, de toda a maneira, non as respectaron, na súa totalidade. E do lado da OTAN, sempre impulsados polo imperialismo expansionista americano, se tratou de meter no seu entorno os países antes na área da antiga URSS, aínda que sen o acordo da Rusia conforme fora acordado.

Así a OTAN, se foi transformando, continuamente, como unha fábrica de conflitos armados, un pouco por toda a Europa e medio oriente.

Naturalmente, se tornou á vista dos gobernos dos países integrantes como un xustificativo para iren aumentando os gasto en material de guerra ou defensa (pouca defensa e moito de ataque, mais sempre para guerras lonxe dos seus territorios, ou sexa, en terreos alleos).

Por todo isto, vimos un español ser o caixeiro viaxeiro, ou propagandista, do comercio das invasións e ou intervencións militares, en varios puntos onde se sementaron conflitos. Por iso non é de estrañar, que ese mesmo señor, agora xubilado, se mostrase adepto dunha intervención armada da OTAN, na Ucraína. Son, probabelmente, secuelas de pos mando.

Non temos a menor dúbida da deshumanizade da invasión da Ucraína por parte da Rusia. Esa situación moral, é naturalmente incuestionábel sempre. Claro que o pobo ucraíno, está a sufrir o que non debía de modo algún. A cuestión é, no entanto, outra.

Non podería ser evitado o referido conflito?

A NOSO VER NON TEMOS DÚBIDA ALGUNHA.

Todos os conflitos, en debido tempo e, este mostrou que si, que era resolúbel, se non se tivesen entreposto os intereses das grandes compañías de material bélico, enriba referidas, así como outros intereses nada desprezábeis como os produtores de combustíbeis foseis e non só. Xa non falamos doutros intereses, como a reformulación da estratexia futura, da produción de cereais do mundo, etc. En que mundo vivimos? Coa escravitude do liberalismo salvaxe do #capitalismo dos mercados, sen dúbida.

Unha economía, feita de externalizacións dunha globalización até ás últimas consecuencias, xerando, unha crise de transportes provocadas por, entre outras cousas polo libre mercado, que manipula os prezos de todo a seu belo pracer. E non contento, con isto, o mercado sofre na industria americana, unha crise de perda de produtividade e como tal, unha falta de eficiencia en investimentos produtivos, encamiñando os seus diñeiros, para actividades financeiras e non para a industria habitual, que para máis, tiña externalizado o máis posíbel, o mundo globalizado. Así o crecemento da economía americana non retomou nin a marcha anterior a pandemia, aínda que creza con valores moi modestos. Máis a pandemia, aínda que menos grave continúa a ofender.

Así, o que vemos, é unha economía que non ten levantado a cabeza, o suficiente, para se aproximar a valores próximos aos anteriores. Sempre resta o alibi da pandemia.

Postas estas consideracións, que non podemos afondar como queriamos, polo ámbito deste texto, imos pasar a referir a consecuencia decorrente da situación do conflito referido, e que, pola imposición do imperialismo americano, estamos a sufrir en toda a Europa e non soa e, duns cantos señores a quen a xeración dun conflito mundial interesa de sobre maneira.

No entanto as poboacións da Europa, e non soa, sofren as consecuencias. Crece a inflación as escasezas de produtos, a carístia da vida e, dito dunha maneira máis técnica, estamos pasando dunha inflación crepitante a unha inflación xa moito cerca de galopante. Como non hai subministro de moitas materias primas, tamén hai perda de empregos indiferenciados e, os que existen de maior especialización, teñen que ser máis ben pagados, nos vemos a brazos coa entrada nunha situación de estainflación.

O que non fixeron

En vez de se ter feito os esforzos necesarios para evitar este conflito, seguiron os intereses do imperialismo americano e, por esixencia deste, a través da NATO, impuxeron o desvío dos diñeiros que debían ter como beneficiarios as poboacións dos seus países, para a compra de equipamentos militares. Non obstante enviaban material de guerra para a Ucraína e, así prolongar a guerra, facendo que os negocios das industrias de guerra prosperasen, aínda máis.

Non existe o fluxo normal de combustíbeis, os transportes se quedan máis caros, os mercados espreitan as oportunidades de obtención de beneficios extraordinarios e de importes xamais visados, as eléctricas obteñen lucros inimaxinábeis e obscenos. O pan da poboación, se paga polas nubes e toda a cadea alimentar, fica non man de especuladores.

Porque acontece esta situación? Porque a guerra está en curso e, os americanos impuxeron que non fosen discutidas atempadamente e resoltas as cuestións, cando debían de ser. Así o camiño seguido foi o de impor restricións ás importacións dos produtos da Rusia a toda a Europa e como non, quen sufriu o castigo, maior non hai sido a Rusia, mais si toda a Europa e as súas poboacións. Máis podemos dicir que a Rusia está vendendo o seu gas e petróleo, a outros clientes con máis beneficios que antes.

Nesta situación, o comercio dos americanos, vislumbrou máis outra excelente oportunidade, para impor o seu imperialismo político e comercial, perante unha Europa, covarde desde décadas e, peor, completamente de xeonllos, estendendo a man e pedindo caridade a quen causou esta situación de desabastecimento, que foron os Estados Unidos da América do Norte.

Quen está a caer nun buraco sen saída, é realmente o pobo europeo, camiñando sen freo posíbel, que non sexa o da miseria imposta, polas medidas de retaliación á Rusia e, decretadas por ese país que se di aliado e amigo chamado Estados Unidos da América do Norte.

Cremos, que temos que gritar VIVA A FAME, imposta polas restricións á Rusia

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.