Ilusións e alucinacións

Se está xerando unha auténtica  febre de especulación, que lanza man de todos os instrumentos legais e, outro menos,  estafando, de forma  fraudulenta as economías mundiais

Por Jose Vieira

Imos definir, axiña, acerca de cada un dos termos que dan orixe ao título deste texto. Comezaremos por:

Alucinación: é unha falsa percepción de obxectos ou acontecementos, de natureza  sensitiva.

Ilusión: pode ser a esperanza, con ou sen calquera base real, de esperar que aconteza calquera cousa que moito queremos ou desexamos. Tamén se pode asociar á alegría de esperar que se produza, determinado acontecemento, que intensamente desexamos.

Mergullemos un pouco máis nas súas diferenzas e así temos.

A alucinación é unha percepción que non corresponde a nengun estímulo físico externo. No entanto, as persoas os senten como sendo esa percepción sexa real. Por esa razón, se considera a alucinación como sendo unha forma de pseudo-percepción, por non ter orixe en ningún estímulo externo. Así a ilusión é distinta, pois, se trata dunha certa percepción, só que distorsionada, provocada por un estímulo realmente externo e existente. Queremos chamar á atención, que é distinta e non se debe confundir co delirio, pois este se basea nunha  convicción, moitas veces baseada nunha crenza, aínda que que pareza evidente o contrario. Terminamos, dando a orixe do termo de alucinación en latín, que decorre de allucinatio.

Esta introdución entra en cuestión cunha conceptualización, que a economía secuestrou, tornándoo membro de pleno dereito do seu particular vocabulario. Falamos de Mercado ou Mercados.

Este vocablo toma realmente dúas de entre outras moitas acepcións, así que imos dar as dúas, máis xerais, que nos permiten acceder, de forma á especial ao concepto, en que nos interesa situar.

Mercado era un lugar público, que se caracterizaba por aí se localizaren postos de venda e, en especial de produtos alimentares e de consumo inmediato.

No entanto, o seu significado foi evolucionando, pois, actualmente se designa como mercados, lugares técnicos, maiormente dixitais na actualidade, onde se encontran, so as  distintas formas, a oferta e a procura, de todo que se pode traducir en “negocio”.

Este é o sentido que nos interesa reter para o tema que desexamos desenvolver neste texto.

Nos falta soamente precisar, máis un termo, que por certo todos coñecemos, de sobrada maneira e que naturalmente todos sabemos ou talvez non, o seu significado. Tratase de financeiros/financeiras. Iremos agora por el.

Pode significar, persoa que ten a profesión de tratar de asuntos ligados aos investimentos ou á  xestión dos diñeiros dunha empresa.

Os mercados financeiros, son espazos, que poden ser físicos ou non, ou sexa virtuais, onde se trocan activos financeiros, entre axentes económicos e onde se definen os  respectivos prezos, deses activos.

Máis, conforman un determinado espazo, que ten por obxectivo, conducir o aforro das  familias e empresas para investimentos. O aparente obxectivo é conseguir que os  detentores de  aforros, poidan ter acceso a un bo contra valor ( sinónimo dun bo beneficio), por empregaren os seus diñeiros, en investimento (falamos de préstamos a empresas e ou a outros  emprendimentos).

Estes chamados “mercados”, están regulados, pola lei da oferta e procura, o que significa que se alguén quere aplicar o seu diñeiro (os seus aforros), nun determinado ben, terá que encontrar, outra persoa, que estea  desexosa, de se desfacer dese mesmo ben, no prezo e condicións a  pactar.

Aproveitamos esta entrada para referir, que precisamente en determinados momentos, se xeran ondas de optimismo e consecuentemente tamén de pesimismo, por razón das  espectativas, que os distinguidos axentes dos referidos mercados, toman como sendo sinais do mercado (posíbeis  tendencias, máis ou menos  detectábeis).

A estas situacións de euforia o de pesimismo, foron chamadas burbullas, que normalmente se asocian máis coas chamadas ondas de  euforia.

Un famoso economista, de orixe canadiana e posteriormente con nacionalidade americana, John  Kenneth  Galbraith, este se refería a estas situacións, a que chamou de burbullas, considerando que esta  tendencia xa viña de praza, como sendo  inherentes á  existencia do libre mercado, a psicoloxía das masas e á  euforia especulativa. Estamos perfectamente de acordo con este economista, famoso polo seu control dos prezos, durante a Segunda Guerra Mundial,  logrando a súa estabilización e o control da inflación durante a guerra.

Todo isto serviu para que nos  puidésemos situar e saber dunha forma moi simple, do que queremos falar, no presente momento dos  nubarróns da economía mundial.

Entón o que está a acontecer?

Antes de procurar responder a pregunta en si mesma, queremos dicir que se esta perante un cadro en que os gobernantes, procuran  inxectar todo un optimismo case  inxenuo, para non ter que dicir mal  intencionado, de que todo o que se  aveciña, é un mar de  bonanza, que tras consigo un futuro brillante e sorrinte para todo o mundo. Non somos, nin  tan sorrintes nin cremos nesas ondas de optimismo que nos venden os gobernantes.

O que acontece é que o poder é alienante e dicir as verdades non arrancan os votos aos indiferentes. Esta é a  realidade, núa e crúa.

Estamos agora en condicións de responder a pregunta enriba  enunciada.

Temos lido nos medios de comunicación social escrita, así como na audiovisual oído, que os traballos de construción entre outro, se teñen que revisar á alta, pois, as  materias primas se están tornando escasas ou nin sequera chegan nas cantidades necesarias para  suplir as necesidades e, como tal, se ten que revisar os contratos pois, todo se terá que pagar máis caro.

Igualmente, vemos nos medios de comunicación referidos, o chamamento da  hostalaría, da rúa a solicitar, que o popular café, o pracer dos pobres,  tera que  encarecer pois o custo da enerxía subiu. E como isto unha certa  infinidade de ameazas, máis que correctas, nos están entrar polos petos dentro.

Será isto a verdade?

Non o cremos na súa totalidade, iso si, o que non temos dúbida, é da falta de forza dos gobernos para se imporen ao  oportunismo empresarial. O  raciocinio do  empresario en xeral, é de non deixar escapar as oportunidades, que se lles ofrecen as  circunstancias, para conseguir uns  beneficios  anormais, á custa da oportunidade. O seu raciocinio é de que llo non fan, son uns  inaptos.

As escolas de negocios, sempre insisten, en que a mesma  auga dos ríos, xamais pasa dúas veces debaixo da mesma ponte. Ese é un  ensinamento xamais  esquecido. Por esa razón, os prezos soben como unha canción española, no concurso da  Eurovisión, “Balón sobe sobe”.

Fixémonos en os prezos da  enerxía  eléctrica española e non soa, estes atinxiron en menos dun ano valores absolutamente  exorbitantes.

Serán lexítimos eses prezos da enerxía  eléctrica?

Como aparecen eses valores?

Todo moi fácil de explicar, dunha forma moi elemental, se trata da economía do capitalismo liberal, animado polo seu instrumento de execución, o santo mercado, que é un  oligopolio dos máis poderosos mundiais, e que están sustentados polos acordos  interministeriais.

Trátanse de acordos cos representantes das compañías produtoras de enerxía, onde  están sentados a dereita nos consellos de administración (os todos poderosos antigos ministros dos  varios países) que foron os  responsábeis directa o indirectamente, por permitir que as produtoras de enerxía, declarasen o momento para lanzaren o seu  festín.

Recórdese que até se  retrasou a abertura do  gasoduto  Nord  Stream ou antes,  North  Transgas, aínda Gasoduto europeo do Norte e,  tamén  coñecido como  o  Gasoduto  Ruso- Alemán ou  Gasoduto  do Mar  Báltico.

Este está construíndose desde Víborg na  Russia, até  Greifswald na Alemaña.

E para que o botín fose aínda maior (este gasoduto, fai pasar o  gas Ruso, directamente para a Alemaña, non atravesando a Ucraína), mais mesmo así traendo maiores  beneficios a compañía rusa que é o  suministrador do  gas.

Non debemos esquecer a implicación do exchaceler alemán  del  SPD Gerhard  Schröder, que chegou ao máis alto poder dos  oligopolios rusos da enerxía, tornándose un dos maiores ditadores dos prezos e intereses dos produtores dese tipo de  materia prima actualmente esencial (entrou nese negocio sendo elixido en 2017 o día 29 de setembro, para o  consello de  supervisión do maior xigante petroleiro ruso, a  Rosneff, que son donos de máis de 70% do negocio), este señor é  socio de agrupación política do actual Presidente do Goberno Español – Partidos Socialistas da Europa. Unha certa vergoña de corrupción.

Máis, dubidamos sinceramente, que en xaneiro, cando estiver en funcionamento o referido gasoduto, que sexa sensíbel verificar, nas nosas facturas eléctricas, un  abaixamento de prezo. No entanto, o prezo das  materias primas, que alimenta as centrais de ciclo combinado de produción  eléctrica, o  gas natural, necesariamente algo debe baixar o seu prezo (deixa de haber a portaxe de paso do  gas pola  Ucránia), tras a conexión, do  respectivo  gasoduto.

Mais os nosos receos, van moito máis lonxe, verificamos que os prezos das  materias primas están a atinxir valores de marca nos mercados, por outro lado, no outro extremo do mercado, as taxas de xuro a curto prazo están o cerca de cero ou até negativas. Máis, mesmo os  bonos públicos e corporativos a prazo están a prezos de  auténticos saldos. A razón deste  despilfarro se debe á  abundancia de diñeiro  inxetado polos bancos centrais, para compraren bonos, que as corporacións e, que outras institucións de investimento, se individen coas baixo taxas de xuro e, entren pura e simplemente no camiño das especulacións.

Vese por todo o lado, os fondos  voitres a comprar compañías, a  desmontalas e as a vender por partes, facéndose con lucros  astronómicos.

Podemos dicir sen pena de estarmos a ser incorrectos, que se está xerando unha auténtica  febre de especulación, que lanza man de todos os instrumentos legais e, outro menos,  estafando, de forma  fraudulenta as economías mundiais.

Agora, nos nutrindo das observacións de economistas como Galbraith, que na súa altura e posteriormente, Michael  Pettis, residente e traballando na China,  caraterizan a actual situación, como se estivésemos perante un autentico boom financeiro,de  caracter especulativo. Isto é, como se  estivésemos nunha  autentica alucinación.

Máis un economista moi coñecido polos seus traballos económicos de carácter  poskeynesianos,  Hyman  Minsky, dicía que os mercados financeiros, poden crear unha sensación, aínda que limitada o tempo, dunha falsa riqueza, moi semellante ao famoso “timo” de  Ponzi, en que se pagaban uns excelentes rendementos das aplicacións, co diñeiro que entraba, do próximo cliente que desexaba investir. Se trataba dunha  pirámide de timos, en que o último é que se daba conta que era todo un  timo de  ilusionismo financeiro.

Será que nos custa pronunciar a palabra que caracteriza o noso temor. No entanto, xa en nosas notas anteriores, falamos do un  perigo que nos espreita, cada vez con máis intensidade e visibilidade, se trata do fenómeno da  estainflación.

Esta, se trata dunha determinada  situación, en que se encontra unha economía, dun país ou dunha zona económica e, que se  caracteriza, por non crecer economicamente e, ao mesmo tempo, os prezos dos produtos e  materias primas soben, desenvolvéndose igualmente o desemprego. Este fenómeno, se denomina, como enriba referimos  estainflación.

Caractericemos agora dunha forma máis estrita: Se trata dunha aceleración da inflación, ao mesmo tempo que partilla con taxas de desemprego moi elevadas. O termo se debe ao economista inglés McLeod, na altura ministro da finanzas de Inglaterra (estabamos en 1965). Este, no seu discurso, ao Parlamento  Británico, se referiu ao momento da economía mundial, dicindo que estabamos perante o que de peor podía acontecer  nunha economía, por un lado unha  inflación a todo o  pano e, por outro lado, un grande  nivel de desemprego, coincidindo cunha  estagnación da economía no seu todo.

Formalmente, se recoñece esta situación, cando o que pasa, é que existe unha recesión, porque o Produto interior bruto (PIB), presenta unha baixada de valor, durante dous trimestres consecutivos e, cando esta recesión é acompañada por inflación de grandes cifras, a esta conxugación de situacións, se denomina  estainflación.

Os economistas, especialmente os  macro economistas, sempre teñen esta situación como algo desenvolver unha situación como a que ocorreu entre 1965 e 1980 catastrófico.  Casi todas as políticas monetarias, así como as fiscais, que se utilizan, nestas circunstanciais en vez de resolver o problema, acostuman a agrávalo. Recordemos o acontecido entre 1965 e 1980.

Nesta situación a recesión acostuma ser parcial, rexistrándose desigualdade de comportamentos, algúns sectores crecen mentres outro decrescen. Sempre que esteamos perante unha economía suficientemente aberta, a inflación vén  acompañada de procesos de desvalorización. Podendo mesmo o mercado das divisas teren comportamentos de contracción e outros de expansión. Tratase dun  autentico mundo económico de contradicións e, como tal extraordinariamente complexo de xestionar. É costume os economistas  consideren este un dos peores  escenario da economía.

Infelizmente, mesmo coas mensaxes de optimismo lanzadas polos bancos centrais, parece que este será o panorama que nos espera, no futuro non moi distante.  Diriamos que está xa encima das nosas  cabezas.

O que tamén parece é que os gobernantes non  queren polo grito no  ceú pois, iso non dá votos e máis, os retira e as medidas para contrarrestar este panorama, non son agradábeis.

Non obstante, fiquemos cos prezos de todos os bens a subir, o mercado a ser  desabastecido,  propositadamente e os  contratistas e  empresarios a aproveitar a sacar lucros extra, sen calquera  razoabilidade.

Este é o mundo que o  capitalismo salvaxe nos ofrecen e que dos gobernos non queren protexer.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.