Tampouco deixa de ser unha reacción naturalmente a unha deriva dos varios gobernos, que sobre a presidencia de Emmanuel Macron, teñen procedido en especial relacións coas emigracións así como a perda de protagonismo da Francia na política europea e mundial
Por Jose Vieira
No momento de escribir estas liñas, aínda non temos os resultados definitivos, das eleccións deste xoves, día 4 de xullo de 2024, no Reino Unido, mais xa temos a indicación de que o actual primeiro ministro inglés, Rishi Sunak, líder do Partido Conservador, xa se considerou derrotado, presentando as felicitacións ao laborista Keir Starmer.
Convén aquí resaltar, que o Partido Conservador, ten que asumir a maior derrota deste partido desde os lonxincuos anos da súa fundación en 1834.
Os laboristas, obtiveron a súa maior vitoria desde 2001, tendo para rexistrar, 412 actas de deputados, mentres os conservadores perderon 244 deputados, se ficando polos 121. En terceiro lugar quedaron os Liberal Demócratas con 72 deputados.
Como un certo chiste, basta dicir que a antiga primeira ministra conservadora, Liz perdeu o seu lugar de deputada e un lugar no parlamento e Nigel Farage obtén catro actas.
Quen é Keir Starmer? é un cidadán británico de 61 anos, de profesión avogado, naceu en 2 de setembro de 1962. Era un avogado de dereitos humanos, que até era considerado como persoalmente unha persoa un pouco aburrida. É o líder do Partido Laborista desde 12 de setembro de 2015.
O cadro de mando deste gran partido é o seguinte:
– Presidente: Anneliese Dodds
– Secretario xeral: David Evans
– Líder: Keir Starmer
– Sublíder: Angela Reyner
Agora atravésanos unha gran cuestión, que se pode expor da seguinte maneira:
Que vai pasar este próximo domingo en Francia?
Non somos videntes e, no entanto, non temos moitas dúbidas de dicir que os franceses, xa demostraran en xeral aos seus líderes políticos, que “isto dos deixar fóra das súas “casillas” a que estes pensan ter dereitos, non vai cos franceses”, nin tan pouco a privatización, coa total viraxe a dereita, que inicialmente comezou subrepticiamente, mais, que pronto Macron acelerou, xulgándose por cima do ben e do mal.
Pensamos ser esta, unha das principais razóns, para que os franceses, teren vindo a castigar, nas sucesivas votacións, cun voto, cada vez máis a dereita.
Tampouco deixa de ser unha reacción naturalmente a unha deriva dos varios gobernos, que sobre a presidencia de Emmanuel Macron, teñen procedido en especial relacións coas emigracións así como a perda de protagonismo da Francia na política europea e mundial.
Esa caída (xute) como os franceses cognominan desta situación, é algo intolerábel.
Mais a pesar de todo, non temos dúbidas de que os franceses se van unir, nas votacións de domingo día 7 de xullo, non por ideoloxía, mais si polo seu especial sentido do bo senso político, todos contra iso si, o gran inimigo da democracia que é a dereita e neste caso específico, a extrema dereita de Marie Le Pen.
Sería moi bo que en España, tomasen boa nota desta situación, e deixasen de se lanzaren para os brazos dunha asociación que hoxe está a proliferar, por falta de coñecementos políticos e sociais, representada polo monstro, resultante da unión das forzas de extrema dereita, en torno à matriz do Partido Popular e seus achegados, Vox e outros socios de máis que extrema dereita.
É unha fatalidade ou polo menos parece, o adianto en todo o territorio europeo, dos partidos da dereita, extrema dereita, como se fose imposíbel que as capas máis mozas, cada vez menos conscientes dos perigos para as súas liberdades e, naturalmente para os seus patróns de vida, a entrega como dun cheque en branco se tratase, dicindo a gritos, “aquí tedes o noso voto e, nos entregamos da alma e corazón, facede de nós o que queredes, estamos aos vosos pés como escravos incondicionais”.
Pode que o non dixesen, no entanto, o resultado práctico é o mesmo.
Mais aquí, como temos dito, múltiples veces, tamén está incluído, o castigo que pretenden dar á esquerda, pois, esta ten sido auto caníbal, continuando a se destruíren dentro do seu bloque e, aínda máis, por non buscar solucións sociais, como a real eliminación das desigualdades sociais, mais, en vez desa posición, procuran ocupar o lugar que sempre pertenceu as dereitas.
No caso que ocorre este domingo día 7 de xullo, o que acontece é unha vez máis os franceses dan o castigo que xulgan necesario aos tradicionais partidos do centro esquerda, nunha primeira volta das eleccións.
Mais, como xa vén sendo habitual, na segunda volta, das respectivas eleccións, os franceses acostuman repor aquilo a que chamamos consciencia política práctica, isto é, se deixan de castigos de tomadas de posición teóricas e pasa aquilo a que chamamos o pragmatismo político.
Mais, esta segunda volta das eleccións en Francia, ten un novo estímulo, é que as eleccións desta semana ocorridas no Reino Unido, deron unha badalada estridente, que debe ter aínda máis alertado os votantes franceses, para se xuntaren masivamente a volta da Nova Fronte Popular (NFP).
Creemos sinceramente que unha vez máis, a madurez do pobo francés, acabara por trabar os ventos políticos que insisten en limitar as liberdades e o que resta do estado de ben estar europeo, concretamente o francés e, que propagará inevitablemente ao resto da Europa.
Cremos terminar estes apuntamentos, dicindo que aquí en España, se está a poboación a deixar, que os partidos de dereita, fagan o traballo de destruír as liberdades, o estado de ben estar, que limiten as perspectivas futuras dos mozos, pensando que ao votar cada vez máis a dereita, a súa gran maioría de xente maior, están a protexer as súas pensións, non se dando canta de que están exactamente e a destruílas.
Mais como están a ser orientados pola doutrina, que sexan felices.
Non queremos, nin debemos realzar, máis a insensatez das votacións no Reino de España.
Se el primero en comentar