O Comité Central de Finanzas e Economía, presidido polo presidente Xi Jinping, declarou que a “prosperidade común” “era un requisito esencial do socialismo e debía ir da man dun crecemento de alta calidade”.
Por Jose Vieira
Temos falado bastantes veces en temas relacionados co desenvolvemento científico e non só da China.
Son en xeral, temas que nos ten interesados, desde longa data pois, por nacemento (somos portugueses) e, nunha etapa, moi importante da nosa vida, estivemos ligados a un familia de portugueses, que vivían fai tres xeracións no territorio asociado de Macau.
Gústanos chamar a Macau, que foi un territorio chinés sobre a administración portuguesa, territorio asociado, pois, sempre existiu unha relación de respecto e de colaboración entre os dous países.
Se ollarmos para o mapa, verificamos unha relación física, parecida entre unha formiga, Portugal e por outro lado un elefante xefe dun clan de familia. No entanto, houben unha sa convivencia de cerca de 500 anos.
A administración portuguesa cesou aínda antes deste novo milenio e, tendo estado por aí despois do inicio do novo século, se encontraban as rúas cos paseos calcetados coas pedriñas de basalto e calcario, como dunha cidade portuguesa se tratase. O mesmo respecto pola historia común, se verificaba, en relación a toponimia, pois, continuaban a estar as rúas cos nomes en cantonés e por baixo en portugués.
Esta convivencia pacífica e de respecto, é algo que agradecemos do corazón e, que naturalmente orgullo de sermos países civilizados e culturalmente respeitadores.
Estas circunstancias, din moitísimo da capacidade de liderado dos lideres de sempre da gran Nación que é a China.
Non entraremos nos temas que nos traen até esta columna, sen referir, que desa familia a que nos referimos, dous de seus tres fillos, fixeron excelentes carreiras na súa patria irmá que era a China. Outro dos irmáns, foi un ilustre catedrático dunha cadeira (sinatura) da licenciatura de medicina en Portugal peninsular.
Posto isto, imos entrar, na razón deste noso texto. Nos referimos aos problemas das desigualdades sociais, que se desenvolven un pouco por todo o mundo occidental, aínda que, sempre procuramos levar a bandeira de que as desigualdades existentes son o camiño para o ben estar da humanidade (é extraño, no entanto, esta é a bandeira e a banda de música, con que o capitalismo liberal e salvaxe acostuma desfilar, na praza pública).
Así queremos referir, que acompañamos os discursos, dos seus dirixentes e, as medidas destes decorrentes, así como, outras actitudes que serán graduadas o tempo, con vista a modificar a gritante desigualdade existente nese enorme pais que é a China.
No entanto, esta preocupación, non se caída na superficie, soamente para a fotografía, pois, temos visto e coñecido, as preocupacións, do máximo dirixente chinés, Xi Jinping, no sentido de dar seguimento a actitudes e accións nese sentido.
Son ben coñecidas as operacións levadas a efecto, desde sempre, en planos graduados, con a orientación ou finalidade de obter un determinado resultado.
Nos reportamos ao mes de Maio pasado e vimos lanzar unha campaña especial, destinada a aplicar aquilo a que chamaron a operación da “prosperidade común”. Inicialmente, esta operación se destinou a incidir, sobre a provincia onde se verifica a maior desigualdade, ou sexa, onde se sitúan as principais corporacións, da industrias tecnolóxicas e, onde se sitúan algunhas das máis potentes empresas chinesas, como por exemplo a Alibaba. Falamos da provincia de Zhejiang. Estamos no mes de setembro e o presidente Xi Jinping, en agosto, anunciou os planos para estender a operación de “prosperidade común” a todo o territorio.
Así o mes de agosto, o Comité Central de Finanzas e Economía, presidido polo presidente Xi Jinping, declarou que a “prosperidade común” “era un requisito esencial do socialismo e debía ir da man dun crecemento de alta calidade”.
Sen querer mostrar moitos exemplos de medidas tomadas case instantaneamente, que hai moi poucos días o goberno multou a actriz máis famosa chinesa Zheng Shuang,por evasión de impostos en 46 millóns de dólares. Declarou ilegal a actitude de moitos empresarios que non respectaban os horarios de traballo establecidos e, excedían as horas, en empresas privadas, o goberno chinés os multou severamente.
Prohibiu o aumento dos alugeres dos pisos e limitou os referidos alugeres. Arrestou unha infinidade de funcionarios públicos por corrupción, o que o presidente chama a praga importada do capitalismo occidental.
Durante o anuncio dunha serie de medidas no sentido de ir desminuindo o problema das desigualdades sociais, tamén deu a coñecer mandar prender a Zhou Jiangyong, secretario xeral do Partido Comunista de Hangzhou, que é a capital de Zhejiang, por manifesta corrupción.
Un dos obxectivos declarados da “prosperidade común”, ten a ver co control dos ingresos escandalosamente altos, dun conxunto de funcionarios e de empresarios.
Este, é un bo exemplo, de algo que temos vindo sempre a clamar, que é a limitación dos salarios esaxerados dos cadros superiores, que é unha das principais fontes das desigualdades, tanto no oriente como no occidente. No entanto, podemos dicir con satisfacción que é na China de Xi Jinping, un dos países onde se ten desenvolvido unha das máis eficientes políticas para atenuar este terríbel problema das desigualdades.
Basta que lancemos unha vista de ollos aos índices de Gini, da China, desde o ano de 2006 até 2019, para vermos que se esta a operar unha diminución consolidada do mesmo (como sabemos cuanto máis pequeno for o índice menor é a desigualdade) e así temos:
ano | Índice de Gini |
2006 | 48,7 |
2007 | 48 |
2008 | 49,1 |
2009 | 49, |
2010 | 48,2 |
2011 | 47,8 |
2012 | 47,4 |
2013 | 47,3 |
2014 | 46,8 |
2015 | 46,2 |
2016 | 46,5 |
2017 | 46,7 |
2018 | 46,8 |
2019 | 46,4 |
A economía chinesa, aumentara bastante as súas producións, entre os anos de 2017 e 2018 e, de aí, a actuación do goberno, facendo, mesmo antes da pandemia, un control moi máis apertado, no sentido das distribucións sociais. No entanto, durante a pandemia, temos constancia de continuar a tendencia, á baixo, do índice de Gini, a despeito de ser a economía que máis creceu, durante un escenario adverso, o que proba que é posíbel crecer e distribuír mellor.
Claro que a desigualdade na China é aínda moitísimo grande, é maior do que no Xapón o na Italia, no entanto, xa é menor, que na India, no Brasil o que na Rusia.
Outra das actitudes de maior importancia para o mundo en que vivimos, é a preocupación das autoridades chinesas, en relación aos problemas, do medio ambiente.
Teñen desenvolvido unha autentica carreira para encontrar alternativas de calidade na produción de enerxía.
Inclusive, ten mesmo limitado, a utilización de enerxía en actividades produtivas, con vista a diminuír a cantidade de combustíbeis fósiles para a súa produción. A China esta moi dependente do carbón e do gas para a produción de forza motriz.
Están actualmente a desenvolver reactores que utilizan otras materias primas para a fusión, distinguidos do uranio, que producen, na mesma a fusión, sen teren que recorrer aquel material, así como, nin utilizando auga para a refrixeración das turbinas.
Igualmente este país, está relantizando de certo modo a seu ritmo de produción, tornándoa máis sustentábel. Non por falta de encomendas, mais si, por unha estratexia de crecemento máis sustentado, a por que permita atinxir os obxectivos de produción e distribución máis equitativa e, ao mesmo tempo, permita atinxir os obxectivos firmados nos acordos de control e protección do medio ambiente, como os acordos de París.
Terminamos este noso texto, en que alertamos que a China non é o imperio do mal, como os norte americanos, venden aos europeos seus aliados, ao se veren superados en todos os campos, pola China, cunhas palabras do discurso de Xi Jinping “Conseguir a prosperidade comúm, é máis que un obxectivo económico. É un tema político importante que está presente na base da forma de gobernar o Partido. Non podemos permitir que a diferenza entre ricos e pobres continúe a aumentar, que os pobres sigan empobrecendo, mentres os ricos continúan cada vez máis ricos. Non podemos permitir que ese foso da riqueza se converta nun abismo imposíbel de superar”… “Non podemos darnos ao luxo de en os quedar sentados a esperar o descalabro”
Se el primero en comentar