Crise, Tormenta e Catástrofe

Nas 24 horas posteriores a que Putin recoñecese por decreto os territorios separatistas da Ucraína, os Estados Unidos, o Reino Unido e a Unión Europea, firmaban un contrato coa Rusia, en que compraban conxuntamente, produtos refinados de petróleo, ou sexa 3,5 millóns de barrís

Por Jose Vieira

Non é moi noso hábito volver unha e outra vez a asuntos que nos son, por razóns persoais repelentes. No entanto, neste caso concreto, vou insistir máis nunha outra das vertentes de represalia occidental, en relación á invasión en curso, á Rusia.

Comezamos por unhas preguntas que nos teñen posto por varias veces, algúns dos nosos amigos lectores e, que pasamos a expor:

Será que os servizos diplomáticos occidentais non estaban ao corrente dos planos do señor Putin?

Ou os respectivos servizos secretos do occidente?

Ou que, os señores presidentes e restantes grandes mandatarios políticos occidentais, subestimaron as ameazas do señor Putin?

Esta secuencia de preguntas, case sempre sen unha mesma orde, son, no entanto, as máis frecuentes dos lectores, de como se debía eliminar a posibilidade do respectivo conflito.

Case ao mesmo nivel destas preguntas enriba, xorde unhas cantas máis, dos cales imos avanzar a que máis veces nos aparece e, se trata de:

Non sería que os que máis mandan no mundo occidental, estaban demasiado dependentes dos fornecementos da Rusia e que estes seus fornecementos, eran máis importantes, para o occidente, do que os que recibían da Ucraína (máis produtos agrícolas, por exemplo, ou a integridade do país?

Calquera destas preguntas debían ter unhas respostas, minimamente certas, comprensíbeis, e perfectamente entendíbeis para o común dos mortais?

Claro que esta pregunta, nos pertence, pois, non conseguimos entender, ningunha das actuacións dos que máis mandan, neste “vale de bágoas”.

Non obstante, temos verificado que o mundo occidental, se “ten posto en picos de pé”, para ver quen máis é o máis severo, nas medidas de represalia ao invasor desapiadado.

Se non fose a nosa forte convicción de que somos xente de paz e, tementes por principio desde o verso da ética e até de moral, diriamos que o que impera finalmente é unha inmensa hipocrisía, que á posterior se procura salvar, co habitual “requiem postmorten”.

Realmente existe moita dificultade de aceptar, que teñamos que lanzar sempre man, de medicinas extremas (terapias in “extremis”), cando todo o que debía ser feito, non era unha terapia de urxencia, que resulta case sempre “en enterrar o enfermo”, mais si, unha medicina preventiva, que tamén case sempre evita as mortes anunciadas.

Intentamos descubrir as razóns desta letarxia, se podemos, así a chamar.

E só encontramos, os intereses egoistas dos grandes señores que estaban facendo lucrativos negocios co bandido da película de Western (pois é o que parece a situación actual) e, que naturalmente como o señor rico e dono dos camiños de ferro, da tal cidade do Oeste, que era quen nomeaba o “sheriff”, entón este se puña a dormitar coas botas encima da balaustrada, facendo unha boa “sesta” alleo ao que pasaba á súa volta.

Así, a poboación despertou cunha forte acción por parte dos presidentes dos países, dirixidos como sempre polo “sheriff Biden” e os seus auxiliares, ou sexa, a amarrada Unión Europea, que é xestionada desde a “Casa Branca”.

Foron, realmente prontos, a responder mais, despois da invasión, ou sexa, o día 25 de febreiro, altura en que o señor Biden, consultou os gobernos dos G7.

Foi unha reacción lóstrego o que aplaudimos.

Mais, porque non reaccionaron un ou dous meses antes?

Cremos querer, que se tratou dun fallo nos servizos de información do grupo do G7. Pois, non queremos crer que estivese a ocorrer que un discreto xogo de intereses económicos.

No entanto, por cautela resolvemos investigar un pouco e, é descubrimos que nas 24 horas posteriores a que Putin recoñecese por decreto os territorios separatistas da Ucraína, os Estados Unidos, o Reino Unido e a Unión Europea, firmaban un contrato coa Rusia, en que compraban conxuntamente, produtos refinados de petróleo, ou sexa 3,5 millóns de barrís, nun valor aproximado a 330 millóns de euros, a prezos actuais (aproximadamente 350 millóns de dólares americanos).

Mais hai máis, o resto do occidente comprou na mesma altura, mais uns 250 millóns de dólares de gaz natural ruso. Ben feita as contas como premio do señor Putin anexar os territorios separatistas da Ucraína, a Rusia facturou algo como 700 millóns de dólares.

Xa apenas nos apetece falar do incremento do prezo do petróleo ruso, así como do aluminio, e dos produtos agrícolas, por razón do conflito, o que permitiu un encaixe de beneficios anormais.

Claro que impuxeron, unhas medidas de represalia á Rusia, como por exemplo, o un total cerre aos dous principais bancos rusos, ou sexa ao Sberbank, que é o maior e, ao VTB Bank, ao acceso a operacións en xeral. Foi un durísimo golpe ao sistema financeiro ruso.

Todas estas medidas resultan publicitadas polo señor Biden, no seu discurso en que anunciaba esas accións e, como non seguidas polos seus incondicionais servidores da Unión Europea. Todo ficou moito ben escrito e divulgado. E a poboación sentiu que á fin e ao cabo, os seus xefes eran persoas de corazón, mais a pesar do teren, eran capaces de castigar os “impios”, ou sexa, os viláns do Oeste. E para dar mais veracidade a medidas, se lles corta tamén o acceso ao sistema de Swift.

Nos xorde unha pregunta neste momento:

Antes do sistema bancario estar ligado ao proceso de utilización xeneralizado do Swift, non se realizaban xa operacións internacionais?

Pois, ben, a pesar de todo, aínda nos recordamos como eran feitos antes…e eran feitas.

Así que as medidas de exclusión do sistema de Swift, non pasa dunha cortina de fume.

Mais esclarezamos un pouco máis, pois, especificamente, a OFAC, emitiu unhas 8 licenzas xerais (GL en inglés), que autorizan certas transaccións que pasamos a enumerar:

– organizacións e entidades internacionais

– produtos básicos agrícolas, médicos e afectos a pandemia Covid 19

– sobrevoos e aterraxes de emerxencia

– enerxía….

– transaccións de certas débedas ou de accións

– contratos de derivados… (os señores dos mercados)

– a liquidación de transaccións que involucran a certas persoas que estean bloqueadas

Non podemos deixar de informar, que “todas as transferencias de fondos se deben procesar indirectamente a través de institucións financeiras non estadounidenses, non sancionadas” (directiva CAPTA relacionada coa Rusia).

Máis, sempre que as transaccións estean relacionadas coa enerxía, se deben canalizar a través de institucións financeiras estadounidense non sancionadas, ou sexa a través dun banco europeo – e entón si, isto está autorizado.

Terminamos este pequeno texto, dicindo que todo isto, sancións de carácter bancario, foi dito polo señor Biden, en súa asignación e corroborado polos seus servidores fiedes da Unión Europea.

Esto todo quere dicir realmente QUE SON UNHAS SANCIÓNS DESTINADAS A NON SANCIONAR.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.