Galiza contra o sionismo

Pola ruptura de relacións con Israel

Por BDS Galiza

O vindeiro 31 de xaneiro, BDS Galiza(Boicot,Desinvestimentose Sancións) xunto con 30 colectivas de toda Galiza convoca Concentraciós nas Subdelegacións do Goberno: de Lugo as 12h, Ourense 20h, Pontevedra 20h, e na Delegación do Goberno en Coruña as 20h. As Concentracións son para esixirlle ao Goberno do Estado español que rompa relacións diplómaticas e armamentísticas coa entidade sionista de Israel e que apoie a demanda de Sudáfrica contra Israel por xenocidio na Corte Internacional da Haya.

Dende hai máis de 3 meses,a entidades sionista de Israel, co apoio das elites políticas de Estados Unidos, a Unión Europea e Reino Unido, está a masacrar á poboación civil palestina a unha escala inédita, invocando o «dereito á autodefensa». Porén, a lexislación internacional non recoñece en ningures ese dereito cando se trata dunha potencia ocupante, senón que recoñece o dereito á resistencia.

Neste contexto, o exército israelí leva días bombardeando de xeito Indiscriminado e deliberado edificios de vivendas, escolas, campos de refuxiados da UNRWA e mesmo hospitais na franxa de Gaza.

Esta situación, ligada ao corte total na subministración de auga potable, electricidade, combustible ou de alimentos que Israel está a impoñer, xunto a ordes ilegais de evacuación de hospitais que poñen en risco a vida de milleiros de persoas enfermas, feridas, embarazadas e crianzas, está a provocar unha crise humanitaria atroz, tal e como evidencian as ONGs que traballan no terreo.

Xa van máis de 25.000 persoas palestinas asasinadas, o cal supón a maior tasa de mortandade diaria en comparación cos conflitos bélicos do século XXI; máis de 61.000 persoas feridas e máis de 8.000 persoas desaparecidas.

Ante esta situación, a solidariedade internacional se fai máis necesaria que nunca, e, por iso, convocamos esta concentración para pedirmos ao Goberno do Estado español que rompa relacións coa entidades sionista e qu apoie a demanda de Sudáfrica contra Israel por xenocidio no Tribunal Internacional de Xustiza.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.