Fin simultáneo dos beneficios e dos recortes

Mentres os empresarios, podan explotar a inflación, sorteando o abaixamento dos seus beneficios, irán, por todas as formas, tentar sacar todo o diñeiro posíbel, aos seus concidadáns, consumidores e prolongar a situación inflacionista actual.

Por Jose Vieira

Comezamos este con unas declaracións dos economistas que son referencia de JP. Morgan, que afirman: “o nivel de ganancias líquidas, está nos 17%, por encima da súa tendencia, antes da pandemia e, a pesar dese valor, estes compensan as perdidas de beneficios pola razón apuntada”. E proseguían “unha desaceleración no crecemento dos beneficios, nos próximos trimestres, na medida que a inflación vaia diminuído e dende que os mercados de traballo, se encontren axustados” e, continúan, “a presión adicional provén do aumento das taxas de endividamento corporativo, a medida que os bancos centrais van presionando con este axuste, o máis rigoroso das últimas décadas”.

Destas consideracións, se pode deducir que as “tesoiras dunha futura recesión, se están a comezar a se cerrar”.

Desta forma e, máis directamente, este texto se pode explicar, por un lado, pola caída dos beneficios e, polo outro, por aumento das taxas de xuro.

Non podemos esquecer que na recuperación da pandemia, as marxes de beneficios, pos esa situación, alcanzaron valores, taos elevados, que non eran coñecidos en moito tempo. E como non, pola posibilidade, que non era coñecida desde a moi tempo e, permitida polo aumento da inflación, que facilitou a posibilidade de fixaren os aumentos de prezos polas empresas, mentres os salarios se mantiñan conxelados.

Mais, esta situación se está a manter este ano de 2022?

Convén esclarecer, que na altura os aumentos de beneficios, se ficaron a deber, o ano de 2021, aos menores custos de produción, se ficaron entón a deber, esencialmente, de máis baixos prezos da enerxía e das restantes materias primas.

Non parece, que esa situación sexa a actual e, o que vemos, conforme se pode deducir do que escribimos enriba, os custos de produción, se están a disparar e, a razón é polas subidas de prezos desorbitadas do custo dos compoñentes.

E como tal, a consecuencia é a diminución dos ingresos empresariais.

Para estas constatacións, a financeira JP. Morgan, analizou unha mostra de 29 países, mais, os elementos dispoñíbeis, polos economistas da empresa enriba referida, se basean en datos oficiais das empresas encostadas, que son obtidas a través dos datos para os accionistas e como tal, son habitualmente demasiado optimistas, ou sexa, pouco realistas.

Por outro lado, as mudanzas estudadas, tamén son feitas trimestralmente (en catro trimestres), e ano seguido de ano, o que destorce os resultados, tanto cando aumentan ou cando diminúen.

Aproveitamos, desde xa, para avanzar, que xa un pouco antes da inclusión da pandemia de covid 19, xa se notaba unha notábel diminución dos beneficios das empresas.

Así avanzamos dúas razoes estatísticas, para esta nosa análise; a primeira indica que os beneficios das empresas, de forma global se estaban a deter, conforme dicimos enriba, acompañando o colapso do comercio internacional, a un ritmo de – 2,1 % (negativo), interanual, no cuarto trimestre de 2021 e, unha segunda, ten a ver coa enorme recuperación dese ano (54,4%), téndolle sucedido de inmediatamente unha desaceleración, cuxos valores pasaron daquel valor a un modesto 6,2 % o ano de 2022 e no seu respectivo primeiro semestre dese ano.

Partindo do corolario de que os beneficios están desaparecendo, os economistas de JP. Morgam, formulan o seguinte: “se espera que os poderes de fixación dos prezos diminuían, especialmente os de enerxía, e por outro lado, é pouco probábel que as presións salariais se moderen, ao mesmo ritmo.

Postas estas consideracións de análise macroeconómica, podemos combinar o aumento das taxas de xuro, por un lado e, por outro os beneficios deberán tamén caer inevitabelmente, así concluiremos que os beneficios globais igualmente caerán.

Con isto, o que queremos dicir é que inevitabelmente o ciclo se cerra de forma naturalmente e, como non, nos estamos lanzando nos brazos da depresión.

Por todo isto, é absolutamente indispensábel, para poder escrutar o horizonte da economía que nos cerca, o acompañamento estadístico contrastado dos comportamentos corporativos, pois, estes nos darán os elementos necesarios, para un prognóstico o máis fiábel posíbel.

Como todos sabemos, os beneficios son o elemento que anima a inversión capitalista, o crecemento do emprego e como non os ingresos. Se as rendibilidades das inversións encalen, non hai inversión.

Podemos, sen calquera dúbida, afirmar que o indicador máis forte da caída da inversión, é a concomitante perda de beneficios e por iso está ben determinada esa estreita relación causal.

Por último, podemos afirmar sen calquera receo, que mentres os empresarios, podan explotar a inflación, sorteando o abaixamento dos seus beneficios, irán, por todas as formas, tentar sacar todo o diñeiro posíbel, aos seus concidadáns, consumidores e prolongar a situación inflacionista actual.

Xamais podemos esquecer, que o único motivo debidamente común a todo o empresario, é a realización e a maximización dos beneficios.

Esta é a situación, está en contra a cal, os cidadáns deste país, terán que loitar, tendo desde xa como adversarios eles propios, sempre mentres, votan (PP, VOX e Cidadáns) e do seu asociado, PSOE, pois, estes señores, todo farán no sentido da mellora dos seus beneficios.

Para estes, é a altura de aproveitar o favor dos gobernantes, que ao relentar as medidas de control de prezos (din que non o contra os seus intereses, nos partidos de dereita poden facer, pois, estes son o resultado dos mercados, cando todos sabemos (só quen nos goberna é que parece que non sabe), que non é así, pois, estes como vimos son unicamente o resultado do seu insaciábel desexo de seren cada vez máis ricos e poderosos.

A estes a que engadir, a política contraria aos intereses do común dos cidadáns do Banco Central Europeo e seus apaniguados bancos locais, véxase as comisións dos bancos e dos xuros cobrados, xa no momento.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.