Falemos de traballo e traballadores

Realmente os “Amos do Mundo”, están a seguir, sen o mínimo desvío, a regra para a súa protección, “todo para nós e nada para os demais”, restrinxindo a democracia, cada vez máis e de forma imparábel, perante as masas de traballadores completamente amorfos

Por Jose Vieira

Recordemos que a política foi inventada, nos custe ou non, para protexer os poderosos e preservar a precariedade.

Isto pode parecer demasiado drástico, mais como moitas veces acontece, as realidades superan os desexos da maioría.

Nestes casos, sexan cales sexan esas maiorías, desde que, como sabemos de experiencia propia, estas maiorías son as grandes masas. Mas, teñamos en atención (diriamos a masa traballadora), que case sempre están destituídas de poder, pois, están debidamente manipuladas, divididas e, dominadas, polas minorías pudentes e, xamais teñen consciencia, de que son elas o poder real, sempre que se xunten polos seus obxectivos comúns.

Recordemos unha intervención dun político americano, Alan Greenspan, nunha cesión do Congreso dos Estados Unidos da América do Norte, explicaba, perante unha audiencia habido de ouvir as súas doutas palabras, que rezaban a seguinte sentenza: o éxito da súa xestión económica, se baseaba nunha estratexia por si aplicada e, que era a seguinte: “provocar unha maior inseguridade nos traballadores”.

Para estes defensores do capitalismo salvaxe, o que acontece ao se manter unha constante precariedade nos traballadores, estes serán máis facilmente controlados e seguirán como cordeiriños colocar as cabezas debaixo do coitelo capitalista.

Isto os levará, a non reivindicar mellores condicións de traballo, polo menos máis dignas, mellores salarios e contratos menos precarios.

Isto levará a derrota dos sindicatos, perante as organizacións empresariais.

Estes procesos, de exaustación laboral encontran, o total apoio das entidades patronais e, moitas veces, por estraño que pareza, un estado perfectamente amorfo, dos sindicatos, dado que son apoiados, por detrás das portas, polos donos do capital, para que as súas propostas non sexan outras, que as admitidas polas organizacións dos patróns.

É notoriamente, importante dicir, que os empresarios animan os traballadores a conseguiren mellores rendementos, mais atención, non a custa de mellores salarios, mais si facendo máis horas extra e aumentando a produtividade.

Con est actitude, inaugurase un novo ciclo de explotación salvaxe e, que os sindicatos debían tomar cartas no asunto, mais, dado que están debidamente silenciados por acordos subliminares, nada fan, ollando para o outro lado, pois, a maioría dos dirixentes sindicalistas, xamais foron traballadores explotados, mais si, traballadores de carreira sindicalista.

Queremos, con isto, afirmar que serán en xeral, funcionarios de carreira administrativa sindical.

Non podemos deixar pasar a oportunidade, de afirmar, de fonte limpa, que un dos países onde máis horas se traballa e máis se practica o multiemprego, é precisamente nos Estados Unidos da América do Norte. Isto non só esixe un abastardamento das condicións de traballo, como inexorabelmente a perda de calidade de vida (por exemplo menos ocio, o menos tempo libre para apoio das súas familias).

Mas que poden facer as masas traballadoras?

A única saída posíbel, está nas propias masas traballadoras. Deben ser creadas por estas, sistemas eficaces de contra atacar, as imposicións das entidades patronais e realmente se imporen, de verdade, contra as imposicións tamén a estas entidades por parte da banca, ou sexa, da dependencia destas entidades financeiras.

Recordemos a crise da burbulla inmobiliaria, en que o goberno dos Estados Unidos da América do Norte, se fixo cargo, practicamente da industria da automoción, unha case nacionalización do sector, se como atrás referimos, se as masas traballadoras estivesen atentas e despertas para a situación, tiveran nese momento unha oportunidade de ouro para fala súa, pois, foron os seus diñeiros os que rescataron a industria.

O diñeiro do Goberno, é na maioría dos países, esencialmente o que os traballadores, descontan cando reciben os seus salarios, pois, aos traballadores se lles desconta de inmediato o imposto sobre os rendementos auferidos.

Pois, aos ricos, e poderosos empresarios, así como aos señores dos diversos tipos de banca, a eses se lles baixan os impostos, ou tributan en paraísos fiscais.

Como tal as intervencións para salvar o sistema capitalista, foi feita, à custa do diñeiro das masas dos explotados.

Recordamos por exemplo, o socorro feito polo señor Mariano Rajoy, na altura primeiro ministro de España, que salvou a banca, a custa das masas que nada tiñan que pagar polos errores e polos excesos da banca. No entanto, a poboación se mantén calada, como se nada fose, a sustración de algo como un pouco máis de 65.000 millóns de euros.

Aproveitamos, este momento, para tamén chamar a atención, que tamén coa deslocalización da industria e as novas formas de buscar o aumento de riqueza dos máis ricos, se está a procesar, a través da alteración dos obxectivos económico/financeiros da economía, pois, antes a xestión das empresas o que procuraba dunha forma primeira era a solvencia e progreso constante e continuo das empresas.

Dito doutra maneira, procuraban a saúde empresarial a largo prazo.

Pois hoxe, non é ese o obxectivo dos xestores das grandes multinacionais, o que pretenden é obter altos beneficios a moi curto prazo, como por exemplo, para o trimestre seguinte e, naturalmente o seguinte xa non lles interesa demasiado, pois, probabelmente os dirixentes xa gañaron os millóns dos obxectivos do período e se retiran para outra actividade.

O que pasará na empresa, xa non lles importa realmente nada. Xa recibiron os millóns, que estaban inscritos nos seus contratos millonarios.

Para cando as masas traballadoras se deixan embalar nos soños das vendas de armas e das súas enormes comisións?

Chamamos atención para un libro da autoría de John Mearsheimer e Stephen Walt, titulado “O Lobby israelita”, cuxa consulta é como mínimo espantosa, pois, vemos como se moven os intereses financeiros e as millonarias comisións da venda de armas, que movo o mantemento de sistemas de pre-guerra xeral, para alén das actuais guerras, máis ou menos localizadas e restrinxidas, que os americanos non queren parar, que é a invasión da Rusia na Ucraina, e o xenocidio do pobo palestino.

Respiguemos un texto do referido libro enriba referido:

A Joe Biden foi o maior receptor de subornos (legais na América do Norte), de partidarios de Israel, entre os políticos americanos.

Este mesmo señor, chamase como un “sionista cristián”. Na súa carreira política, este señor, recibiu unha participación de Israel, de 6.000.000 de dólares. Isto fai que este señor, sexa canto a nós un colaborador activo no xenocidio en cuestión”.

Estes diñeiros, recibidos polos políticos americanos, quere democráticos quere republicanos, teñen servido para a manipulación e adormecemento das clases traballadoras, a través dunha corrupción do Congreso dos Estados Unidos, o que de calquera forma, é unha machadada, no sistema de democracia americano.

Realmente os “Amos do Mundo”, están a seguir, sen o mínimo desvío, a regra para a súa protección, “todo para nós e nada para os demais”, restrinxindo a democracia, cada vez máis e de forma imparábel, perante as masas de traballadores completamente amorfos.

Imos a ver se nos despertamos dunha vez….

Anexo: Algunhas contribuidores para alá de los 6.000.000 US

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.