Por Jose Vieira
Este ano se conmemora os douscentos anos do nacemento deste filosofo, que foi unha das bases fundamentais do marxismo como ciencia política.
Así, cando falamos de Engels, temos a impresión de que este filosofo, se iniciou con Carl Marx, cando de traxe, cando se coñeceron, Engels, xa publicara moitos máis artigos, do que Marx, no que viría a ser a especialidade deste último.
Friedrich Engels, naceu en Barmen- Elberfeld, na que era entón a Prusia, o día 28 de novembro de 1820. O seu pasamento á sido en Londres o día 5 de agosto de 1895. Foi filosofo, politólogo, historiador e periodista, e fundamentalmente tamén un revolucionario, teórico do comunismo.
Moitas veces só nos referimos a Engels, pola súa estrita colaboración con Marx, esquecéndonos de a súa importancia como pensador, divulgativo e home de acción. O seu amigo Marx, era máis vello do que Engels dous anos pois, nacera 1818, en Tréveris, tamén na Alemaña. Así como Engels, Marx, tamén morreu en Londres, só que 12 anos antes, en 17 de marzo de 1883.
Engels, tivo unha formación, esencialmente autodidáctica, pois o seu proxenitor grande industrial téxtil de Wuppertal, na Alemaña e en Manchester na Inglaterra, non o quixen deixar seguir estudos superiores, pois, o quería dedicado aos seus negocios. No entanto, este, se formou como autodidacta e tamén por súa conta, estudou na Universidade de Humboldt en Berlín.
Curiosamente este, durante moito tempo para que a súa familia non se informase, da súa actividade intelectual, pois se trataba de grandes empresarios e, xente moi conservadora e relixiosa, escondeu a súa identidade nos seus escritos, firmando con pseudónimos. Foi tamén un brillante xornalista, tendo transmitindo a través da súa pluma, as loitas sociais, que estaban a ocorrer en todos os outros países do entorno e, especialmente na Inglaterra de entón, pois, se encontraba aí, persoalmente no medio do mundo obreiro.
Con pouco máis de 20 anos, o seu pai o mandou para as oficinas dunha súa empresa en Manchester na Inglaterra (a empresa téxtil Ermen & Engels), pois como xa afirmamos, era o obxectivo da familia Engels, que Friedrich continuase a carreira dos negocios familiares.
Esta experiencia na industria e, en particular na Inglaterra de entón, lle permitiu ter o contacto directo co mundo obreiro inglés. Esta experiencia, foi como que o toque de alborada para o seu espírito de inconformista, permitíndolle, verificar os efectos das privatizacións, da explotación capitalista dos obreiros e o sistema de competición entre os profesionais, en beneficio dese mesmo capitalismo caníbal.
É por esa altura que namora dunha operaría irlandesa, de seu nome Mary Burns, que foi o vehículo máis inmediato para completar a súa formación anti- capitalista.
Con 25 anos, publica o seu primeiro libro, “A Situación da clase obreira en Inglaterra”. Esta súa publicación, tivo o especial impacto en Marx, (tiña 24 anos cando o escribiu). Engels nesa altura, como a xeito de segundo título, explica que o texto, resulta de súa propia experiencia.
A este libro, sempre foi considerado o primeiro, no entanto, precedeu un anterior, que é a súa contribución máis orixinal, e que é, a xénese do marxismo, porque analiza criticamente a economía da sociedade capitalista. Este, así como a “Tese sobre Feuerbach” de 1845, son os puntos de partida para o que viría a ser, a construción do pensamento científico do marxismo.
Até entón, Engels e Marx, practicamente só se tiñan visto nun par de veces, sendo a primeira en Colonia na Alemaña en 1842 e posteriormente en París en 1844.
O referido texto de Engels, serviu para que Marx, cambie os seus intereses e se dedique, desde entón, a desenvolver a teoría da dialéctica histórica, sobre unha perspectiva de loita de clases, de acordo coas ideas de Engels.
Estaba baseada no materialismo dialéctico, que é a ciencia filosófica, sobre leis xerais do desenvolvemento da natureza, da sociedade humana e do pensamento, cuxa concepción filosófica se debe a ambos, e que foi a base do marxismo. Posteriormente Lenin, a enriqueceu conceptualmente, pasando a ser a base do marxismo-leninismo.
A razón desta viraxe, se debe a que Engels, tomara coñecemento do que se estaba a pasar, no mundo obreiro, por contacto directo e, por tanto, identificara o desenvolvemento do capitalismo salvaxe, antes do que Marx.
Así que, con este coñecemento e sintonía intelectual, entre ambos, resulta a aparición de “O Manifesto do Partido Comunista” en 1848, unha obra que saíu de ambas as mans, en tempo marca e, que é aínda hoxe, unha peza fundamental da ciencia política.
Non obstante, un pouco antes, Marx publicara a súa primeira obra, “A Sagrada Familia”. Neste escrito, Engels colabora con Marx. Pouco despois Engels, convida a Marx a ir a Inglaterra, para o pór ao corrente do desenvolvemento do capitalismo inglés e, como non, mostrar as reaccións, da que chamaría a clase operaría. Isto sucedeu, despois da publicación de “A Sagrada Familia”. Era a Inglaterra, na altura, o expoñente máximo, do capitalismo emerxente, dato o seu forte desenvolvemento industrial. Era aí, onde se máis evidenciaba drama das loitas obreiras, en busca de condicións dignas de traballo e, da propia vida extra laboral.
Este é o momento en que Engels, inflúe decisivamente no percorrido intelectual de seu amigo Marx, de tal forma, que este deixa a crítica á filosofía post- hegeliana e, se lanza no camiño que os leva a escritura da obra fundamental do marxismo, que foi “O Capital”.
Previamente ou talvez non, deste coñecemento e sintonía intelectual, entre ambos, conforme enriba referimos, resultou a aparición de “O Manifesto do Partido Comunista” en 1848, unha obra que saíu de ambas as mans, en tempo marca e, que é aínda hoxe, unha peza fundamental da ciencia política.
Desde entón, e tras a publicación do referido manifesto, se tornaron canto a nós, as dúas caras da mesma moeda. Coa única diferenza de que Engels, debido a súas posibilidades financeiras, foi para alén do colaborador constante de Marx, tamén o patrocinador, que sempre o protexeu e a súa familia, nos moitos momentos de dificultades económicas daquel, a el se debendo, a publicación da maioría dos seus escritos, despois da súa morte.
Engels decide vivir na Inglaterra, onde se instala en 1849, converténdose segundo el mesmo no “segundo violín”, de seu amigo Marx, axudando non só, en termos intelectuais, pero tamén en termos financeiros, conforme xa o afirmamos, pois o seu amigo, dato o seu tipo de vida, ficaba regularmente sen traballo. Talvez por esa razón, se mantivo a xestionar a fábrica téxtil da familia en Manchester, até ao ano de 1870.
Non obstante, en 1850, publicou un excelente libro de historia sobre as “Rebelións dos Campesiños na Alemaña no período de 1524/1525”, onde pretendeu facer unha comparación en termos de comportamento dos campesiños de entón, cos burgueses do período de 1848/1849, con pleno éxito. Con vista a manter unha fonte de ingresos para o seu amigo, debemos resaltar, que máis da metade dos artigos que Marx asinou para o New Yorker Equipos de Nova Yorque, foron escritos por Engels. Textos publicados entre 1851 e 1862 no referido xornal, máis unha proba do gran apoio de Engels a seu amigo.
Non podemos deixar de referir outro excepcional traballo de Engels, dunha calidade fóra do normal, onde se revela ser un excepcional publicista, ou sexa, cos seus 60 artigos, cognominados como “Notas sobre a Guerra Franco- Prusiana de 1870/1871”. Con estas crónicas, de teor perfectamente analítica, que foron publicadas no xornal inglés “Pall Mall Gazette” e, onde anteviu os problemas que virían a ser os precedentes, da Comuna de París. Nesa altura, Engels foi obxecto de moitas felicitacións, dato o seu poder de análise e perspicacia. Se tratou dunha certa obra excepcional.
O seu labor de escritor e filosofo de excepción, sempre estivo presente, nunca deixando de aportar, artigos de carácter teórico, no sentido de demostrar os erros cometidos polos seus opositores, ás súas teorías.
En 1878, no seu escrito “O Anti- Dühring”, que el mesmo o definiu, como sendo, “máis ou menos unha exposición unitaria do método dialéctico e a visión comunista do mundo”. Este texto, é considerado absolutamente fundamental, para a formación de calquera marxista.
Máis tarde reformulou este escrito, con intencións de maior divulgación, co título de “Do socialismo utópico ao socialismo científico”, se tratou da reformulación de tres capítulos da súa obra “Anti-Durhing”, tendo moito máis éxito libresco, con esta reedición simplificada, do que coa súa edición orixinal, tendo inclusive unha proliferación de vendas case semellante ao “Manifesto Comunista”, que fora un formidábel éxito de vendas de entón.
Non debemos deixar pasar por alto, que é da autoría de Engels, a afirmación de que “os primeiros proletarios pertencían à industria, sendo directamente xerados por ela (industria), así que para el, o capitalismo industrial determina efectos sociais, político e económicos, e máis, o movemento obreiro, en particular, é o resultado natural do desenvolvemento da industria capitalista”.
Engels, case sempre precedeu en análise imediatista, ao seu amigo, probabelmente debido a súa proximidade ao mundo laboral inglés de entón, que era onde máis visíbeis se sentía as antinomías entre clases sociais.
Cabe aquí unha explicación, para determinadas posicións autocráticas posteriormente tomadas por Lenin, inspiradas naquel escrito de Engels. Isto se debe, pois, que as súas concesións de ciencia e de socialismo científico, lle pareceron, sempre perfectamente impositivas, o que pasou a ser un dogma, para os seus seguidores.
A súa versatilidade, se manifesta, por exemplo nun seu novo libro “A orixe da familia, a propiedade privada e o Estado”, publicado en 1884. Neste seu traballo, refírese ás leis de Lewis Morgan, que defendía que as relacións matriarcais eran anteriores as patriarcais, como sendo unha revelación para as orixes da humanidade, só comparábel à Teoría da Evolución de Charles Darwin, para a bioloxía. Se trata dunha tese de aspecto perfectamente esquecido e, até, de certo modo contra a corrente.
Curiosamente, el defende que a primeira opresión de clase, que se distingue na historia, “coincide co sexo feminino sobre o sexo masculino”.
Durante os anos que precedeu á morte de Carl Marx, en Londres, Engels dedicou a axudar a familia de seu amigo e, promoveu a publicación dos escritos de seu amigo, postumamente. Conseguiu publicar, segundo os seus manuscritos, o segundo e terceiro libro de “O Capital”, así como a reedición de varias de súas obras.
É famosa, a súa nova introdución de “As loitas de clases en Francia”, que publicou poucos meses despois da morte do seu amigo, onde naquela elabora unha teoría da revolución que se adapta ao novo escenario da Europa de entón.
Por último, queremos dicir que este texto, é un recordo, deste excepcional intelectual, en todos os campos que practicou, así como traer a memoria de cantos, só recordan no marxismo a Marx e se esquecen das contribucións deste seu excepcional compañeiro e motivador.
Se el primero en comentar