A guerra na que estamos metidos

Os máis recentes enfrontamentos bélicos actuais, se poderían caracterizar, como confrontacións, verdadeiramente con fins económicos, empregando medios financeiros, tanto en escenarios reais, como virtuais

Por Jose Vieria

Podemos poder dicir, sen nos equivocar, que a guerra que nos engole na actualidade, é de carácter económico.

Nos estamos a referir, non só a invasión da Ucraína pola Rusia, como as restantes guerras existentes no mundo en que vivimos, sexan máis ou menos declaradas.

Esta nosa afirmación, é algo que nos resulta completamente presente e irrefutábel, o día a día, deste mundo que é un “autentico vale de lágrimas”.

Por esa razón, non podemos deixar de en nos adentrar neste dominio, con vista a tentar comprender mellor o que nos cerca ou non. Tamén queremos dar algo de máis información, que permita ver máis claro quen é quen, no enmarañado das escaramuzas e demais conflitos no “mundo en que vivimos”.

Unha cousa desde xa podemos ir adiantando, é que as guerras, como normalmente temos constancia ou sexa, militares dun lado así como do outro, ten ido perdendo significado e peso, mentres o peso político daquelas se ten vindo a se desprazar para o campo económico.

A primeira dúbida, vén desde pronto, ao non se saber, se debemos pasar a designar estes conflitos como guerra económica ou choques entre intereses económicos (conflitos económicos).

Antes de clasificar dunha forma máis de noso gosto, esas situacións, queremos dicir que actualmente os enfrontamentos a través da utilización de ferramentas económicas é cada vez máis evidente.

Non podendo ocultar, que van desde pequenas, mais sutís intervencións, até medidas cuxa potencia e violencia son dunha intensidade inusitada.

Por exemplo, problemas de ámbito xeopolíticos, teñen como consecuencias e son obxecto de accións perturbadoras, como sancións económicas (en sentido estrito), conxelación de activos, agravamento de impostos aduaneiros, restrición de comerciar en determinadas moedas, para manipular as finanzas mundiais, conxelación de contas bancarias, por todo o espazo financeiro mundial.

Cabe neste momento, indicar que a manipulación destes instrumentos económico/financeiros, son desenvolvidos polos gobernos en exercicio, comandados polos grandes conglomerados empresariais (as grandes empresas multinacionais).

Xorde aquí, a pregunta fundamental para o proseguimento desta análise:

Quen serán os certos responsábeis, por estas accións, que son decisivas para o dominio no espazo e tempo?

Os responsábeis, realmente son as grandes empresas, que defenden a repartición do mundo, de acordo cos seus intereses.

Sucede, que a principal diferenza, entre conflito e guerra, ten a ver co aspecto formal, ou sexa, un conflito só se transforma nunha guerra cando os intervenientes, fan a chamada declaración formal da mesma.

Así cando falamos de guerra, é costume pensar que realmente estamos a pensar nun conflito armado entre dous ou máis grupos humanos relativamente masivos, que empregan todo o tipo de estratexias e de tecnoloxías, co fin de impor de forma violenta, a súa supremacía, actuando até ou a destrución do adversario ou o seu recoñecemento de derrota.

Por iso o conflito, armado ou non, é cando se recorre a forza entre estados, sen a declaración formal e, esta se prolonga entre estados.

No entanto, o que parece en últimas instancias, é que mesmo os máis recentes enfrontamentos bélicos actuais, se poderían caracterizar, como confrontacións, verdadeiramente con fins económicos, empregando medios financeiros, tanto en escenarios reais, como virtuais.

Chamamos especial atención, á utilización do ciberespacio e ou aos mercados de bolsa, en toda a súa extensión (estamos nun sistema globalizado).

Tamén queremos desde este momento, avanzar que as “guerra económicas”, aínda que con distinguidos graos de intervención militar (ou sexa, con preponderancia dos corpos de exército), non son de agora, pois, vén desde bastante atrás, vindo cada vez máis a facer diminuír a importancia dos militares, na súa forma máis ortodoxa, no decurso desas intervencións.

Cremos e, non estamos sos nesta nosa previsión, que cada vez máis as guerras serán levadas a efecto, entre instrumentos cibernéticos, dotados de Intelixencia Artificial e non entre humanos. Queremos resaltar, en noso modesto prever, será o paso seguinte, a cada vez máis visíbel, no desenvolvemento das chamadas guerras económicas.

Recordemos un conflito armado que se transformou realmente por súa declaración formal, como sendo a primeira guerra, a noso xuízo, de raíz económica, do mundo moderno. Falamos da guerra coñecida como anglo-holandesa, que se desenvolveu entre 1652 e 1784.

O que pasa é que esta se desenvolveu, con base a existencia da súper empresa “multinacional”, designada Compañía Neerlandesa das Indias Orientais, que á praza da súa actividade había se tornado a maior e máis poderosa empresa mercantil do mundo, na transición entre os séculos XVII e XVIII, cousa que ía contra os intereses sobre todo dos ingleses.

Esta mesma empresa, na viraxe do século (1699), posuía cerca de 40 barcos de guerra e máis de 10.000 soldados. Este dominio do comercio entre o oriente e o occidente, estaba a desposuír o poderío dos graos de intervención militar (ou sexa, con preponderancia dos corpos de exército), non son de agora, pois, vén desde bastante atrás, vindo cada vez máis a facer diminuír a importancia dos militares, na súa forma máis ortodoxa, no decurso desas intervencións.

Cremos e, non estamos sos nesta nosa previsión, que cada vez máis as guerras serán levadas a efecto, entre instrumentos cibernéticos, dotados de Intelixencia Artificial e non entre humanos. Queremos resaltar, en noso modesto prever, será o paso seguinte, a cada vez máis visíbel, no desenvolvemento das chamadas guerras económicas.

Así as guerras que estamos a soportar neste primeiro quarto de século XXI, son guerras, que se deflagran por meros intereses económicos, aínda que despois, se intente xustificar, problemas doutras índoles, para que o xuízo público, non sexa demasiado severo e, por iso, se desenvolve a través da comunicación social, unha masiva manipulación, desviando a atención para problemas de tipo humanístico, sociais e até morais, cando en realidade, o que pasa son problemas económicos que se esconden por detrás das máis variadas camuflaxes, sempre e cando, eses “choradiños” serven para confundir as poboacións (véxase o caso da invasión da Ucraína pola Rusia).

Tampouco podemos deixar de referir ao cada vez máis evidente a privatización de formas de intervención, vulgarmente chamadas de mercenarios CMP (Compañías Militares Privadas)

Recordemos que desde cerca dos anos 18 deste século, os americanos instalaron continxentes de mercenarios, dunha CMP, coñecida tamén polo seu apodo de BlackWater, que fora fundada por un seu antigo militar da Navy Seal, Erik Dean Pince, na Ucraína, que se tornou célebre polos asasinatos cometidos.

Fora esta mesma CMP, que se tornou igualmente célebre, no Iraq, por accións de autentico terrorismo, como por exemplo, a execución de 17 civís, na praza de Nisour na súa capital, en 2007. Este tipo de forzas, se servían e serven aos americanos, para protexer na Ucraína os seus 26 laboratorios de armas biolóxicas de destrución masiva.

Cremos sinceramente, que se torna cada vez máis visíbel e, cada vez máis rápida, aínda que de forma subrepticia, a substitución das forzas armadas convencionais e nacionais, dos países máis poderosos, léase cos Estados Unidos da América do Norte á cabeza, por forzas compostas por Compañías de Militares Privados.

Por outro lado, os militares humanos, están tamén a ser substituídos por armas de tecnoloxía avanzada, en que o elemento humano, é cada vez menos necesario e, que son xestionadas por Intelixencia Artificial (I.A.) sendo a intervención humana, no campo de de as operacións, cada vez menos visíbel.

Recordemos o que se está a operar nos Estados Unidos da América do Norte (adiante USA), é o enriquecemento das armas soportadas pola I.A., reservándose a venda de armamento convencional, aos países seus aliados, que son os clientes que non poden rexeitar as compras impostas, polo poderío americano (substitúen o que tecnicamente obsoleto, para a USA), obtendo dunha vez dous beneficios o de se desfaceren de armas que xa non son necesarias e realizar un negocio redondo, que aumenta a dependencia económica dos compradores á USA.

Podemos dar algúns números do poderío da USA, referíndonos ao ano de 2020:

– Número de militares en persoal 2.363.675

– Coches de combate 5.884

– Avións de combate 13.762

– Porta avións 19

– Submarinos 70

– Oxivas nucleares atómicas 6.450

Presuposto en dólares en mil de millóns 587,8

Non podemos deixar de referir que a maior parte destes barcos e submarinos son de propulsión nuclear.

Pois, é este o material que os USA, impoñen que aos seus aliados da OTAN, que teñen que adquirir si o si e, que despois fornecen a Ucraína, para que a fogueira non se extinga. E como non aumentaren o seu déficit financeiro, no mercado do dólar.

Este é o proceso, sen dúbida occidental, para non dicir americano, que decorre igualmente da chamada globalización.

Máis, desta situación os países occidentais non poden lavar as mans, pois, foron estes que se deixaron levar e que a súa vez impuxeron o sistema a todo o restante mundo. Ou sexa, un correcto tipo de democracia musculada, unha pesada e especuladora economía de mercado, un liberalismo económico ditatorial dos grandes conglomerados económicos e financeiros, que é unha iniciativa privada e criminal, dos “Amos do Mundo”, todo isto, é finalmente o que caracteriza as guerras existentes neste “mundo en que vivimos”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.