Escravos de Franco no Aeroporto de Peinador

Por Telmo Comesaña

De este tema tense falado moito máis do que se ten escrito: formaba parte das cantigas que cantaba o pobo, coido que cómo algo que servía de escape de tantas angurias e abusos de poder, cos que colaboraba a Igrexa Católica ao través dos curas das parroquias, -sen dúbida obrigados pola xerarquía, Bispos, Arcebispos e Cardeais-.

As cantigas que aínda hoxe saen a relucir como comentario dunha época de tiranía, tortura e asasinatos, e dí así:

“Si vas a Peinador mira o que vas facer / o pico e máis a pá e porrón para beber” ,  ou “Si vas a Peinador mira o que vas facer /que vas traballar e non vas comer”.

A única preocupación dos dous grandes partidos que veñen gobernando España dende a Tranxición/Transación foi agochar o ignominioso pasado da cruel ditadura franquista. Nas escolas non apareceran nos libros de texto, nos que os escolantes e os escolares puideran coñecer a verdadeira historia, na que os seus devanceiros estiveron ensarillados: moitos deles e delas eran fillos ou netos de asasinados ou torturados ou exiliados. E así van pasando xeracións  que senten  arrepío cando se enteran o que acontece unas familias. Como o caso do traballo obrigado na construción do aeroporto de Peinador: unha tortura na que a Igrexa Católica foi conivente.  Para ilustrar  o tema só uns retallos recollidos na prensa local da época.

El pueblo gallego, 28 de noviembre de 1936

Aviso importante a los habitantes de las Parroquias

“De acuerdo a lo establecido sobre del plazo de pago de las redenciones del mes de diciembre, los habitantes de las parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Comesaña, Corujo, Matamá, Oya, Navia, Sárdoma y Sayanes deberán ingresar, sí desean redimirse del trabajo, ante los señores curas párrocos de sus respectivas parroquias, la cantidad de 12 pesetas,  antes del día 10 del actual mes de diciembre  en que se cerrará definitivamente,  el plazo.”

A este inquerito son chamados homes de entre 20 e 50 anos.

De Alcabre chámame a atención que tamén figuran meu tío Antonino Comesaña Pérez e meu pai José Comesaña Pérez, cando ámbolos dous xa aforan asasinados o 6 de outubro do 1936, é dicir, xa levaban dous meses baixo terra, xa deixaran dúas viúvas e catro orfos.

E velaí Igrexa  “facendo caixa” para o réxime  e colaborando cos crimes contra a humanidade.

Faise necesario a apertura dos arquivos diocesanos. Aínda que algún –non sabemos cantos- xa foron destruídos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.