![]()
o Presidente da República de Francia, Emmanuel Macron, que en menos dun ano, buscou contra os resultados das eleccións anticipadas, tres primeiros ministros, consabidamente comprometidos, aínda que aparentemente non inscritos, co partido de extrema dereita de Marianne Le-Pen
Por Jose Vieira | 16/10/2025
Cada dia se complica más e más a situación política/económica, na Unión Europea.
En primeiro lugar, polo desembarque dos populismos de dereitas e, sobre todo, pola aceptación que estes discursos baleiros de contido e cheos de mentiras, se implantan na cabeza dos potenciais votantes.
Con esta estratéxica, visan dar unha imaxe de que son os únicos honestos e, que poden dar ou resolver os problemas das poboacións.
Estes son os partidos de dereitas e, para ser fácil de entender, no caso de España, os únicos que respectan e resolven os anhelos da poboación, segundo estes mesmos, son o Partido Popular e a súa matriz ideolóxica o Partido Vox.
Estes partidos de dereita, se lanzan en campañas fundadas en indicios, de éxitos, máis ou menos delituosos, non probados e, con base nestes elaboran noticias falsas, que repetidas constantemente, servíndose dos máis diversos medios de comunicación (cunha rede social de múltiples usuarios ao seu servizo), intoxican as poboacións, xerando desde esas imaxinarías situacións, campañas demoledoras contra os partidos concorrentes, normalmente os de esquerda.
Non podemos deixar de referir, que esta situación, se está espallando como unha epidemia, por toda a Europa, non sendo un mao privilexio, de España.
Cremos que dunha maneira xeral, esta situación se debe a un posicionamento, “covarde” dos dirixentes dos partidos europeos de esquerda, en que ou por falta de preparación política ou por unha ambición desmedida, se viran metidos en problemas e en xogos, de auténtica falta de honestidade, non soa intrínseca, como igualmente política o profesional.
A situación é de tal orde que en xeral, moitos dos xefes máximos dos países da Europa, deixaron de seguir dunha forma obxectivamente correcta, a busca de xefes de despachos políticos, de acordo coas opcións manifestadas, en eleccións ou respectando a predominancia da poboación.
Isto resulta moitas veces, por mera egoísmo e apego ao poder e, non como situacións alternativas, pois, prima o medo de seren mal vistos, no seu futuro político, chamando a formar os despachos de goberno, elementos comprometidos coa extrema dereita, cando estes mesmos xefes de Estado, até parecían membros centristas ou non desa tendencia.
Para ilustrar o que fica dito, estamos a recordar, o traslado a extrema dereita, do Presidente da República de Francia, Emmanuel Macron, que en menos dun ano, buscou contra os resultados das eleccións anticipadas, tres primeiros ministros, consabidamente comprometidos, aínda que aparentemente non inscritos, co partido de extrema dereita de Marianne Le-Pen.
Este Presidente da República de Francia, non permitiu que o conglomerado de esquerda de Jean-Luc Mélenchon que é o líder da agrupación “Francia Insubmisa”, puidese presentar como dispoñíbel tras ser rexeitada a súa primeira proposta, Huguette Bello, próxima ao antigo Partido Comunista Francés, tamén rexeitou a brillante economista e ex responsábel polas finanzas da cámara de París, Lucie Castets, que se presentou como alternativa de esquerda, para formar un goberno de acordo co sentido das eleccións anticipadas conforme os resultados.
Ambas candidaturas, foron rexeitadas polo Presidente Emmanuel Macron e, este só se interesou por xente de dereitas e próximas ao partido de Marianne Le-Pen, que é a extrema dereita.
Este partido é un dos apoiantes do partido matriz do Partido Popular, VOX.
No entanto, esta forma de convidar directamente un demandante para formar o goberno, en Francia é unha prerrogativa, que vén desde os tempos da IV República, é unha herdanza do entón Presidente da República de Francia o xeneral Charles de Gaulle.
A noso parecer, parece que a V Republica está preste a se extinguir. Esperemos que estea equivocado.
A pesar de todo, os franceses, se levantaron en manifestacións, suficientemente visíbeis e esclarecedoras, de que non querían que o goberno puidese ser entregado ao Partido, denominado Agrupación Nacional, untando así, a chegada a formar despacho, a Jordan Bardella, presidente do partido referido, abrindo o lugar a concorrer a presidente da república de Francia a Marianne Le-Pen.
A poboación francesa, fixo un esforzo e, sobre nado a consciencia de clase (e viran o que viña encima da clase traballadora e dos máis débeis se estes dous, presidente e Marianne Le-Pen).
Estarían os franceses, se tal ocorrese, perante a privatización servizos públicos, os recortes nos dereitos, nas garantías e liberdades dos cidadáns. Como exemplo, teriamos os recortes na saúde pública, na educación e na censura prevía da comunicación social.
Deixemos a inestabilidade e a má situación económica francesa e pasemos a nos referir ao que pasa en España.
Mais o que é a inestabilidade e para onde corre a Francia,
É o que estará para a nos vir por encima en España.
Se hai eleccións anticipadas, para as lexislativas, teremos probabelmente unha coalición, do Partido Popular (adiante só PP) con Vox.
E non nos enganemos, pos quen ira “cortar o bacallau”, será o Partido Vox, pois, o partido do señor Feijó (o PP), é un baleiro que vai a reboque, do seu socio, que referimos.
Fagamos un mergullo nas sondaxes do mes de outubro (nos reportamos ao estudo do Estudo 40dB: estes sitúan o PP, cun volume votos que se expresa en 30,5% dando ao PSOE, unha porcentaxe do 29,4%, mentres o partido Vox, estará con cerca de 16,7%.
Por outro lado, o despacho, Opina360, nos dá unhas votacións que parecen a inversa: PSOE con 30,4% e o PP con 27,4%, sendo Vox con 21%.
Como podemos ver, en calquera dos casos o que nos vén por cima é un goberno de dereita e que estariamos moi próximo de ser un goberno de tendencia de extrema dereita.
Así o que temos, é como vimos a tendencia referida neste texto enriba, o caso francés, temos em as nosas costas, si o si, para que os próximos anos, o retroceso do país, sexa, imparábel socialmente e economicamente.
Infelizmente non vemos saída a esta outra situación. Todo isto porque a poboación más necesitada e más débil, vota contra eles mesmos, votando á dereita.
É triste, mas é a realidade.
Se el primero en comentar