Deflación, inflación i estanflación

Por Jose Vieira

Naturalmente a gran maioría dos españois, e non só, un pouco por todo o mundo, en especial nos países mais desenvolvidos, é habitual as familias posuíren un socio preferente, durante toda ou case toda a súa vida. Se trata do poderoso banco que prestou o diñeiro para comprar a vivenda familiar.

Con isto queremos dicir, que o cidadán común cada vez que se senta à mesa a comer coa súa familia, ten polo menos un  comensal máis a quen non convidou a comer, mais que se presenta todos os días e durante todo o ano, para compartir da comida familiar.

Parece que máis ou menos, dependendo das respectivas épocas de maior a menor crise financeira, este comensal non desexado, cobra máis do que antes ou está de bo humor e, cobra menos. É un inconstante, un déspota intolerante, que non admite eventuais fallos.

Actualmente, parece que os señores dos bancos, andan máis calmados e, como os xuros, non están moi elevados, parece que o mar está en boas augas e, que todo vai seguindo, dunha forma calma e tranquila. Claro que nós estamos a referir a xentes que manteñen o emprego, que non foron castigados con reducións de xornadas e que, por tanto, puideron manter os mesmos ritmos de ingresos familiares. Por outro lado, algúns outros menos afortunados, tiveron que deixar de pagar as cotas das hipotecas, mais, no entanto, coas axudas de emerxencia e as situacións de cobertura das cotas en débeda, por causa do coronavirus, por parte do goberno, obtiveron a axuda imprescindíbel, para que o número de retirados das súas vivendas non sexa tan dramático.

Entón, a esperanza dos que recorreron aos préstamos da banca, se sitúa en que as dilacións o tempo continúen e, por outro lado, que os respectivos xuros, non suban.

Posta esta breve introdución, cabe facer sentir, que existen no horizonte algunhas nubes, que co andar dos ventos, poden comezar a prognosticar tempestades e, como sempre estas non acostuman ser de bonanza. Non queremos ser o mensaxeiro que se presenta coa gadaña da morte, mais, no entanto, queremos deixar algunhas consideracións sobre esas nubes que se aveciñan.

Non hai calquera dúbida, que durante o ano de 2020, non se pode dicir que houbese subidas xeneralizadas de prezos, tanto do lado do consumidor como do produtor. Isto quere dicir que o ano pasado e parte deste en que estamos, non houben aquilo a que acostumamos chamar de inflación.

Tamén até aconteceu que algúns países fortemente industrializados, sobre todo os que a súa industria manufactureira, tiña un peso máis substancial, até tiveron caída de prezos, a que para caracterizar ese fenómeno, o cognominamos por deflación. Esta situación aconteceu na nosa zona do euro, na China e no Xapón, dalgunha forma visíbel.

Como se comportaron as persoas?

Como sempre, cando pasan nubes que presaxian grandes tormentas, pondo os abrigos e sobre todo non saíren de casa. Traducindo isto en miúdos, significa que os maos tempos, confinamentos, perdas de emprego, abaixamentos de salarios, tiveron como consecuencia, que a procura de bens e servizos se teña contraído. En linguaxe económica, a procura se desplumou. E mesmo aqueles que se mantiñan no activo a traballar e a recibir, comezaron a aforrar, con medo do futuro. Xurdindo desde este punto, dous tipos de aforro, a de as familias e a de as empresas.

Imos dar unha táboa de aforros das familias, publicada pola OCDE e por anos

anoEstados UnidosReino UnidoZona Euro

16 países

20136,63,15,6
20147,63,66,7
20157,94,95,7
20167,02,25,7
20177,20,05,6
20187,86,16,4
20197,56,56,7
202016,119,414,3

Queremos dar algúns esclarecementos máis. Quebraron moitas empresas, moitos traballadores perderon os seus empregos, mais, os posuidores de máis altos niveis de salarios tiveron que facer algúns aforros forzados como por exemplo non viaxar, o que representou uns grandes aforros (non esquecer que o turismo é unha das industrias mais importantes de moitos países, como por exemplo de España e Portugal).

Volvamos ao problema da pandemia e da crise económica, que camiña a par e paso con aquela, aínda que esta, comezase aínda antes da coronavirus.

O que vemos, é os bancos centrais, dos varios países inxectaron millóns de millóns de euros, nas distintas economías. Todo para evitar que exista un certo colapso económico e como tal social. Pensemos que se non hai pan nin esperanza, pode vir a haber, unha autentico levantamento popular, por falta de diñeiro e, logo a fame, con todas as consecuencias inherentes.

Que pode acontecer con tantos millóns metido na economía real e de golpe?

Completamos esta nosa cuestión con outra máis, e, que nos vai levar a responder a ambas

Será que as economías se van recuperar, de medio do corrente ano, de 2021 e, será suficientemente forte ese rexurdimento?

Neste momento, nos parece estar a ver un escenario xa coñecido. E aí, recordamos as palabras do gran economista ex-xefe do Despacho de Estudos do Fondo Monetario Internacional, o profesor francés Olivier Blanchard, que nos advirte, que servíndose do exemplo americano neste momento, 1,9 billóns americanos de dólares, que a economía pode correr riscos de inflación.

No entanto, para nós o perigo deste sobreaquecimento da economía, está na forma de como se utilizarán eses montes de diñeiro, ao xerar un posíbel demasiado gasto público e, ao mesmo tempo manter unha política de flexibilidade monetaria.

Realmente esta política, moi parecida ao gasto efectuado no tras Segunda Guerra Mundial, que foi maior do que se tramita habitualmente nas recesións, pode de verdade sacar por diante unha tensión inflacionista e que como tal, pode xerar unha inflación.

Nos parece oportuno precisar, xa dous termos económicos que se introduciron neste texto.

Comezaremos por definir o que é unha Deflación e, esta se pode considerar a partir dun descenso xeral e prolongado dos prezos, dos bens e servizos, motivados por unha atonía da procura, por un lado e, por o outro, un exceso de capacidades produtivas, ou sexa, da oferta e, o que segundo a clasificación do FMI (Fondo Monetario Internacional), deberá se verificar, polo menos, á praza de dous semestres consecutivos.

Esta definición, así, como outras que daremos axiña, se asocian a crises económicas como a gran Depresión o a gran Recesión.

Normalmente esta situación, está ligada basicamente a problemas de reducións drásticas da economía, nos referimos a súa normal actividade, coa consecuencia inmediata de desemprego, aumento dos xuros do diñeiro en termos reais, pola caída dos prezos e como tal da procura.

Por outro lado, imos agora entrar a explicar o termo de Inflación, sendo esta por nós, considerada como sendo, cando o nivel xeral de prezos sobe e, cada unidade de moeda adquire, cada vez menos bens e servizos. É dicir, que a Inflación reflexa unha perda de valor real do medio interno de troco de unidade de medida económica. Unha medida frecuente da inflación é o índice de prezos ao consumidor, que corresponde a unha porcentaxe anualizada (homologa), da variación xeral mes a mes, dos prezos o tempo (o máis habitual é se servir do chamado IPC; Índice de Prezos no Consumidor), como medida para reflectir ese valor.

Así resumindo a Inflación, se considera cando existe un aumento xeral de prezos e, que este se manteñen, dos bens e servizos existentes no mercado, durante un período substancialmente largo de tempo, tomándose como mínimo o período dun ano.

O que verificou en 2020, foi un ano en que os prezos ou se mantiveron o foron caendo. No entanto, xa no inicio deste ano, fomos sorprendidos por algo de subida de prezos. Podemos dar unha medida, da situación, dicindo que o IPC, estivo sempre contido a baixo do 1 %, máis de 5 meses. Tamén nos parece que esta situación de prezos son axustes a subida, e esta, está a comezar a ter oscilacións e, non son precisamente á baixa. Tampouco hai dúbida que sempre estivo marcando os límites para a inflación na zona do euro, como sendo o 2%. No entanto, tamén nos parece que nalgúns países desta zona, poderán exceder ese valor, dato as súas capacidades actuais, falamos dos Países Baixos e naturalmente da Alemaña.

Antes de máis, para nós, parece que esta alta de prezos, se debe a unha comparación entre os do ano pasado e este, e a posíbel recuperación de marxes. Non podemos ignorar, que mañá o pasado mañá, haberá inflación. Así que o que pensamos é que debemos estar moi conscientes que este axuste de prezos de hoxe, traerá posibelmente unha cola máis grave e acentuada.

Todo indica que as inxeccións de diñeiro  masivas, farán que a economía se  poda ir  recompondo, no entanto, tamén será inevitábel contar, cunha alza de prezos.

Hai mesmo quen o afirme expresamente e, se encontra no centro do mercado que xestiona inmensos fondos, se trata do economista xefe da xestora de activos do Deutsche Bank, Martin Moryson, que o que se irá pasar cos indicadores que manexa, será unha alza de prezos.

Unha cousa é incontestábel, os prezos están a subir e irán continuar a subir.

Falamos, de que podía esta visión estar moi comprometida, coa comparación da caída do ano anterior e a reposición que se está a ver, à medida que a economía ten posibilidades de se recuperar, especialmente neste segundo semestre de 2021. Desta mesma nosa opinión, é Paul Donovan, o xefe de economía da Unión de Bancos Suízos.

Así, e servindo dunha imaxe moi habitual en análises económica, estamos ao momento central dun    cruzamento de camiños, con tres placas de dirección, para a esquerda o camiño se denomina Deflación, para a dereita o camiño indica Inflación e, pola fronte non se ve moi claro, o destino, no entanto, cun pouco máis de atención, se distingue Estanflación.

Volvamos a estrada e pensemos perante os números, que a poboación existente nos nosos países esta cada vez máis envellecida e, como non podía deixar de ser, a cantidade de persoas en idade de traballar, vai diminuíndo. Isto significa, máis unha tensión inflacionista. Repárese unha diminución de oferta e unha procura constante. Ao mesmo tempo que as empresas que resistiron no mercado, se senten máis poderosas, diminuíndo a competencia, logo se senten animadas a impor prezos máis elevados para o que producen. Por outro lado, como agora hai menos traballadores no mercado dispoñíbeis, os salarios e as respectivas cotizacións terán que ser máis elevadas.

Así o que vemos no horizonte, poderá non ser unha tempestade inmediata, no entanto, as nubes se van acumulando en maior número e en maior densidade e, cremos que en entre 2023 e 2025, estalará a tormenta. O tempo escasea.

Pouco o nada se está a facer para evita, unha outra consecuencia posíbel, destes maos tempos da economía que nos cerca, é que os xuros dos bancos pola disponibilización de créditos para hipotecas, xa comezan a bailar na cabeza dos señores da banca e, non podemos esquecer que os xuros son tamén un prezo. E os señores dos bancos están ávidos de aumentaren os seus beneficios e, non van deixar de escapar esta oportunidade do facer. Resultado, as cotas das hipotecas subiron. Coa anuencia dos respectivos gobernos.

Non obstante, o desemprego continuará a crecer, a pesar de haber escaseza de traballadores, polos cambios tecnolóxicos e pola falta de preparación da maioría, así como, polo abandono por parte de moitas empresas do mercado.

Entón, se dá realmente algo, que tamén os máis maiores de nós, xa habiamos sentido nas nosas carnes, de forma moi dramática e, se trata daquilo que se designa por Estanflación.

Imos caracterizar esa figura económica para que o cadro fique máis claro e simple, para que cada un de nós poda avaliar o que se nos pode vir encima.

A combinación, dos termos recesión ou e estancamento con inflación, resultou, na designación de Estanflación. Está se caracteriza por, en simultáneo, se verificar unha alta de prezos, un aumento do desemprego e a estancamento da economía, xerando unha crise económica ou mesmo unha recesión. Tal e como a habemos xa vivido moitos de nós.

Están creadas as condicións para que o horizonte non sexa de tranquilidade nin de progreso nin social nin en xeral económico.

Non queremos ser pesimistas, no entanto, temos o deber de alertar, “o que se nos aveciña”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.