A seleción ou a evolución humana

Por  José Vieira

Neste momento, en que unha pandemia, se estende por todos os cantos do planeta en que vivimos, nos xorde á dubida de se a nosa evolución, a través dos tempos, ten sido capaz de resistir aos diversos ataques á saúde da poboación. Ou se polo contrario, somos cada vez máis vulnerábeis aos axentes patóxenos, que interfiren na nosa integridade sanitaria, destruíndo, aos poucos a humanidade.

A Historia da nosa evolución está plena de exemplos, de que de cando en vez, somos atacados por axentes exóxenos, que destrúen a vida no planeta terrestre.

Algunhas veces foron cataclismos telúricos, que acabaron dunha forma masiva con especies que habitaban este espazo, e que acabaron por desaparecer de todo da face da terra. Recordamos a época dos grandes reptís, xeralmente denominados, por dinosauros. Máis recentemente, outros axentes, provocaron alteracións sobre a poboación existente entón.

Moitas das veces, eses elementos destrutores foron tan difíciles de controlar, e permaneceron tanto tempo entre as poboacións que, inclusive creou un saldo de natalidade inferior ao saldo de mortos (dito doutra maneira, morrería máis xente do a que nacía), o que tiña como consecuencia directa, a diminución da poboación terrestre.

No momento, en que escribimos o texto en cuestión, estamos envoltos naquilo a que chama unha pandemia.

Antes de avanzar máis neste texto, imos definir o que é unha pandemia e o que é unha epidemia.

Pandemia, “vén a ser unha enfermidade, que se veu a espallar dun modo simultáneo ou case, por moitas e largas partes do planeta”.

Epidemia, “se trata dunha enfermidade que ataca un grande numero de persoas o de animais, nun mesmo lugar e no mesmo período de tempo”.

Se trata, esencialmente, dunha diferenza espacial, que se distingue pola súa expansión xeográfica.

Tamén en xeral, é acompañada por unha dificultade, de súa posíbel eliminación nun espazo de tempo limitado, visíbel no horizonte das poboacións.

Debido a necesidade de non tornar este demasiado extenso, e tamén para conseguir a súa lectura, máis amena, restrinxiremos as pandemias, e só recordaremos aquelas que se poden vislumbrar no horizonte do fin da Idade Media, até aos nosos días.

Non entraremos en problemas de orixes teolóxicas onde se explicaban estas situacións como castigos divinos, como era moi do gusto dalgunhas relixións, como por exemplo a Cristián.

Nos sentimos moi máis atraídos polas ciencias, e en particular, pola teoría da evolución, que resultou, dos estudos de entre outros científicos, dos estudos de Charles Darwin. Esta teoría cientifica, se expresaba, no sentido de que as poboacións evolucionaban durante a pasaxe do tempo, de xeración en xeración, mediante un proceso, que ficou coñecido como a selección natural.

Este científico, cando escribiu o seu famoso libro “A orixe das especies”, cuxo título en inglés é “On the Origen of Species”, que presentou ao publico o día 24 de Novembro de 1859, xuntou as probas que reuniu, durante a expedición, científica que fixo no navío inglés Beagle, nos idos da década de 1830.

A publicación deste libro de Charles Darwin, entusiasmou polo seu contido científico, o mundo das ciencias da altura, tendo o Thomas Huxley (pai do famoso escritor Aldous Huxley e do seu outro fillo, o home da intelixencia artificial, John Huxley), sendo o principal entusiasta a promover o libro, a través do seu club de discusión científica, X Club, secularizando a ciencia e promovendo o naturalismo científico.

Este preocupouse dunha forma central no estudo da evolución non soa do home como das outras especies que coincidiron coa existencia do home no poboamento do planeta Terra.

No entanto, durante décadas, a pesar de haber un acordo científico claro as teses de Darwin, esta teoría estivo no esquecemento dos homes, até ben entrados os anos 30 do século pasado. Rexurdindo coa evolución da chamada “Sínteses evolutiva moderna”, estamos xa na década de 1940.

Mais volvamos ao caso das pandemias, e verificamos, que polo cadro abaixo indicado, temos vindo a verificar, unha maior proximidade desas catástrofes, que sempre acompañan as referidas enfermidades que se propagan como fogo polo planeta que habitamos.

Fechas

Nome 

Perdas humanas

1343/1354

Peste Bubonica ou Peste Negra

Cerca de 50 millóns (1)

1817

Cólera

 

Non existe un numero concreto.

 

1850/ 1950

Tuberculose

Pode ser contada até un billón de persoas

1896/1980

 

Varíola

 

300 millóns

1918

Gripe Española

Cerca de 50 millóns

1918/1922

Tifus               

 

Mais de 3 millóns

 

1981

AIDS (HIV) 

Cerca de 21 millóns

1995/2007/2014

Ebola 

Tres surtos cerca de mais de 20 mil casos mortais

2009

Gripe porcina

Se estima en mais de 500 mil mortos

2020

Coronavirus

Organización Mundial de Saúde (OMS) a declara en 11 de marzo de 2020

     

 

É nesta altura que nos xorde unha pregunta, que por parecer esencial, a noso xuízo, a transcrevemos:

Será que a través da evolución dos seres nos tornamos máis fráxiles?

Inmediatamente nos xorde unha outra pregunta, que servirá de alternativa o até de cumulativa da anterior:

Ou será que os axentes patolóxicos, ao evolucionaren, tamén se tornan máis virulentos, por un lado e se desenvolven máis rapidamente do que antes?

En alternativa, que a destrución medio ambiente do planeta que habitamos, conxuntamente coas dúas cuestións enriba referidas, levan a xustificar que os ciclos das pandemias se teñan acurtado e, tornado tan violentos.

Imos referir, que durante a discusión sobre as teorías da evolución das especies, tamén apareceron primeiro con menos forza, para logo se iren tornando cada vez mais insolentes e elitistas, asociadas a autenticas ondas de insensatez social. Referímonos, ás teorías da euxenia.

Euxenia, em termos literal, só significa a tentativa de uma boa xeración.

No entanto, este concepto estaba relacionado, con unha idea peregrina, de dexenerescencia de unha ou das razas. Mais, estaba asociada a idea fantasmagórica, da pretensa superioridade de unhas razas sobre outras. Esta é realmente a base esencial de que se nutre o racismo.

Esta idea, ten base no desenvolvemento científico, de u primo carnal de Charles Darwin, Francis Galton, para que entendía as teses de seu primo, como un postulado zootécnico, da seleción de razas.

Entre outras das ideas subxacentes era que estas razas se tornarían mais fortes, no só intelectualmente, como sobretudo fisicamente, podendo resistir mais facilmente a enfermidades e a outras cuestións relacionadas con o poderío de cada unha.

Rapidamente esta idea se espallou por todo o mundo, tendo desastrosas consecuencias como é do coñecemento xeral. Asim por case todos os países mais desenvolvidos de entón, se foran criando sociedades cuxo obxectivo era o desenvolvemento da euxenia.

Un dos países que máis pronto puxo en execución practicas de euxenia, foi a Suecia, especialmente dirixida a raza cigana, política exposta nun chamado “Libro Branco”, o propio goberno vén a confesar, perseguir esa raza, durante 100 anos. Aí se mostra que os suecos esterilizaban as mulleres ciganas e retiraban os nenos a seus pais. Máis, os ciganos, estaban prohibidos de entrar na Suecia, xustamente até ao ano de 1964.

Recordemos outro dos exemplos máis tenebrosos da humanidade, a creación en 1927, foi fundado na Alemaña o Instituto Kaiser-Wilhelm de Antropoloxía Hereditaria Humana e Euxénica, que se tornaría mesmo antes de Hitler a peza central dunha nova era para os alemáns. De aí até aos campos de extermino de Hitler, foi só un pequeno paso. Así, e de forma moi calculada, os alemáns aplicaron a euxenia e a eutanasia (nocións contraditorias), a nenos e adultos alemáns.

O máis grave de todo isto, é que coas pandemias, xorde de novo, nalgúns países, as ideas, de selección do ser humano, así como de seus hábitos alimentares, como forma de evitar, os brotes de enfermidades  pandémicas, e en non permitir, a chamada mestizaxe, entre distintas.

O que estamos a ver, é a defensa de determinadas elites, do proceso de selección de razas, aínda que subliminarmente, en partidos de extrema dereita, con aproximacións a prácticas dos anos 30/40 do século pasado (non podemos esquecer os campos de exterminio, non só na Alemaña). Asumindo formas populares e folclóricas.

O que é necesario, é ter a consciencia de que temos que convivir de maneira máis saudábel entre cada un de nós e co planeta en que vivimos, so pena de non haber lugar onde poder permanecer con calidade de vida para a próxima xeración.

(1) Cerca de 1/3 da poboación

(2) Pois aínda hoxe non está completamente erradicada.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.