Inauguración dunha placa na Oliveira por Palestina na Alameda de Santiago de Compostela

Inspirado no movemento anti-apartheid surafricano, BDS insta a presionar Israel de maneira non violenta para que respeite o dereito internacional e poñendo fin á ocupación

Por BDS Galiza

BDS Galiza, a campaña galega de Boicote, Desinvestimentos e Sancións organiza un acto de inauguración da placa na Oliveira situada na Alameda Compostelá co apoio de diferentes colectivas que fan tamén fronte común contra o xenocidio sionista. O acto será este mércores 15 de Maio día da Nakba (“a catástrofe”) de 1948, a primeira gran desposesión e expulsión das terras palestinas a mans da entidade sionista de Israel.

A hora de inicio será as 20,30 e contará con perfomance, música, poesía e micro aberto para as persoas que decidan participar.

ACERCA DE BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións):

BDS é a maior coalición da sociedade civil palestina dende 2005 pola LIBERDADE, a XUSTIZA e a IGUALDADE en resposta aos 76 anos de opresión israelí baixo un réxime de apartheid, limpeza étnica, ocupación e xenocidio.

Inspirado no movemento anti-apartheid surafricano, BDS insta a presionar Israel de maneira non violenta para que respeite o dereito internacional e poñendo fin á ocupación, recoñecendo a plena igualdade das palestinas cidadás de Israel e respeitando o dereito de retorno das persoas palestinas refuxiadas.

Convidamos a prensa e a cidadanía de Compostela a que nos acompañen neste acto .

Dende o río ate o mar Palestina vencerá!!.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.