Conflito comercial ou tal vez non

Unha vez más a EU, se comportou como un grupo de países completamente subxugados aos poderes discricionários dos americanos e, máis, sen sequera seren capaces de procurar, pór en cuestión, se as medidas tomadas polos americanos, eran de interese dos pobos europeos.

Por Jose Vieira | 10/03/2025

Pensamos que até a chegada do novo inquilino da Casa Branca, ou sexa, do novo presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA), Donald Trump, parecía que todo estaba montado e, ben montado, para que a Unión Europea EU), fose a vítima necesaria, para a obtención plena dos intereses comerciais, dos demócratas americanos.

Para a concreción dese desexo, perspetivaran que o camiño a percorrer, esixiría o sacrificio e entrada en crise, da EU, en especial do habitual motor da súa economía, a Alemaña.

Esta situación acabou por carrexar unha situación de tal forma grave para a EU, como sendo a estagnación económica (con evidencias desta-inflación).

Unha vez más a EU, se comportou como un grupo de países completamente subxugados aos poderes discricionários dos americanos e, máis, sen sequera seren capaces de procurar, pór en cuestión, se as medidas tomadas polos americanos, eran de interese dos pobos europeos.

Máis se deixaron enganar, e até fixeron e están a continuara a facer un esforzo absolutamente inútil, de aumentar os seus gasto en material de guerra, importado dos USA, pois, estes estaban a ser premidos polas sus industrias de armamento, que non lles chegaba soamente o material vendido para a guerra da Ucraína e o xenocidio do pobo palestino polos israelitas.

Así o presidente dos USA da altura, Joe Biden, do partido demócrata, impos a compra de armamento para equilibrar as economía americana a todos os seus socios da OTAN (Organización do Atlántico Norte, que fora feita para equilibrar durante a Guerra Fría, o chamado Pacto de Varsovia do espazo comunista de entón), o que é outro timo americano, que tomando o “polo aos dirixentes europeos, foron expandindo sempre para liches – cercando a Rusia para non levantar outras dubidas) é poder cada vez vender máis material de guerra americano.

Aquí nos entra unha conclusión inevitábel,

COMO SOMOS BOBOS OS EUROPEOS!!!!

OU ENTÓN SOMOS UNS COVARDES SEN REMEDIO POSIBEL!!!!

Ese tal presidente dos USA, chegou a inclusive a mandar facer auténticas accións terroristas para criminalizar, o tal presidente da Rusia Vladimir Putin, convencendo como “leit motiv” o enfraquecemento ou até a destrución do todopoderoso presidente da Rusia.

Como un bo dirixente político moderno dun país que dá leccións ao mundo que xira a seus pés, este mesmo demócrata, gardián da ética política dun occidente civilizado, non só apoia, a destrución de material de guerra para poder vender máis no conflito entre a Rusia e a Ucraína, dicindo hipocritamente que debe ser parado a ese conflito, mais estrañamente, faltou a todas as tentativas preparadas para terminar con esa guerra.

Ese mesmo defensor, da ética política e campión da dignidade do home, o defensor das liberdades do home e da súa integridade independentemente de raza e color da pel, apoia, o xenocidio do pobo palestino, por parte do réxime israelita, protexendo e garantindo a súa defensa e xustificación, en todos os plenarios internacionais.

Como sabemos entrou o señor que se segue, un repelente, no respectivo cargo, a quen aos europeos, demócratas e amantes das liberdades elementais, non cae moito ben, se trata como enriba indicamos Donald Trump.

Este repelente no respectivo cargo, é un comisario dos multimillonarios americanos, obtendo a súa elección, cos votos adquiridos polos seus promotores, entre eles Elon Musk (o dono da marca Tesla), que pasa a ser desde a entrada do novo presidente o responsábel pola rentabilización da administración publica.

Estes dous suxeitos, están empeñados nun camiño terrorífico de liquidación de todo o que sexa estado de benestar, aínda resistente nos USA, así como declarar, que o ensino a saúde e demais servizos públicos non poden ser pagados polo Estado.

Mais estes e seus comparsas, non se quedan por aquí, pois, con slogan de que América primeiro, resolveron lanzar man dunha barreira aduaneira, ou sexa, o lanzamento de impostos de entrada de todas as mercadorías que non teña (exclusiva produción dos USA), sido producidas no seu país.

Así comezou esa “danza”, polo México, polo Canadá, Brasil, China, India e como non pola EU.

O lanzamento destes impostos aduaneiro, que segundo este serán perfectamente disuasorios, non son nada máis do que a liquidación do libre comercio, o que parece poderen levar a crear unha oportunidade para rearmar as industrias que foron deslocalizadas, así como outras que estaban obsoletas e as reactivar.

Parece que esta idea non é totalmente orixinal, pois, xa en 1964, o demandante Barry Goldwater, tentou esta idea, ou polo menos, tentou desarmar o estado de benestar, desencadeado polo presidente Rosevelt, ao final da Segunda Guerra Mundial, so a designación do New Deal.

Este novo presidente chegou a afirmar que os USA, nunca estiveron mellores, do que cando fora presidente da América, William McKinley, que no seu mandato, o que ocorreu entre 1897 e o ano de 1901, non tiña aínda o imposto sobre a renda.

Isto non é máis do que a satisfacción, que o actual presidente quere dar aos seus patrocinadores, multimillonarios, equilibrando as finanzas dos USA, sen os impostos significativos (baixando os impostos aos ricos) e naturalmente sen o imposto de encaixe e, para suplir as necesidades financeiras, recorrería aos impostos aduaneiros as importacións.

Terminamos estes, cun recordatorio, que se hai por parte dun país impostos aos produtos que importa, os países prexudicados tamén seguirán o mesmo camiño, a despeito do poderío americano, no momento.

“Quen con ferros mata, con ferros morre”

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.