Continua a crecer o nazismo de Donald Trump

A seguir será a operación de eliminación de Nicaragua ou e de Cuba e un pouco menos inmediato a Colombia

Por Jose Vieira | 5/01/2026

Imos escribir algo moi sucintamente para sexa facilmente contextualizado, en cada un de nós, o que está a pasar no mundo en que vivimos e, poidamos ter unha idea do que nos están a preparar, para o noso futuro e, sobre todo, dos que nos seguen.

Este texto vén a propósito, non só da nota deste primeiro parágrafo, pero como un alerta de algo que aconteceu na Venezuela e que viña a ser preparado, desde que fora electo presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA) o republicano, señor Donald Trump, neste segundo seu mandato, sucedendo ao demócrata, Joe Biden.

Antes de Joe Biden, xa fora igualmente presidente dos USA, tendo deste unha imaxe dun político prepotente e, con desexos imperialistas.

O seu perfil, aparentemente é o dun ditador, pois, parece só ter como límite das súas actuacións, as súas ganas ou das imposicións dos seus financiadores e protectores.

Estes son a oligarquía dos homes máis ricos do mundo e menos demócratas, fraternos e solidarios, que xa algunha vez existiron, á face do planeta Terra.

Nos xurde unha pregunta, sobre este señor, que sempre foi un inversor inmobiliario, tendo sempre intentado fornecer os seus edificios de oficinas para as sedes das empresas, dos máis ricos e que serían os seus financiadores cando este xulgase que podía vencer a súa candidatura polos republicanos.

O interesante da cuestión, é que un único deses inmensamente ricos rexeitou a oferta de Donald Trump inmobiliario, para se instalar nunha das súas torres de oficinas, foi o multimilionário George Soros o home que derrotou o Banco de Inglaterra, na crise da libra, que rexeitou a oferta de Trump.

Podese expor unha serie de elementos que servirán para cada un de nós, procurar ver se o perfil deste señor, enriba referido, se enmarca, neste tipo de persoas.

Así temos:

– Apetencia, polo dominio e o control, usando o poderío militar para eses fins, sobre os máis debeles, impondo unha superioridade.

– Método, o uso da súa forza militar, control político, económico e financeiro, usando a aculturación dos respectivos pobos que somete.

– Roubo e apropiación de recursos, a retirada das materias primas que así deixara de ter que depender dos mercados, creación de espazos comerciais para os seus produtos, os impondo non deixando lugar á competencia.

– Ideoloxicamente, se cre e fai crer, aos pobos dominados, que teñen que adoptar a súa forma política, pois, é segundo el, a única posíbel e lexitima, se trata do seu imperialismo colonial. Lanza para iso as chamadas cruzadas civilizacionais do século XXI.

Estes catro itens, permiten dunha maneira moi práctica avaliar o señor Trump e, a súa displicente ganas de dominar o mundo, ofuscando o chamado poder divino.

Temos moitas dubidas se este señor Trump, posúa unha doutrina política de base estruturada, sobre o que é o imperialismo, mais o que ten á voracidade canibalista de dominación de todo o que está cerca de si o que poida vir nalgún momento perturbar a súa hexemonía de DONO do MUNDO.

El sentese superior, non é importante que este amparado por calquera tratado de teoría política, o que  sabe, é que quere o poder absoluto e, para poder impor esa súa idea, baleira de substrato teórico, mais completamente plena de soberbia e prepotencia, sobre todos os aspectos, utilizará todos os medios de que pode dispor, sexan ou non desproporcionados, ou contra todas a regras legais que rexen ou ten sido as balizas de actuación das relacións entre os distinguidos países independentes.

Diremos mesmo que este presidente, segue a celebre frase atribuída ao rei de Francia Luís XIV, que segundo parece dixen que “o Estado só eu”.

No entanto este se refería a Francia, mais Trump é o manda mais, en todo o mundo ao seu redor, especialmente onde, polo momento pode polo seu exército, e os seus salvaxes membros da súa policía secreta (tropas especiais, tropas de asalto, CIA, FBI e o máis que lle dá en seu xuízo).

Para quen nos se marca, chamamos hai cotexo, o golpe efectuado polas forzas americanas no asasinato de Bin Laden.

Nos quedamos cun dos imperialismo, identificado polo sociólogo americano, Lewis Samuel Feuer, como un imperialismo regresivo, que identifica como pura conquista e explotación inequívoca das riquezas do pobo dominado militarmente, colonizado e gobernado, no caso da Venezuela, segundo os intereses do señor Trump, e desde xa preparando o terreo, para que en todos os países das Américas, do centro e sur, ou prestan toda a vasalaxe ao REI ABSOLUTO TRUMP, ou serán invadidas e destruídas as súas identidades de pobos independentes.

Se nos situamos no sucedido coa invasión e secuestro, polos USA de Trump, presidente da Venezuela, Nicolás Maduro.

O que non nos cadra, é mesmo coas capacidades militares dos USA, e todos os precedentes e a real eficiencia mostrada, nesta operación, non podemos esquecer a oferta que tiña feito ese presidente americano a que axude a arrestar o presidente da Venezuela, que se situaba en 50 millóns de dólares.

Así, como non custa admitir, que alguén traizoo desde dentro ao presidente da Venezuela, ou nunca esta operación podía ser tan limpa.

A seguir será a operación de eliminación de Nicaragua ou e de Cuba e un pouco menos inmediato a Colombia.

Por outro lado, estamos habituados a ouvir as mentiras de Trump, e segundo este mesmo, dixen que ten falado coa actual vice presidente da Venezuela, mais tamén acabou por dicir, que van gobernar a Venezuela e á pracer, facer unha transición cando eles pensaren conveniente.

Xa varías veces temos en textos anteriores, que os americanos o que queren, no caso máis evidente do señor Trump, o que este desexa, é ter toda as Américas, como o seu patio de diversións e, completamente dominados politicamente e económico/financeiro.

El mesmo engadiu, o seu desexo de anexar igualmente, ao norte e sobre o seu dominio a Groenlandia.

Igualmente este señor, entre outros intereses como os que sinalamos no parágrafo anterior, o seu interese polas terras raras, outras materias primas de que este país é fértil e, sobre todo, por posuír as maiores reservas do mundo.

O control do petróleo, por exemplo, entrega de forma case inmediatamente a Cuba, pois, non pode existir sen o petróleo venezolano.

No entanto, pode que exista algo de esperanza e, que non sexa tan pronta esa a situación, de total imperialismo colonial e criminal, pois, este señor, non respecta o DEREITO INTERNACIONAL, pois, restan na América Central un país en franco desenvolvemento e que pode vir a non ser un doce de facilmente ser comido polos homes de Trump.

Mas, tamén pode ser outra sorpresa, na América do Sur, o caso do Brasil, pois, segundo parece o home de Trump, Jair Bolsonaro, está bastante enfermo e, cunha perda total de popularidade no seu país o Brasil.

Estes dous países, poden ser dous osos duros de roer pois, ambos ten os seus propios intereses, que non serán realmente os mesmos de Trump.

A nós, non nos parece sequera, existir calquera perigo dun outro Vietnam na Venezuela. Esperamos que por aquí se fican as ocorrencias.

Terminamos, coa auténtica covardía dunha Unión Europea, acovardada e sometida de xeonllos aos pés do señor Trump, que espera ir debilitando e sometendo cada vez máis e máis gravemente, unha Unión Europea, que aflixe a covardía demostrada e, probabelmente apoiante, sutilmente ao seu patrón USA, que ten como líder imperialista, colonialista e criminal ditador internacional, por infrinxir o dereito Internacional.

Trump non é un innovador, está a copiar, o modelo de expansión territorial, como o seu heroe ADOLFO HITLER.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.