Como van as taxas de xuros no mundo

Así como a colonización económica imposta polos USA, como fornecedor alternativo da Zona do Euro, con prezos especulativos, só podemos encontrar un diagnostico, que nos conduce a un momentos económico que poidamos caracterizar por unha inflación en crecemento

Por Jose Vieira

Estamos en pleno mes de agosto, naturalmente o mes en que a maioría da xente traballadora, en activo, escolle para faceren as súas ferías.

Este período, é naturalmente, desde a moi tempo, considerado como sendo igualmente o momento en que a economía, tamén se autolimita, pois, os recursos humanos, están habituados a aproveitar este momento, en que o sol mostra máis fortemente a súa presenza, como sendo a altura ideal de refacer as forzas. Obviamente menos forza de traballo, implica unha correspondente diminución da actividade económica.

Postas estas consideracións, que son aceptadas polo uso e tradición, no entanto, isto non quere dicir que as institucións que coordinan ou determinan as regras das finanzas e até da economía, se queden nunha letarxia abúlica.

Esas institucións son normalmente os despachos de estudo dos bancos centrais de todo o mundo, que son os “fabricantes” do diñeiro en especie e, como non, os que permiten o aumento ou non da circulación fiduciaria.

Xorden entón, nestas ocasións, múltiples evidencias dos poderes que rexen as actividades. Pola súa parte o Banco Central do Canadá, foi máis modesto, ao castigar a expansión de crédito, pois se quedou polos 2,00 puntos porcentuais, ou sexa, os 200 puntos-base. Á súa vez o Banco Central Europeo, que apoia a 19 países da Unión Europea, como seu banco central, subiu a taxa de referencia, en 0,5 puntos porcentuais, ou sexa, 50 puntos-base e, soamente no pasado xullo.

Este banco, parece se ter quedado curto e, máis, continúa a comprar bonos no mercado.

Non podemos deixar de referir, que a taxa de referencia do Banco Central Europeo (de aquí en diante será BCE), é a cuarta taxa máis baixa, das economías dos países desenvolvidos.

Para que poidamos ter unha posibilidade de comparación, a baixo da taxa do BCE, só se encontra a Suíza, que mesmo subindo a súa taxa de xuro, esta aínda se sitúa negativa, pois, é actualmente do -0.25%, outro país con taxa negativa, é a Dinamarca que despois da subir, recentemente, aínda se encontra actualmente en -0,1%.

Temos aínda que referir que o Xapón, aínda que, coñecedor das movidas dos seus socios, do G7, manten a súa taxa, do -0,1%, desde o ano de 2016.

Finalmente, temos a Bulgaria, que mantén a súa taxa de referencia igual a cero puntos.

O que podemos dicir, é que existe un distanciamento entre a zona do euro e as outras economías desenvolvidas pois, por exemplo, a Islandia xa subira as súas taxas de referencia, a 2,75%, o que é 0,5 % superior ao da FED, como enriba referimos e, que é 2,25%, ou o do que supera en 0,25% o do Canadá que é do 2%, en 0.5% o da Australia que é do 1,75%, ou así como o da Nova Zelandia, tamén en 0,5%, pois tamén é do 1,75%. Con respecto ao Reino Unido e a Corea do Sur, que sitúan sus taxas actuais en 1,25%, a Islandia o supera en 1,5%. Na cola se encontran a Suecia e a Noruega, con 0,75%, ou sexa, igualmente a 2,00% máis baixas que a Islandia.

Como podemos constatar, isto significa, que na área do euro, a subida da respectiva taxa de referencia, parece ser moi cautelosa e, aparece como das que menos foron incrementado. Isto pode significar, que haberá proximamente novas subidas na zona do euro.

Tamén nos parece ser evidente, que polos movementos que se estou a deseñar no horizonte, ser posíbel, aínda este mes, algunhas destas taxas seren rectificadas a alta, esperándose que esas decisións, veñan da Noruega, Islandia, Nova Zelandia e Corea do Sur.

Igualmente, tamén queremos deixar constancia, que das reunións xa incluír na axenda para o mes de setembro, os bancos centrais dos seguintes países; Estados Unidos da América do Norte (de aquí en diante USA), Área do Euro, Reino Unido, Australia, Canadá e Xapón.

Como podemos ver as cousas non están nada paradas, a pesar de estarmos en agosto e, parece que os responsábeis, tan pouco.

O que ten as prazas tensas, é a expectativa, acerca do que vai acontecer nesas reunións xa aprazadas. O que parece correcto é que non vai haber movementos a baixo, pois, perante a conxetura económica actual, só se espera que as taxas teñan unha escalada e nunca unha estabilización ou caída.

Pois, o que é máis que evidente, que coa conxetura política actual, a invasión de Ucraína por parte da Rusia, o rescaldo da crise da pandemia do covid 19, a inflación que deixou de ser crepitante para pasar a asumir valores case galopantes (valores que presentan cifras de dous dixitos), e que se instalou de forma persistente por todo o lado.

Así como a colonización económica imposta polos USA, como fornecedor alternativo da Zona do Euro, aproveitando a ocasión para obter lucros extraordinarios, con prezos especulativos (non nos parece que estean a auxiliar a Europa, especialmente despois, de lle teren imposto o boicot aos produtos rusos e ucraínos que eran substancialmente máis baratos), só podemos encontrar un diagnostico, que nos conduce a un momentos económico que poidamos caracterizar por unha inflación en crecemento, unha economía en recesión e como non, aberta a estagnainflación.

Temos, dunha forma xa bastante visíbel, a estagnainflación, ou sexa, a aparición das súas características no horizonte das economías, mesmo das máis desenvolvidas, coas características referidas; economías estancadas, con crecementos até negativos, unha forte subida dos prezos e unha forte inestabilidade no campo laboral.

No entanto, cremos pensar que non será tan grave como a anterior que nos golpeou o século pasado.

Mais mesmo así, o horizonte, a noso ver e, sen sermos pesimistas, nos parece que “a economía non pinta nada ben”.

Reparemos en tres economías, que aínda que, pertenzan a Unión Europea, que son consideradas como economías emerxentes e, que manteñen as súas moedas nacionais e, comezando pola Hungría, esta aumentou as súas taxas de xuro en 8,35 puntos porcentuais, ou sexa, 835 puntos-base. Debemos aínda referir, que en xullo pasado, este país, subiu dúas veces a súa taxa de xuro.

A outra é a Polonia, que igualmente subiu os seus tipos de 4,75 puntos porcentuais, ou sexa, 475 punto-base.

Por último a Chequia, aumentou as súas taxas de referencia en 3,25 puntos porcentuais, ou sexa, 325 puntos-base.

Non podemos deixar de referir, no conxunto mundial de máis de 200 países, xa cerca de 71 bancos centrais subiron os seus xuros case 230 veces. Isto o que revela, é que o pánico se está a instalar, como dunha ola dun tsunami e, como tal, a loita polo control da inflación parece ser o obxectivo, no momento, que prende todas atencións dos señores dos Bancos Centrais de todo o mundo.

A pregunta pertinente, é se no contexto mundial, están todos a tirar para o certo control deste cadro negro económico, ou algúns, se están a aproveitar dunha forma non ética das dificultades da maioría, de saír a diante.

Reflexionemos sobre quen se está a beneficiar coa situación…

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.