Porque non debemos estar contra os inmigrantes

Se foramos minimamente coñecedores da historia do noso país, así como, da historia mundial, verificamos que está feita a través do desenvolvemento da cooperación da solidariedade, da cooperación e intercambio dos pobos.

Por Jose Vieira | 29/10/2025

Comezaremos este noso texto, por unha pregunta, pois, o que vemos é que pola boca pequena o Partido Popular, se revela completamente contra os inmigrantes, seguindo de preto a política de absoluta repulsa, aos inmigrantes, do seu partido de nai ideolóxica o Partido Vox.

A pregunta que anunciamos no parágrafo anterior é a seguinte:

Serán os inmigrantes o problema ou serán estes a solución?

En primeiro lugar, o que queremos referir é que a política dos partidos, en xeral, son como a estética do pronto a vestir, son susceptíbeis de seguir as alteracións da moda, se movendo en cada país ao sabor dos ventos da comunicación social.

Con isto queremos dicir que “as novas traídas polos ventos” (como dicía a canción), apuntan que a moda, imposta polos intereses dos partidos ultras europeos, impoñen que os partidos en cada país, coloquen como carteis e bandeiras, a xenofobia, como centro de seus discursos, como elementos de creación de estados de alarma, para non falar de impor medo.

O que non conseguimos comprender, é como a poboación non ten consciencia de que toda a historia mundial e, a súa propia, foise nutrido sempre, da mobilidade humana.

Se foramos minimamente coñecedores da historia do noso país, así como, da historia mundial, verificamos que está feita a través do desenvolvemento da cooperación da solidariedade, da cooperación e intercambio dos pobos.

Non podemos, de ningún modo esquecermos que tamén nos fomos emigrantes, que tamén os nosos proxenitores o foron igualmente.

Formulamos de novo outra pregunta e, que pode ser unha abertura para se continuar a clarificar este problema, así temos:

Será que temos complexos de ser nos mesmos, un pobo de emigrantes?

Somos un pobo que se puxo de pé, que se recuperou de inmensos problemas socioeconómicos e, que agora nós queremos mostrar, a todo o pano, como sendo todos “marqueses ou polo menos condes”, nunca manchados por ter que ir servir a outros e desvariados países en busca de mellor vida.

Somos un país que se podía compracer de ter tido un Servizo Social, bastante razoábel, somos un país que se pode compracer de ter unha sanidade publica bastante boa.

Non podemos deixar de querer recordar, a todos que apoian o Partido Popular e a Vox, que ambos a están a liquidar a toda á présa, para que cada español teña que pagar, as consultas sempre que teñan que ir ao médico.

Isto non é o que vai acontecer, esta é a realidade hoxe xa, do que está a acontecer en cada comunidade, onde o Partido Popular goberna coligado o non co seu partido ideolóxico Partido Vox.

Estes dous partidos, están a entregar, as estruturas de saúde pública, que son de cada un dos españois, pois, todos pagamos a súa construción e equipamento, para as entregar a “amigos” por prezos de saldo, ou sexa, case gratuítos.

Mais, o que nos preocupa é que a poboación non quere ver, é que está a envellecer e, como tal, se vai extinguindo, pola lei da vida, e deixará, non soa de estar activa.

Isto implica que os restantes españois no activo, serán cada vez menos e, como tal, será imposíbel aos restantes activos, seren capaces de producir o suficiente para o mantemento da economía (independentemente das mellorías técnicas que poidan ser introducidas).

Unha das maiores dificultades que esta situación carrexa, é a quebra das cotizacións á Seguridade Social, a si como ás arcas do Estado, para poder manter os servizos esenciais á poboación restante.

No entanto, tampouco comprendemos, como a poboación que vota nos partidos que están a liquidar a súa Seguridade social, no Ensino, na investigación científica, e en xeral en todos os servizos públicos, continúan a votar contra si propios.

Só haberá unhas poucas palabras, para definir esta actitude, incoherencia, ignorancia, masoquismo e seren teimosos, irreflexivos e, como dicía a socióloga e escritora, Hannah Arendt – “estúpidamente coherentes cos seus principios de auto flaxelado.”

Claro que, no caso España e de Portugal, hai un factor fundamental a engadir a esta analice social, que é a extrema dependencia da relixión e, por tanto, da súa doutrina, dun só horizonte en que A FÉ TODO RESOLVE.

Infelizmente non é así, pois, a Fe, non paga as facturas, mal estea a saúde pública na man dos privados, como están a facer o Partido Popular e Vox, terán que saír das súas economías, que foron creadas mentres houben Saúde Pública.

Comezaramos este pequeno texto, a dicir que non era correcto a xenofobia, que estamos a importar e a facer o seu desenvolvemento, como calquera moda de vestiario.

Que non debiamos ter vergoña, de asumir que moitos dos actuais cidadáns que se opoñen aos emigrantes, tamén teñen parentes ou coñecidos que foron emigrantes. Non debemos ter prexuízos, respecto a esas situacións. O elitismo é un alcume, destrutivo da sociedade fraterna e solidaria, en que queremos e debemos vivir.

Por estas razoes, é que non debemos de modo algún ser xenófobo, pois, serán os emigrantes os elementos, que ao se introduciren na nosa sociedade envellecida e, substituíndo os espazos que deixaron os postos de traballo, por xubilación, darán continuidade e poderán, por conseguinte manter e desenvolver as riquezas da Nación.

Mais, a entrada de emigrantes é aínda máis importante, pois, eran producir e, estarán como motores da economía e, como tal irán pagar as súas cotizacións sociais á Seguridade Social, contribuíndo así para que os xubilados españois poidan recibir as súas pensións, sen ter que haber recortes e até poidan vir a ser actualizadas.

Mais a entrada de emigrantes non só satisfai as necesidades de cotizacións á Seguridade Social, mantendo equilibrada os fondos monetarios das mesmas, ou mantendo o ritmo produtivo das actividades económicas de España, tamén renovan o tecido comercial do país, creando pequenas empresas e, con iso contribuirán ao enriquecemento do Estado, co pagamento dos seus impostos.

Por todo isto, o que debemos é ser capaces de ser esclarecidos e saber que os emigrantes, ben integrados e ben recibidos e orientados, só nos traen seguranza ao contrarío do que di o Partido Popular e Vox.

Deixemos dunha vez de ser arautos de hecatombes.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.