Como somos manipulados (II)

a utilización dos nosos datos persoais, non se fica só polo campo do consumo, tamén determinan a nosa vontade política, determinando a quen debemos ou non, entregar o noso voto

Por Jose Vieira

No anterior texto, co mesmo título, mais co ordinal I, nos fomos referindo as manipulacións criminais, desenvolvidas sobre todo pola parceria entre Ewen Cameron e a Universidade de McGill en Montreal, no Canadá, subvencionados polos servizos secretos da CIA, e por estes utilizados, nas súas accións criminais por todo o mundo.

Recordamos, que era un conxunto actuacións, xunto de individuos, prisioneiros ou secuestrados por eses servizos secretos da CIA, que a través desas actuacións, aplicadas so tortura, primeiro permitían extraer contra as ganas dos torturados, toda a información que estes posuían.

Mais non se ficaba, por aquí a súa actuación, pois, os imbecilizaba, facendo que os seus cerebros, regredisen ao estado de bebes, para axiña os transformar en auténticos instrumentos ao seu servizo, sen calquera coñecemento dos propios, pois, estaban perfectamente manipulados como máquinas ao servizo da CIA.

Estas accións científicas, de busca dos máis eficaces resultados dos interrogatorios, a través deses instrumentos de tortura, fan recordar outro período negro da historia do mundo en que vivimos, ou sexa dos experimentos do médico ao servizo da Alemaña nazi, nos seus campos de exterminio, que foi o médico Josef Mengele (1).

Estas foron realmente dúas dos máis negros experimentos, coa conivencia da investigación médica, para que fose posíbel por fin a calquera resistencia aos interrogatorios, a través de tortura, cientificamente investigada (digamos unha ciencia sen ética e moi menos moral).

Mais non nos ficamos por eses experimentos efectuados con bases médicas e pasemos a algo que estamos a sufrir, o noso día a día, cada vez con máis intensidade e, dato o perfeccionamento da Intelixencia Artificial, somos sistematicamente, dunha forma cada vez máis determinante, obxecto de condicionamento das nosas liberdades.

Non falamos só das manipulacións a nivel de determinación, do que debemos consumir, cando, como e que cantidade, dos produtos polas grandes empresas que utilizan os nosos datos (e se fala de que estamos sobre protección de datos), que segundo atrás de segundo, esas empresas, deles se apropian, utilizándoos para as súas bases de datos, manipulando dunha forma inequívoca a nosa vontade e orientando os nosos consumos.

Mais a utilización dos nosos datos persoais, non se fica só polo campo do consumo, tamén determinan a nosa vontade política, determinando a quen debemos ou non, entregar o noso voto, aquando dos escrutinios políticos.

Non estamos a falar de ciencia ficción, isto é, tan real, como o é por exemplo, que todos os días o Sol nace para iluminar o mundo en que vivimos.

Quen son as máis importantes empresas mundiais que dispoñen dos nosos datos persoais, os teñen como súa propiedade, os venden ao mellor postor, ou os utilizan eles mesmos para os fins os máis inconfesábeis.

Avancemos con algunhas das empresas que máis comercializan os nosos datos, Facebook, Microsoft, Apple, Google, Meta, Amazon, etc.

Mas non só nos rouban os nosos datos persoais, que despois, venden a empresas que con eses datos determinan cal vai ser a estratexia de marketing, a utilizar, para que consumamos este ou aquel produto neste ou en que momento, como aínda por riba, realizan uns beneficios de escándalo, con esas vendas.

Más, queremos recomendar, a lectura dun excelente libro dunha escritora e activista Naomi Klein, que dunha forma exhaustiva trata este tema, se trata de “A doutrina do Shock”, que ten unha edición na editora Planeta, na colección Booket (Paidós).

Queiramos ou non, estamos no mundo onde se desenvolve a Intelixencia Artificial (IA), segundo o que se vai vendo, a través dos seus adiantos en relación á súa capacidade de se ir autoconstruindo, saíndo inclusive, das mans dos seus creadores, a IA, pode vir a resultar, non nun instrumento auxiliador do home en todos os campos da actividade humana, mais si nun extraordinario elemento, que pode pasar de ferramenta ao seu servizo, nun ditador dos propios seus creadores.

Así poderemos dicir que a Intelixencia Artificial, pasou a ser un elemento altamente alucinante, nas relacións entre o home e a dixitalización intelixente.

Esta creación, designada de IA, creada dunha forma xeral en Silicon Valley, para o mundo que nos cerca, creando un conxunto de alucinacións, que ou son desde xa reguladas, dunha forma correcta, creando un conxunto estruturado para a súa utilización, impondo os límites de actuación ou rapidamente teremos un conxunto alucinóxeno incontrolábel.

Por outro lado, veremos se ela mesma por si só, pode resolver dunha forma, agora regulada conforme indicamos no parágrafo anterior, as seguintes alucinacións:

– Poderá resolver os problemas dos traballos monótonos

– Poderá resolver os problemas da redución das horas de traballo efectivo sen perda de remuneración dos traballadores

– Poderá resolver os problemas existentes das desigualdades sociais

– Poderá resolver dunha vez por todas os problemas do cambio climático

– Poderá resolver dunha vez por todas os conflitos de intereses mundiais

– Poderá resolver dunha vez por todas os problemas de encontrar a forma correcta para todo o mundo, no que toca a forma de goberno do mundo

Son realmente estas 6 preguntas que esperamos, que a Intelixencia Artificial, deberá a noso ver procurar resolver, dentro dun cadro estrutural capaz, en vez de continuar, a ser un instrumento ao servizo dos ricos e poderosos, co fin de poderen manipulara a poboación, no sentido de seren cada vez máis poderosos e ricos, à custa do aumento da desigualdade social.

1) Josef Mengele médico do fascismo de Hitler.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.