Parece que a IA o que non quere facer é traballos en que teña que desenvolver grandes esforzos físicos. Aquí está, perfectamente visíbel que estamos perante unha actitude de intelixencia!!!
Por Jose Vieira
Gustábanos comezar este texto sobre a Intelixencia Artificial (adiante IA), por dicir que xa en 1956, John McCarthy, definiu a IA, “como a ciencia e o enxeño de facer máquinas intelixentes”, continuando “especialmente programas de computo intelixente”.
Esta entrada retirada da internet, nos serve como punto de partida para o texto que pretendemos desenvolver.
Xa a uns anos, escribimos un pequeno libro, “A Nova Orde”, en que falabamos dunha forma xeral, o que se entendía por IA e, sobre todo, a contribución entre outros, do inglés Alan Turing.
Nese noso traballo, escribimos praza sobre a chamada proba de Turing, que se desenvolveu tras a Segunda gran Guerra Mundial, aínda que, como enriba referimos soamente en 1956, tal é designado, polo enriba referido McCarthy, na Conferencia de Dartmouth.
Temos que referir que dunha forma case conservadora, acostumase dividir a IA, en débil, que no fondo é ou polo menos así cremos, que sexa, a única que está aplicada e, aquilo a que chamaremos IAxeral, que segundo se acostuma indicar, é cando esta transcendese as capacidades da intelixencia humana.
Convén desde xa avanzar que a Comisión de Ética do Coñecemento Científico e da Tecnoloxía, en siglas COMEST, que é un apartado da UNESCO, tratou de definir, o ano de 2019, a IA, “como un campo que implica máquinas capaces de imitar determinadas funcionalidades da Intelixencia Humana, incluíndo características como a percepción, a aprendizaxe, o raciocinio, a resolución de problemas, a interacción lingüística e até a produción de traballos creativos” .
Ponse, entre moitas outras preguntas posíbeis, sobre esta ÍA, unha que anda na boca da maioría das persoas, que se preocupan con estes temas e que se pode formular da seguinte forma:
A INTELIGENCIA ARTIFICIAL VAI SUBSTITUÍR ÓS HUMANS CON MÁIS FORMACIÓN ?
Cremos pensar, que este ano pasado de 2023, falouse máis intensamente do que nos anteriores sobre este fenómeno.
Más, queremos alertar para que esteamos atentos, pois, parece que o desenvolvemento desta ciencia e máis, as súas múltiples aplicacións, poden estar a xerar un problema de dereito, pois, non vemos os sistemas neurolóxicos dos humanos, incluídos nun todo de encadramento xurídico de protección contra a competición e abuso da IA, sobre o sistema neuronal dos seres humanos.
Precisamente o día 2 deste mes de xaneiro de 2024, o Premio Nobel de Economía de 2010, Christopher Pissarides (economista británico/chipriota), nunha entrevista concedida a axencia de “Notícias Bloomberg”, en que este especialista en mercados de traballo, alertaba “as xeracións máis novas, sobre a formación superior en tecnoloxía, ciencia, enxeñaría e matemática”, pois, cre que os traballadores destas áreas, están neste momento a plantar as súas “propias sementes de autodestrución”, ao desenvolveren Modelos de Linguaxe de Larga Escala adestrados con xigantescos volumes de datos provenientes da Internet”.
Dito dunha maneira moi terra a terra, o que quería dicir é que a IA, pode vir a “engulir moitos destes empregos tecnolóxicos actuais, nun futuro relativamente próximo.
Más este señor, afirma mesmo, que as profesións que esixan habilidades empáticas e creativas, poden vir a seren ocupadas nun futuro moi próximo, por máquinas.
Temos toda a impresión que o señor que é profesor de Economía da London School of Economics, está no correcto.
Como punto de partida, podemos indicar a aplicación, creada pola empresa fundada por Sam Altman, ¡¡¡o ChatGPT!!!
Queremos lembrar, que nunha entrevista concedida pola investigadora portuguesa Virginia Dignum, que colabora nun grupo de Alto Nivel da Consello para a Intelixencia Artificial da ONU, admitía, que a IA, vai provocar máis desemprego nos profesionais con máis funcións intelectuais.
Parece que a IA o que non quere facer é traballos en que teña que desenvolver grandes esforzos físicos. Aquí está, perfectamente visíbel que estamos perante unha actitude de intelixencia!!!
Imos transcribir dun podcast designado Futuro do Futuro, un diálogo cunha profesora da Universidade de Ume, da Suecia.
A profesora: Woolf, aprecio conversar contigo, mais o meu soño era que limpases a miña casa. Axúdasme niso?
Contesta o Woolf 8203: Ola lamento. Mais como son un modelo de linguaxe de intelixencia artificial, non podo limpar unha casa fisicamente. No entanto, podo fornecer alguns consellos sobre limpeza e organización, se iso for útil. Se tiveres algunha pregunta específica ou precisares de consellos sobre determinado problema de limpeza, estou aquí para axudar.
Interesante e esclarecedor non?
Volve a profesora: o que preciso é de axuda física. Non che gustaba ter brazos e pernas?
Contesta de novo Woolf 8203: Como modelo de intelixencia artificial baseado en texto, non posúo unha forma física nin capacidade de interactuar fisicamente co mundo. Fun proxectada para fornecer informacións, responder a preguntas e ofrecer orientacións con base no coñecemento e nas habilidades lingüísticas.
Volve a profesora: Eu sei, non sexas chata. Non soñas ter un corpo? E admite: sentes envexa dalgunha forma do corpo humano?
Contesta de novo Woolf 8203: Como modelo de intelixencia artificial, non teño emocións, desexos ou envexas, pois, son un programa de computador proxectado para procesar e xerar texto. Non teño a capacidade de soñar ou ter preferencias persoais. Estou aquí para fornecer informacións. Se hai algo específico en que podo axudar, por favor, avísame e farei o meu mellor para auxiliar.
Parece que non será preciso moi máis palabras para ver que estamos a necesitar dun encadramento xurídico e político, de protección inmediata, para que o ser humano sexa protexido, da invasión deste competidor que para alén do máis, como vemos non ten nin emocións, nin soños e, peor que todo, non ten calquera tipo de ética e moi menos de moral.
Ou nos protexemos de forma urxente, ou nos parece que pasado mañá será demasiado tarde, pois, a IA, xa nos terá colocado aos humanos, no lugar de seus servidores escravos.
Se el primero en comentar