Como será a recuperación, algunhas notas para a súa lectura

Por  José Vieira

Este título, ten para nós, unha actualidade tan preminte, que máis se asemella a unha especie de obsesión.

Non é que sexamos dados á futuroloxia, pois somos das ciencias económicas e matemáticas, das previsións si, pero econométricas, todo dentro da lóxica e raciocinio fundamentado na teoría dos xogos.

No entanto, me preocupan o problema a que os nosos ancestrais chamaban e moi ben “o día de mañá”. Será inevitábel preguntar:

Como será a recuperación económica?

Como por diversas veces temos escrito, esta crise económica, esta cabalgada por unha pandemia e como tal, dunha forma ou outra, dependendo do figurino de cada país en cuestión, ao se encaixar con toda a súa incerteza e consecuencias, profundou até situacións imprevisíbel os trends da evolución dos países.

Cabe, necesariamente, buscar os tipos de modelos, que se poden observar e coñecer, nunha calquera conduta dun proceso que sofre alteracións de caídas bruscas e de reactivación da súa actividade.

Dunha forma moi simple, e para dar unha idea non moi complicada, sen recurso ás matemáticas, o que é sempre fastidioso, propomos unha forma moi literal para as distinguidas formas que as curvas dos cadros, que mostran a marcha da economía.

Esta análise, por ser máis simple, non deixa de tamén ser rigorosa, aínda que sexa moi simbólica. Se trata mais do que utilizar as letras, do alfabeto, utilizando as maiúsculas, para explicar o que cada unha significa, en termos da recuperación esperada.

Así temos utilizado entre todos os que nos interesamos por estes asuntos as seguintes letras: V ;  W ; L ; K

Se conseguimos meter estas letras nun eixe de coordenadas Y / X, sendo Y as ordenadas e o X as abcisas. Facilmente, se pode meter entre os seus noventa graos, que fan coas abcisas, vemos que cada letra enriba indicada, dá un tipo distinguido de curva, e como tal, indician recuperacións distinguidas, conforme o formato das referidas letras.

Centrémonos en o V                            

Esta letra mostra unha caída moitísimo pronunciada da economía, mais, no entanto, chegada ao seu punto máis baixo, punto de inflexión, mostra a posibilidade dunha recuperación, igualmente moi rápida. Este é o caso máis interesante de recuperación, a pesar de se ter que contar até onde que caeu, e as súas respectivas consecuencias.

Agora será a vez do W

Reparemos que esta letra, parece resultar, de de os V, pegados. Así o que pode indiciar son dos tipos de retoma, da economía, en que a primeira caída da economía, existe un punto de inflexión rápido, no entanto, a súa forza é vencida por unha nova caída e soamente tras atinxir novo mínimo a economía é capaz de recuperar.

É a vez do L

No caso desta letra, podemos ver unha caída da economía moi máis brusca que nos precedentes tipos, e cando se chega ao punto máis baixo da crise, a recuperación non posúe a forza necesaria e se vai arrastrando nunha recesión continuada. Se trata dun caso moi máis grave que os dous precedentes.

Temos agora a vez do K

Aquí a economía se afunde se unha maneira brusca, no entanto, algúns dos sectores económicos van recuperando dunha forma rápida, mentres, por outro lado algúns outros permanecen, mergullados na crise.

Existe tamén, unha nova e enxeniosa versión dunha curva, que por ter unha semellanza a un punto de interrogación deitado, se asemella ao pronto tipo dunha coñecida marca de zapatillas e calzado de deporte. Falamos do emblema da marca Nike.

Esta curva sinala unha caída da economía máis lenta e cun movemento de recuperación, igualmente lento, que en calquera das situacións de recuperación non alcanza a anterior curva de evolución da economía, se o trend, non fose interrompido por ambas as crises.

As proxeccións dos indican que os PIB, ten sido as medidas utilizadas polos analistas, para diagnosticar as situacións, que mostran a evolución da economía á praza do tempo.

En xeral, a par do PIB, se acostuma verificar, algúns tipos de actuación das persoas e seus comportamentos, en relación ao estado da súa confianza. Por exemplo se acostuma ver a marcha do gasto, en bens duradoiros, e que por tanto son de larga duración e, a súa adquisición, acostuma estar ligada ao grao de maior ou menor esperanza, que  poidan ter no futuro, as poboacións (por exemplo a compra de coches, a construción de novas vivendas, etc.).

A maioría se non a medida utilizada, para a avaliar as marchas das economías, dando orixe aos tipos de gráficos enriba indicados se debe ao comportamento dos PIB s, respectivos en cada país e respectando, pois, aínda existen algunhas distorcións, na súa reformulación.

Cabe agora indicar como se está a calcular o PIB, dunha forma, máis ou menos consolidada, pois é feita de idéntica maneira, polos distinguidos Institutos Nacionais de Estatística (INE) dos países Comunitarios. 

A Eurostat, que é o Taller Europeo de Estatística da Comisión Europea, é quen produce os datos finais, sobre elaboración propia, dos datos dos diversos Estados da Unión Europea, promovendo a harmonización dos métodos estatísticos, que recibe dos INE de cada país.

Así o PIB, é avaliado segundo tres óticas, a de a oferta/procura, do gasto e finalmente do rendemento.

Convén alertar, que esta última ótica, é onde se encontran as remuneracións dos empregados, non correspondendo a un proceso independente do cálculo do PIB. Esta situación se debe a norma do SEC de 2010, que regula o sistema de contas Nacionais.

Explicando un pouco máis con detalle cada unha das óticas temos:

Ótica do gasto os respectivos INE, suman o consumo privado e público, máis o investimento e as exportacións e restan as importacións. Mentres que na Ótica da oferta é neste momento en que se calcula o chamado Valor Engadido Bruto (en siglas VAB). O que equivale a dicir, que á produción se resta o consumo intermedio, nas distintas actividades.

Así, estas dúas óticas son integradas polo INE, a través do chamado cadro de equilibrio (entre recursos e utilizacións).

Ótica do rendemento contempla os rendementos dos empregados os excedentes brutos da explotación (en siglas EBE), os impostos e se restan as subvencións. Cabe alertar, que os INE, calculan o EBE, unicamente como un saldo, partindo do VAB, restan as remuneracións (rendementos dos empregados), os impostos, mais líquidos das subvencións.

Convén esclarecer que os traballadores en situación de “lay- off”, non alteran a composición do VAB e do PIB, pois, o impacto se caída no EBE.

Por último, como xa temos vindo a referir noutros artigos, o PIB, é só unha forma moi tradicional de medir a economía, deixando de fóra moitos dos factores que realmente ditan o estado real das situacións internas de cada poboación no seu respetivo país.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.