Este tipo de fixación televisiva, a acostumamos clasificar, como dentro do deporte, pois, non é outra cousa, senón un deporte de sofá. Con este deporte caseiro, os seus usuarios, conseguen ter o material necesario para poder comunicar entre si.
Por Jose Vieira
A maioría de nós, dunha maneira xeral, somos máis ou menos limitadas, non so nos temas que normalmente non dominamos, así como, nos que dalgunha maneira, pensamos que todo sabemos sobre o mesmo, ou pretendemos saber.
O enciclopedismo, que tanto brillou, na súa altura, se esgotou, practicamente, ao final do renacemento, ou sexa, nos albores do século XVI.
Pensamos mesmo, que coñecer un pouco de todo, mesmo dunha forma diletante (onde non caben os coñecementos máis ou menos profundos nuns cantos temas, sendo estes mesmos en termos absolutos, bastante restrinxidos), está fóra das ambicións da maioría dos mortais.
Como todos sabemos, estamos cada vez máis especializados en menos ámbitos e cada vez sabemos máis de menos cousas. Sendo o cada vez máis, unha parcela cada vez menor do total coñecemento.
Isto non é novidade para ninguén, mais existen algúns campos da actividade humana, que aínda suscitan a curiosidade da maioría e, como non, son dous temas, en que a maioría de nós, non abdicamos de dar as nosas máis doutas sentenzas. Tratase do deporte e, en particular do fútbol e, como non, da política.
No entanto, cada vez máis existe un público, maiormente feminino, que aplica os seus tempos de ocio, a ver como se comportan os seus ídolos particulares, procurando saber con que se deita a señora A, o con quen sae de copos o señor B e, quen traizoa quen e con quen.
Este tipo de fixación televisiva, a acostumamos clasificar, como dentro do deporte, pois, non é outra cousa, senón un deporte de sofá. Con este deporte caseiro, os seus usuarios, conseguen ter o material necesario para poder comunicar entre si.
Por iso, non son temas menores, pois, o ser humano, necesita de se comunicar entre si e, sen motivos para o facer, se torna moi difícil a intercomunicación, se non hai un motivo ou asunto, polo menos aparentemente, que sexa non só atractivo para nós, como para o eventual interlocutor, permitindo así que as persoas se relacionen.
Non deixa de nos chamar a atención, que cando ligado o aparello de televisión, en case todas as canles, con pequenas diferenzas horarias, pois tratase de trabar as batallas de audiencias, se desenvolven auténticas maratona, para entreter o público obxectivo, que o sintonizan.
Nestes estudos televisivos (platós), á volta dun presentador/moderador da respectiva cadea de TV, se xuntan uns cantos “tertulianos” (normalmente unha mestura de xornalistas dos varios cadrantes políticos ou até monocores e por veces coa presenza dalgúns especialistas nas distinguidas materias e, de acordo cos temas do día), señoras e señores, pois, convén dar cabida aos distinguidos xéneros humanos, tamén constituíndo preciosos locais de emprego.
Estes, son en xeral, expertos de temas desde o “jet set” da sociedade, ou sexa, de “comentar a vida e os máis diversos éxitos, de calquera persoa que se distinga, en calquera temas de actualidade económica, financeira, política ou das máis variadas e estraños materias (tamén naquilo a que os nosos avoas chamaban a bisbillotice allea – tamén cognominada de “cotillice”) e, éxitos do máis variado teor.
Estas mesas que normalmente son máis parecidas a barras de bar, voltos para as cámaras que emiten o programa, tamén se caracterizan por unha case unánime colocación do chamado responsábel do programa, como o centro fulcral do escenario, procurando, en xeral, que os comentadores se sitúen pola dereita e pola esquerda, de acordo coas súas posicións políticas máis coñecidas.
Esta tradición de esquerda e dereita, en relación ao animador/moderador e responsábel do programa, recordando un pouco a historia, tivo o seu inicio, durante a Revolución Francesa, ou sexa en 1789 e, como tal en Francia, tendo esta bipolarización, posteriormente se estendido un pouco por todo o mundo.
Claro que nos seus inicios, esta bipolarización tivo a ver coa conceptualización de “valores”, como sendo a igualdade social, a solidariedade, a diversidade, o secularismo, o pluralismo, a creación do Estado Laico, a obtención do ben estar social e como non, da xustiza social para todos.
Tamén estiveron presentes o nacionalismo o militarismo, a autoridade e a identidade nacional, entre outras, tipos de valores.
Por entón, outros valores moi importantes, que referimos, como os empregos, estiveron máis relegados, dato unha visión máis oblicua, para non dicir transversal, como a liberdade, a xustiza igualitaria e como non o traballo, para todos.
No que respecta ao posicionamento, nas bancadas da Asemblea Francesa (local onde se formaron as dúas posicións), os varios grupos, se separaron por circunstancias accidentais, pois, cando se debatía o peso da autoridade real, fronte ao poder da asemblea popular, os deputados favorábeis ao veto real (na súa gran maioría, na altura das clases aristocráticas), se colocaron do lado dereito do presidente da asemblea, pois, era unha postura habitual en reunións onde se respectaba os lugares de honra (que eran a dereita do Honrado).
Como non podía deixar de ser, os que se opuñan ao veto real, colocáronse ao lado esquerdo do respectivo presidente (representaban unha oposición á tradición).
Estes que se colocaron a esquerda, se designaron como sendo o terceiro Estado, ou sexa, os tribunos do pobo.
Estrañamente, na actualidade, o que verificamos, é que non existe, na maioría das democracias occidentais, esa noción de pobo (nos plenos), todos somos aristocráticos e, a noción de defensa dos intereses da totalidade, se esvae en meras ilusións de demagoxia, espuria e confusa.
Foi durante o século XIX, que a dicotomía, esquerda dereita, difundiuse un pouco por toda a Europa, especialmente polos idos de 1830. Esta división tamén acabou por saltar o charco e, chegar as Américas.
Máis tarde, xa ao final do século XIX e inicios do século XX, tamén se transmitiu a África, a Asia e a Oceanía.
Non podemos deixar de non recordar, que as mesas que se promoven nos diversos medios de comunicación, ben falados ben tamén televisionados, ten unha similitude moi próxima cos programas de opinión das grandes cadeas de comunicación dos Estados Unidos da América do Norte (adiante USA), son case sempre copias.
Comezaremos por referir os periódicos de maior tiraxen nos USA, son por orde: USA Today, The Wall Street Journal, The New York Times e o Los Angeles Times. Estes catro periódicos, son a biblia escrita máis popular, e como sabemos os podemos ler, como sendo todos xenéricos. Aínda que nos USA, cada un deles posúe tamén seccións moi especializadas, como por exemplo, noticias de carácter financeiro, de cultura e outras.
Polo outro lado, as principais cadeas de información audiovisual americanas e que están xa espalladas por todo o Mundo son:
National Broadcasting Company (NBC), Columbia Broadcasting System e a American Broadcasting Company (ABC)
Estas tres, son as responsábeis, conxuntamente cos periódicos enriba referidos, os principais vehículos de manipulación das mentes populares americanas (léase informadoras e formadoras no sentido dos poderes financeiros dos USA), así como, moitísimo influentes nas esferas de influencia do líder USA.
No caso concreto, en España, pois, somos uns seguidores ortodoxos de todo o que os americanos nos impoñen ou impón como moda, por intereses económicos (léase guerras localizadas e por encargo, para esgotaren stocks de armamento e outros).
Podemos avanzar sen calquera medo de grandes equívocos, que o propio formato dos programas das nosas televisións, son copias case fiedes, das cadeas americanas. O mesmo en termos de concursos, “reality shows”, etc.
Até é interesante que as redes de comunicación a nivel nacional, emiten series ao principio da tarde e, como non podía ser doutra maneira, os Talk-Shows son emitidos máis tarde, o que tamén copiamos aquí.
Como vemos aquí como do outro lado do charco, se destinan os esforzos, con vista a prender a audiencia e, no caso de transmitir doutrina subliminar, utilizar esas horas en que é maior a audiencias e máis habitual (un bo exemplo dunha serie de enorme audiencia é o Show de Oprah Winfrey, que é todo un programa de educación pro americana.
Tamén en España, estáse a utilizar como sendo o máximo da instrumentalidade, as formas de comunicación dos grandes medios enriba referidos, para obter os réditos que esixen, dos medios de comunicación, os principais partidos políticos que operan no territorio nacional, quere a nivel autonómico e, especialmente a nivel nacional.
Nos referimos ao Partido Popular, a Vox, e ao Partido Socialista Obreiro Español, así como, os autonómicos que están a se implantar a nivel nacional como é o caso do Bloque Nacionalista Galego.
Saímos deste texto, pois, temos que ir ver un calquera programa de “Sálvame de Lux”… ou outro calquera …
Se el primero en comentar