Os dominios do mítico conxuntarían unha Administración ancestral, en paralelo ao ordenamento que, segundo a súa ocorrencia ou comenencia, compoñen e recompoñen os poderes públicos de onte e hoxe.
Levando a auga para o noso muíño, enumeramos as personificacións de Mari Diz: deidade dupla (unha e mais a irmá, parella de vacas: a Gharrida e a Cotela), a vide (acios, bagos, bacelos…), maceira, néboa, enchente, buguina ou corno, cova, tesouro…
Ninguén coma Soto, sentinela da Memoria; ninguén coma Soto para gardar e alentar dende o curuto da Fontedorraca o proxecto do Campo das Laudas, que el tanto agarimou e do que tanto facía gala.
Naquel tempo, acreditar que a electricidade –incolora, inodora e insabora– discorría polos fíos até prender nuns candís carentes de aceite ou carburo esixía unha dose de fe comparábel a admitir que o san Bertolameu era avogoso do raio.