Debemos ter en mente que moitas das medidas así como, procedementos, son dimanados desde Bruxelas, que é o centro neurálxico, onde funciona a “intelixencia” da U.E.
Por Jose Vieira
As próximas eleccións para o Parlamento Europeo, celebraránse entre os días 6 e 9 de xuño de 2024.
Teñen como obxectivo a renovación dos 705 deputados europeos. Son unhas eleccións que se realizan cada 5 anos.
Tras estas renováronse a posterior, os lugares de responsábeis, nas principais institucións europeas, estes 27 países tamén acordarán a nova Comisión que será, o principal instrumento executivo da Unión Europea (adiante será soa U.E.).
Queremos recordar, que a actual composición do Parlamento Europeo, foi adoptada en febreiro de 2018, establecéndose o número de representantes de cada Estado membro. Esta composición, funcionou por primeira vez nas eleccións levadas a efecto o ano de 2019.
Mentres o Reino Unido formou parte da U.E., habían 751 deputados, coa saída do Reino Unido, pasaron o número a ser de 705 (a partir do 31 de xaneiro de 2020).
Convén avanzar, que para manter o principio da proporcionalidade decrescente, 27 dos 73 lugares de deputados do Reino Unido, foron distribuídos entre os países que se mantiveron na U.E.
A repartición destes 27 lugares foi distribuída da seguinte forma:
– Francia 5 – Italia 3
– España 5 – Países Baixos 3
– Irlanda 2 – Eslovaquia 1
– Suecia 1 – Croacia 1
– Austria 1 – Estonia 1
– Dinamarca 1 – Polonia 1
– Finlandia 1 – Romanía 1
O que se pretende dicir con proporcionalidade decrescente é que os Estados máis poboados, dispoñen de menos lugares, que os menos poboados.
No cadro final do texto, indicamos como evolucionou o número de deputados do parlamento Europeo á praza dos seus principais tratados, ou sexa, de Niza e despois de Lisboa.
Tamén é interesante vermos que como evolucionaron os cinco países que máis deputados posúen no Parlamento Europeo, de acordo en dous momentos xa pasados e para as próximas eleccións de xuño de 2024:
Membro | C/Croacia | C/Brexit | En 2024 |
Alemania | 96 | 96 | 96 |
Francia | 74 | 79 | 81 |
Itália | 73 | 76 | 76 |
España | 54 | 59 | 61 |
Polonia | 51 | 52 | 53 |
Os deputados europeos, por España, no Parlamento Europeo, despois do Brexit (saída do Reino Unido), se distribúen por partidos da seguinte forma:
Partido | Número de deputados |
PSOE | 21 |
P.P. | 13 |
CS | 8 |
Unidos Podemos | 6 |
VOX | 4 |
Esquerra Republicana | 3 |
Junts per Catalunya | 3 |
Bildu | 1 |
España, tamén dispón dun número bastante grande de dirixentes na U.E. conforme segue: o Alto Representante para Asuntos Exteriores e de Política de Seguridade, 4 co rango de vicepresidentes e 18 como comisarios.
Como está composta a Comisión Europea:
Esta Comisión é composta por unha dirección política, que é exercida por un equipo de 27 comisarios (o que significa un por cada membro) e, liderada pola actual presidenta da Comisión que é oriúnda da Alemaña, que entre outras atribucións é quen distribúe as respectivas carpetas.
Tratase de Ursula Gertrud von der Leyen (o seu nome de solteira era Ursula Gertrud Albertch), pertence politicamente, ao Partido Popular Europeo. Fora ministra da defensa da Alemaña desde 2013 a 2019, ano a que pasou a presidir a U.E.
As principais institucións da U.E, son as seguintes:
a) Parlamento Europeo.
b) Consello Europeo.
c) Consello da Unión Europea.
d) Comisión Europea.
e) Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
f) Banco Central Europeo.
g) Tribunal de Contas Europeo.
Como se compoñen e algunhas das súas funcións:
No Parlamento Europeo, os deputados están distribuídos por súas familias políticas como segue
Família política | Número de deputados |
Partido Popular Europeu | 176 |
S + D | 144 |
Renew Europe | 102 |
Greens | 71 |
ECR | 64 |
ID | 64 |
NI | 46 |
The Left | 38 |
b) O Consello Europeo está constituído polos xefes de Estado ou de goberno de todos os membros que constitúen a U.E. Máis o Presidente do Consello Europeo e o Presidente da Comisión Europea. O Presidente deste Consello é elixido entre os seus membros, sendo elixido por un período de dous anos e medio podendo ser renovábel, no entanto, só unha vez.
c) Consello da Unión Europea. Este é un órgano, que coordina as políticas dos Estados-membros e como tal é o responsábel, en varios dominios como:
No ámbito de coordinación.
– Políticas económicas e orzamentarias
– Educación, cultura, xuventude e deporte
– Política de emprego
Elabora a política externa e de seguranza común da U.E.
– Define e executa xuntamente co Alto Representante da Unión para os Negocios Estranxeiros e Política de Seguranza da Unión.
– Celebra os acordos internacionais
– Aproba e adopta o orzamento da U.E.
d) A Comisión Europea: esta institución da U.E. é composta polo presidente da U.E., que é electa polos gobernos dos membros da U.E., sendo aprobada polo Parlamento Europeo por 26 comisarios Europeos, dos cales tres son necesariamente vicepresidentes executivos. Esta composición vén desde o tratado de Lisboa e polo Alto Representante da Política externa.
e) Tribunal de Xustiza da U.E. este órgano de xustiza, está composto por un xuíz de cada Estado membro da U.E. e actualmente por 11 avogados xerais. Estes representan as súas conclusións publicamente, de maneira imparcial e independentes, sobre os asuntos que requiren a súa intervención.
f) O Banco Central Europeo, é o banco dos bancos, de todos os países que pertencen a zona do euro. Esta institución ten personalidade xurídica propia e constitúe o núcleo do Euro sistema e o seu Mecanismo Único de Supervisión. O constitúen os Bancos Centrais dos Estados membros que optaron pola moeda única o euro.
g) Tribunal de Contas da U.E. Este órgano comunitario está composto por un individuo de cada Estado membro, designado polo Consello, por un período, de seis anos, renovábel. Os seus membros elixen entre si un presidente, mais só por cada tres anos.
Desde o ano de 1958, foi instituído que a presidencia da Unión Europea, fose exercida de forma rotativa, tendo a duración de seis meses a presidencia de cada membro da U.E.
Cada Estado membro, que exerce a presidencia da U.E., traballan en grupos de tres (as chamadas colaboracións entre tres presidencias), designadas popularmente polos “tríos”. Este sistema foi instituído polo Tratado de Lisboa de 2009. Este trío, prepara os obxectivos comúns de longo prazo e, as cuestións que o Consello debe ir tratar a praza de 18 meses (ou sexa, o tempo en que os tres países están sucesivamente na presidencia da U.E.). Con base nesta programación cada país que irá asumir a seguinte presidencia, prepara o seu programa específico.
A presidencia de España, remata en 31 de decembro deste ano de 2023, tendo o seu trío sido repartido cos Estados Belga e o Húngaro.
Debemos ter en mente que moitas das medidas así como, procedementos, son dimanados desde Bruxelas, que é o centro neurálxico, onde funciona a “intelixencia” da U.E.
Volvendo ao Parlamento Europeo, este ten a súa sede en Estrasburgo, onde se celebran os doces períodos parciais de sesións, cunha periodicidade mensual, tendo incluída a sesión en que adopta a decisión sobre o presuposto anual da Unión Europea.
Os períodos parciais de sesións adicionais son efectuados en Bruxelas. Igualmente as reunións das comisións parlamentarias se reúnen en Bruxelas. Tendo finalmente a súa secretaría de apoio e restantes servizos no Luxemburgo.
Con estas notas, esperamos esclarecer un pouco máis a estrutura da U.E., a que pertencemos e, igualmente temos que atender, en termos de xerarquía xurídica, lexislativa e política.
Cremos que a maioría, o que retemos da U.E., é os nosos documentos de identidade seren únicos e validos en todo o espazo recoñecido, mesmo para alén do propio da U.E., e a moeda única.
Tamén recordamos que de tempos a tempos é necesario acorrer ás urnas para votar os deputados españois ao Parlamento Europeo.
Moito ficará por dicir, en especial como funcionan as institucións, así como o peso específico de cada membro comunitario.
Se el primero en comentar