Clima e cambio climático

Por Jose Vieira

Nestes días, reuníronse os señores que “mandan no mundo” (1) e, como non, no medio ambiente e, que aínda a pesar dos seus moitos esforzos no destruír, aínda nos vai permitindo actualmente respirar, sen recorrer a mascaras de osíxeno (pandemia á parte).

Claro que, esta iniciativa máis, aparentemente benintencionada, nos soa e cheira a hipocrisía desatada.

Recordemos os esforzos dos moito ricos, en conseguir unha nova xesta, a que chamamos de novo ciclo de descubrimentos, o que nos fai recordar que  estamos de regreso aos séculos XIV, XV e XVI (2), ao ver as súas tentativas de sacar un planeta, onde só eles poidan estar e vivir, na paz dos seus miles de millóns (falamos nas viaxes pseudo-turísticas de Elon  Musk e a súa empresa  Space X, de Richard  Branson coa súa  Virgen  Glactic ou  Jeff  Bezos coa súa  Blue  Origen).

Así como dixemos enriba, reuníronse na cidade de Glasgow, na Escocia, a conferencia designada por COP26. Segundo parece todos os países do mundo foron convidados, o que non quere dicir que todos fagan acto de presenza.

O programa da respeticva reunión, foi deseñado para que con encontros parcelares, fose máis susceptíbel de se poder encontrar acordos, que permitisen limitar e reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Esta é máis unha tentativa de chegar a un acordo respectábel, para que o planeta en que vivimos, non se sobrequente aínda máis.

Está naturalmente en xogo a supervivencia das especies e de todos os seres vivos, á praza de todo o planeta Terra.

Esta conferencia COP, promovida polo señor Secretario Xeral das Nacións Unidas (vulgarmente coñecida por ONU), o portugués António Guterres, significa Conferencia das Partes, da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 1992, está chea de boas intencións, en principio e, no entanto, esperemos polo resultado real.

Foi o ano de 1992, que se foron fixadas as bases da cooperación mundial, sobre como respectar de aí en diante, o clima.

Considerouse que a COP26 de Glasgow, debía ter como bases prioritarias, as tres seguintes prioridades:

1) Manter o aumento da temperatura a nivel global como máximo por debaixo ou igual a 1,5 graos centígrados. Isto se conseguiría recortando as emisións rápidas e extraordinarias, con compromisos de emisións cero.

2) Aumentar a financiación internacional para a adaptación, polo menos, a metade do total gasto en accións sobre o clima.

3) Cumprir co compromiso actual existente, de proporcionar polo menos 100 millóns en financiamento internacionais cada ano, para os países en desenvolvemento, para que estes poidan investir nas tecnoloxías ecolóxicas e na protección da vida e medios de subsistencia, contra os efectos de empeoramento climático.

Non nos gusta ser mal pensantes, no entanto, se atentamos para quen compón os gobernos dos países citados, nos parece imposíbel atinxir os obxectivos propostos pola ONU, mesmo que se consiga os respectivos acordos.

Neste momento, non existe ningún argumento suficientemente apoiado en coñecementos científicos honestos, que poida dimitir das responsabilidades das alteracións do cambio climático, das actividades humanas.

Dunha forma clara, están a ser as responsábeis polos efectos negativos, provocados polas alteracións climáticas, as actividades humanas. Cada vez xa van sendo menos, os que amparados polos intereses dos grandes señores do Mundo, en que vivimos, dan apoio ás xustificacións de que non é demoledor para o home o cambio climático.

Non nos gustaría dicir, no entanto, é unha verdade insofismábel, que desde a Revolución Industrial do século XIX, o quecemento global está aumentando dunha maneira tan alarmante, que pon desde xa en risco a nosa supervivencia no planeta Terra.

A razón é que unha cousa é os acordos e outra cousa é a práctica dos respectar. Basta que nos recordemos de que os planos da industria e das finanzas, son coutos privados dos grandes señores, que xamais respectarán eses aínda que modestos obxectivos. Se someteren a controis sobre as súas actividades e intereses son cousas para eles xamais aceptábeis.

Para nos retirar o resto do optimismo que aínda vislumbramos, sobre os resultados deste cume, e sobre todo do seu cumprimento, basta ter a noción que nos acercamos a un crecemento da temperatura de 2,7 graos centígrados, como o que se está proxectando para o final do século XXI e, como vemos, nos estamos é afastando da meta proxectada para o cume de Glasgow.

Isto mesmo constata o Secretario Xeral das Nacións Unidas António Guterres.

Fagamos un pequeno recorrido por algúns datos que son coñecidos de todos, os que andamos nestas actividades, que, no entanto, non é de máis recordar.

Segundo eses mesmos datos, espérase que cerca dos anos 30 deste século (2030), os países producisen cerca do dobre dos combustíbeis fósiles. Isto significa que os respectivos señores do petróleo e do gas, están proxectando un aumento deses combustíbeis e, presuntamente só unha pequenísima diminución na produción de carbón.

É evidente, que o que iremos ver, é a imposibilidade de se conseguir un quecemento da temperatura do planeta, preto aos tales 1,5 graos centígrados.

Para que sexamos conscientes desta situación, imos dar abaixo, os números da proxección esperada para o ano de 2030:

A que imos chamar aumentos esperados de produción:

PetróleoGasCarbón
57%71%240%

Como se pode deducir desde o cadro enriba, sería imposíbel, garantir un aumento do quecemento global, de só 1,5 graos de temperatura. É manifestamente imposíbel.

Falemos do IPCC (cuxo significado é Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático) e, verificamos que existe un gap tremendo entre os compromisos asumidos, conforme enriba se di, e as respectivas proxeccións e, o que se debía facer.

Así, para se conseguir os referidos 1,5 graos de máximo quecemento da atmosfera, de promedio, sería necesario, as seguintes reducións de emisións de CO2, para a meta do ano en cuestión:

«45% menos de emisións en 2030 para os 1,5 graos

«25% menos de emisións en 2030 para os 2 graos.

Isto serían as metas atinxir, para aquela data e temperatura de equilibrio de mínimos.

Non podemos esquecer que dos países presentes nese cume, 113 gobernos ofreceron Contribucións Nacionais Determinadas (as chamadas NDC), se comprometendo, iso si, ás reducir até 2030 en só 12%, tomando como comparación para eses 12% de diminución, as emisións de 2010.

Vexamos o comportamento do grupo dos países que conforman o G20:

Estes teñen destinado cerca, de máis 300 mil millóns de dólares de nova aportación, en fondos relacionados co fomento de actividades con combustíbeis fósiles, isto só desde a declaración da pandemia, ou sexa, desde 2020.

Esta cláusula, que como que anula o que foi destinado polo mensmo grupo a favor das enerxías, chamadas limpas, que non supera os 2%.

Comparemos os valores que eses señores perspectivan para a produción, queima de carbón, petróleo e gas, nada menos do que con 5,9 billón americanos de dólares, só o ano de 2020.

Máis, as emisións acumuladas á praza da historia, dos últimos 100 anos, proveñen obviamente, dos países máis ricos e, que se foron industrializando máis cedo, o que coincide, naturalmente, cos situados na parte norte do Hemisferio Norte.

Así diremos, que existe unha relación directa entre a actividade humana e, o nivel do quecemento global, o sexa da emisión de CO2. Seguramente a eses señores non lles pesa a consciencia social!

Terminaremos este pequeno texto, cuxa intención non é ser máis do que un alerta, para que todos teñamos consciencia, que os que nos gobernan, só obedecen aos intereses dos poderosos e, que pura e simplemente, pasan das súas poboacións, con que se comprometeron en cada acto electoral. Por iso as promesas electorais, dos partidos de protexer, desenvolver, dando a todos unha vida digna e ecoloxicamente saudábel, non pasan de timos obxectivamente de efectos electorais.

Notas:

1) Habitualmente coñecidos polos “Amos do Mundo” ver “El Nuevo  Orden” de José Vieira

2) Falamos do século dos descubrimentos, de Novos Mundos, levadas a efecto polos mariñeiros españois e portugueses da altura.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.