Ao final da Segunda gran Guerra Mundial, os rusos perderon cerca de 27 millóns de cidadáns, que ao sacrificaron as súas vidas, liberaron o occidente do xugo nazi. E a pagada, foi un anticomunismo
Por Jose Vieira
Podemos dicir sen calquera tipo de reticencia, que a medida que ía avanzado a presidencia dos Estados Unidos da América do Norte (USA), durante o mandato do Presidente Henry Truman (cuxo mandato presidencial comezou o día 12 de abril de 1945, rematando o 20 de xaneiro de 1953, e que sucedeu ao falecido Franklin Roosevelt, durante o seu curto cuarto mandato, e ao final da Segunda Guerra Mundial), se comezou a desenvolver, unha certa epidemia política, a que se chamou anticomunismo.
Esta, crecente onda, o anticomunismo, non se explica moi facilmente, pois, debemos lembrar que durante a Segunda gran Guerra Mundial, en que o referido presidente Truman tivo que asumir o liderado do país e da guerra, tivo como un dos seus aliados, no conflito en causa, a Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), que nesa altura, tiña como líder a Josef Stalin.
Para termos unha idea máis clara, de como son de fiedes os americanos, para co restante mundo, que os aplaude sen restricións, dando até a vida ser for o caso, basta recordar que durante a guerra, en 1941, antes dos USA entraren no conflito, o señor Henry Truman, por entón, senador por Missouri, afirmaba nun discurso do referido ano, o seguinte, que traducimos “ipsis verbum” como segue: “se vermos que a Alemaña está a gañar a guerra, debemos axudar a Rusia, se a Rusia estiver a gañar, debemos axudar a Alemaña e desa forma, eles que maten o maior número posíbel uns aos outros”.
Ao final da Segunda gran Guerra Mundial, os rusos perderon cerca de 27 millóns de cidadáns, que ao sacrificaron as súas vidas, liberaron o occidente do xugo nazi. E a pagada, foi un anticomunismo, primario e vingativo, por parte dos dirixentes americanos, que o mesmo impuxo á subxugada Europa, considerando que todo o que viña da Rusia era nada menos fóra de lei e até criminal.
POUCA MEMORIA HISTÓRICA TEN A EUROPA, POIS ACEPTOU E ACEPTA SEN RACIOCINAR TODO O QUE OS ESTADOS UNIDOS DA AMÉRICA DO NORTE IMPOÑEN.
Por medo de que o efecto comunista se propagase aos USA (xamais foron e son capaces de tolerar a igualdade entre as súas xentes), comezouse a deseñar todo un proceso de comunicación masiva, para vilipendiar e propagar que o comunismo era algo que destruiría a moral, o progreso e os cimentos fundacionais dos USA.
Procuraron sempre a destrución dos progresos científicos do pobo ruso, como por exemplo, o de seren os primeiros na explotación do espazo sideral, colocando en orbita a cadeliña “Laica” e como a recuperaron. Esta é unha proba cabal, de que non era verdade que eran un pobo atrasado, cultural incapaz e, volcado ao escurantismo científico.
Así os americanos, comezaron a se estruturar, por forma a crear institucións de espionaxe, investindo cantidades enormes de diñeiro, en corrupción á praza do mundo, tendo como obxectivo, fiscalizar dos posíbeis movementos, das masas, previndo a proliferación das ideas comunistas, non só na USA, mais un pouco por todo o mundo.
O primeiro punto de aplicación, foi naturalmente os territorios liberados como resultaron do tras Segunda Guerra Mundial na Europa e, que determinou un reaxuste do cadro xeográfico Mundial.
Mais as súas tenebrosas mentes, como non, podían deixar de ser tamén estaban cos ollos postos no oriente, onde vislumbraram a posibilidade de encontraren fontes de produción de combustíbeis fósiles, a “prezos de ganga” así como, outras materias primas necesarias as súas industrias.
Como sempre por detrás das súas intencións ideolóxicas, estaba a súa indiscutíbel relixión, que non era e é outra, que a explotación desapiedada económica, de todo o mundo a seu favor.
No aspecto de espionaxe, os americanos, non tiñan unha tradición de tal acción, así que tiveron como colaboración inicial e, de adestramento o M16 do Reino Unido, estes tiñan a experiencia desenvolvida á praza da súa colonización continuada de séculos e que aínda hoxe continúa, de forma agora máis sutil, mas real, que é a Comunidade Británica (British Community).
Antes os americanos, iniciaran o camiño dos servizos secretos, cunha incipiente organización designada por Despacho de Servizos Estratéxicos, cuxas siglas en inglés son OSS.
Deixemos neste momento ese camiño para nos volcarmos, no anticomunismo primario, mais visceral e como non, implacábel dos americanos.
Imos nos referir ao chamado período do “macarthismo”. Esta designación popular, se debe a que o doutrinador e principal impulsionador, foi o senador republicano Joseph McCarthy, que dunha forma implacábel perseguiu todo o que lle “cheiraba” a comunismo e, tamén, se serviu deste motivo, para afastar da súa fronte os seus inimigo políticos.
Este período de terror, tivo inicio ó final da gran Guerra, e se estabeleceu durante toda a década dos 1950. Tratouse dunha certa cruzada, non da relixión católica contra os musulmáns, como o fora as primitivas cruzadas, durante a Idade Media, mais si, de persecución ideolóxica, tendo como obxectivo os comunista e non só. Este senador, tivo como seu brazo armado, inicialmente entón o FBI, que na altura tiña como director, J. Edgar Hoover.
Non podemos deixar de pasar en branco, que a medida que se desenvolvía o macarthismo, tamén chamado “caza ás bruxas”, un actor de cinema aínda moi mozo, chamado Ronald Reagan conseguiu impor un xuramento de lealdade a todos os membros do Screen Actors Guild, que era un potente sindicato e, que na altura, era por aquel actor dirixido. O xuramento era un auténtico rexeitamento as ideoloxías comunistas.
Por certo quen non estivese de acordo ficaba excluído de poder traballar como actor. Era unha confesión forzada de anticomunismo, con todas as letras.
Como todos sabemos, este referido actor de cinema, por certo un mao actor, sobre todo nas películas de cowboys, en que o contrataban, veu a ser un dos máis influentes presidentes dos USA, pois, veu a ser o destrutor das ideas, máis igualitarias nas políticas (socioeconómicas) e, o maior impulsionador das políticas da desigualdade social. Foi o maior impulsionador da chamada Escola de Chicago. Tivo como parceira na Europa, no Reino Unido en igual período de tempo Margareth Thatcher, que foi primeira ministra.
O aumento das desigualdades sociais, son a gran paixón e, deporte preferido dos moito ricos e poderosos americanos e, de certos partidos políticos en España, que están, desde sempre, a ser aplicadas polo PP, desde José Maria Aznar até ao famigerado Feijó e, co a ideoloxía de Vox e co apoio da maioría dos baróns do PSOE. Estas políticas importadas, só serviron para dar continuidade ao réxime de Franco, a pesar da pseudotransición, cousa que non parece desaparecer.
Entón, volvendo ao caso da CIA (Axencia de Seguranza) e, aínda nos albores da súa formación, comezouse a probar, como podía ser eficaz, para parar, a progresión do Partido Comunista da Indonesia (PKI), a pesar ser derrotado, por entón, na cidade de Madiun, na illa de Java Oriental, axudado polo líder independentista Sukarno (esta acción custou a vida ao xefe do PKI).
Tratouse dun primeiro ensaio destinado a orientar o seu desenvolvemento, tras a Indonesia se possa librado, dos invasores xaponeses primeiro, mal terminara a Segunda Guerra Mundial e, derrotando a tentativa dos holandeses, de volveren a colonizar o país. O seu mentor foi o independentista Sukarno, que conduciu o país a independencia.
Conseguiu a independencia, Sukarno, mais, non se librou dos americanos, que como aves que comen os despoxos mortais, pasou a pairar sobre a Indonesia. O grave problema, para os indonesios é que as riquezas petrolíferas do país e doutras materias primas, era o festim desexado polos americanos.
Así, os señores dos USA, contrataron un tal señor Frank Wisner, un anticomunista desde o berce, para tratar de orientar o señor Sukarno, nos camiños da americanización incondicional.
Estaba lanzado o sendeiro da futura CIA.
Cabe entón falarmos do período da invasión dos USA ao Vietnam, que cos bombardeamentos, con bombas de napalm e, mataron poboacións de moitas aldeas, as queimando vivas.
Mais a memoria dos pobos é curta e, agora se recrimina a invasión da Rusia á Ucraína, cousa que tamén reprobamos. Tamén aí, a CIA, practicou as maiores atrocidades cos prisioneiros de guerra, non respectando o seu estatuto, os asasinando, sen contemplacións.
Non debemos esquecer, que todo isto, foi debidamente autorizado, por un presidente dos USA (para que non reste dúbidas – Estados Unidos da América do Norte), católico, amigo e visita do Papa Pio XII (este señor, o Papa, tamén apóiante dos fascistas europeos e dos países do eixe, da Segunda Guerra Mundial), cuxo nome era John Fitzgerald Kennedy.
Entra aquí, a razón do título deste texto, pois se trata da sistemática intervención da CIA, quere no campo militar, quere político, para efectuar a desestabilización do réxime indonesio.
Os elementos utilizados, foron os militares convidados a frecuentar cursos de perfeccionamento político-militar, nas academias americanas e, pasaxe polas escolas de formación para desestabilizadores da CIA e, posteriormente incorporados no exército e nas forzas policiais indonesias. Xa en territorio indonesio, aínda que debidamente manipulados e preparados como anticomunistas convictos e, a pesar deste adestramento, eran seguidos e continuamente adestrados pola CIA local. Seguían para maior seguranza da CIA, sistemas de corrupción por escalóns, para que estivesen sempre nas mans dos axentes americanos.
Así como esta foi unha das primeiras accións xeneralizadas dos servizos de seguranza, da CIA, e dado o local onde se centraba esta acción, pasaron a designar co nome de “Método de Jakarta”.
A razón deste nome, se debe a que esta intervención serviría para examinar e, desenvolver un método que ao ser eficaz e funcional, serviría para aplicar noutros locais, espallados polo mundo, no seu proceso de implantación do IMPERIO DOS ESTADOS UNIDOS DA AMERICA.
Non podemos deixar de lembrar, que este imperialismo, só é distinto do colonialismo pos descubrimentos (de España, Portugal ou Inglaterra), no tempo, pois, a destrución de identidade, esa vai en curso.
Neste momento, queremos rectificar, que o PKI, era moi pouco internacionalista, pois, era fundamentalmente un partido independentista.
Entón debiamos substituír o termo “comunismo” por un socialismo independentista. Por esa razón podemos dicir que o Partido Comunista da Indonesia, non era unha estrita fotocopia do PCUS de Moscova, non era dunha obediencia cega e, sempre seguía, de forma prioritariamente os intereses do seu país e, este partido se reorganizou, por tanto, nesa vertente de socialismo nacionalista.
Mentres tanto, os americanos do señor Wisner e posteriormente do sorridente Jones (HowardPalfrey), se instalaron, “de armas e bagaxes”, na Indonesia, como conselleiros imprescindíbeis de Sukarno ou iso pretendían. Estes foron dous dos iniciadores da CIA, no exterior como grandes xefes. Wisner como o duro empedernido e, Jones como o duro amábel.
Mais o que realmente acontecía era que o presidente do país (Indonesia), non se deixaba manipular, como estes querían e, entón, a CIA pasou a utilizar o camiño dos militares, proporcionando adestramento en academias militares nos USA, seguindo paralelamente, a senda da corrupción, em afastar o eliminar Sucarno.
Con esta acción, moi ben planeada, conseguiron eliminar, matando os opositores aos intereses americanos ou os arrestando, a campos de exterminio, o que realmente era a mesma cousa.
Esta campaña foi dirixida pola CIA, mas realizada, nas distinguidas illas do arquipélago Indonesio, polos militares indonesios, sob a orientación daquela compañía, de malfeitores que daba por o nome de CIA, profisionales da corrupción e manipulación.
Foron entón eliminados, segundo testemuños, nesta primeira acción, máis dun centenar de miles de persoas.
Non obstante, comezaba a despuntar un elemento que recibira a doutrina americana, pois, estivo en estágios en academias militares nos USA e, como non, obxecto dunha corrupción chantaxista, se trataba do xeneral Suharto.
Este era un suxeito cun desexo de poder enorme e, a quen os axentes da CIA, alimentaban o seu “ego” e, que os USA, pretendían sentar no goberno e, retirar o popular presidente Sukarno. O que viñeron a conseguir, a custa de autentico masacre dalgúns centenares mas de miles de cidadáns indonesios nos centenares de illas que compón o territorio.
Nun próximo texto daremos conta, de que os exterminios, directa ou indirectamente, levados a efecto polos americanos e, tendo como brazo instrumental a CIA, non andarán en números, moi lonxe dos levados a efecto por Hitler no período nazi.
Se el primero en comentar