As fugas continuadas de capitais

Julian Assange, é só unha das cabezas máis visíbeis da revelación de segredos, que os “Amos do Mundo” queren preservar, do coñecemento xeral, o por iso o desexan eliminar fisicamente

Por Jose Vieira

Ten aparecido con gran frecuencia, neste inicio do século XXI, unha cantidade de filtracións sobre os movementos de capitais dos señores que os posúen.

Parece que estes movementos, se animaron desde que o señor Julian Assange, resolveu dar publicidade a unha serie de documentos que puñan e pon a descuberto moitas das pobrezas e torpezas, dos ricos poderosos e dos gobernos, que por razoes obvias mantiñan en bo recato, para que os seus súbditos xamais se apercebesen das cousas menos correctas que os que mandan facían.

Quen é ese señor que destapou toda esa trama? Se chama de seu nome completo Julian Paul Assange, nacendo en Townsville en Queensland, na Australia do día 3 de xullo de 1971.

Fundamentalmente é coñecido como sendo un programador informático, periodista, e activista da internet, no entanto é máis coñecido aínda por ser o fundador e editor dun sitio web, que se tornou famoso en todo o mundo co nome de WIKILEAKS.

Este señor revelou unha especial calidade na súa actividade, como programador, tendo coinventado “Rubberhose deniable encrytion”. Este programa está deseñado para ofrecer o que se chama “negación posíbel” contra a “criptoanalises de mangueira de goma”, que estaba orixinariamente concibida para protexer os activistas e os seus cometidos (os dereitos humanos).

Dado que a súa actividade, dende a fundación da Wikileaks, ten sido denunciar os crimes que se cometen ao abrigo dos segredos de estado, e que o grande público xamais se enteraría se non fosen as súas denuncias, a ten cumprido con todo o rigor.

Como tal se tornou un individuo incomodo para os poderes, pois, coa súa capacidade de entrar nos sistemas e, dar a coñecer os “poderes dos Estados”, levou a que estes desencadeasen unha persecución sen piedade, a Assange, sendo considerado un dos homes máis perseguidos do mundo pola interpole.

Despois de ser varias veces prendido e outras tantas liberado dato a non existencia de delitos e, como a súa vida corría perigo, o día 19 de xuño de 2012, un martes, se refuxiou na embaixada da República do Ecuador, en Londres. Este país concedeulle asilo político e, aí se ten mantido, sen poder saír das instalacións diplomáticas do referido país de acollida.

Máis, a Inglaterra, ten a respectiva embaixada, cercada pola policía, non permitindo que ninguén entre ou saia sen o seu consentimento, con vixilancia radio e telefónica.

Este é o premio que o referido señor, recibiu dos países do mundo coa América do Norte a cabeza e, todos os demais, pois, son todos coniventes neses negocios escuros e de todo o xénero posíbel.

Julian Assange, é só unha das cabezas máis visíbeis da revelación de segredos, que os “Amos do Mundo” queren preservar, do coñecemento xeral, o por iso o desexan eliminar fisicamente.

Por outro lado, os máis ricos de cada país, que constitúen o séquito dos “Amos do Mundo”, utilizan as técnicas daqueles, para esconder as súas inmensas fortunas en paraísos fiscais, non pagando os impostos que debían pagar nos seus países.

Ao subtraer dos seus países de orixe, eses inmensos capitais, como dixemos, se furtan a pagar impostos, actitude a que chaman de legal, no entanto, para garantía dos dereitos das liberdades, da seguranza e demais servizos, que esixen dos gobernos onde viven, e que só poden ser fornecidos polos Estados, a través dos ingresos de impostos e, como non pagan o que debían, os ricos viven á custa dos impostos pagados polos traballadores, pois eses si cumpren as súas obrigas fiscais.

Uns auténticos chulos, no certo sentido da palabra. Que se houbese equidade social e unha xustiza de cara humana, serían actos criminais, esas fugas de capitais.

Estes son os sinais de quen nos goberna e súa honestidade en defensa dos seus electores e en calquera parte do globo terrestre.

Os ricos sempre viven á custa dos que menos teñen

Se trata dun auténtico roubo, consentido polos gobernos, que eles controlan, no entanto, debía ser considerado un crime de lesa maxestade, pois é un roubo en toda a regra aos seus paisanos.

Mais, as filtracións sobre as habilidades dos ricos, non están esquecidas, o problema é que as medidas tomadas á posteriori polos respectivos gobernos “son fantasías dunha noite de verao”.

Con isto o que queremos dicir é que o traballo e a investigación de Julian Assange, non foi algo en balde e, así vemos, que moitos e bos investigadores, se teñen implicado a descubrir os segredos gardados debaixo das pedras e, en vez de seren cada vez menores os delincuentes, son cada vez máis e maior o bolo escondido.

Cabe aquí un eloxio ao traballo do “CONSORCIO INTERNACIONAL DE PERIODISTAS DE INVESTIGACIÓN” (A), polo seu incansábel traballo no sentido de perseguir estes delitos.

O consorcio Internacional de Periodistas de Investigación (siglas en inglés ICIJ), é unha rede internacional con sede en Washington D.C. que está constituída por 190 periodistas de investigación, provenientes de 65 países. Data de 1997 a súa creación.

A actualmente o seu director é o xornalista irlandés  Gerard  Ryle

Imos revelar as filtracións máis coñecidas deste século XXI:

Ano de descubertaNome do arquivoIndicación do local de ocultación
2014LUXLEAKSLUXEMBURGO (1)
2016PANAMÁ PAPERSPANAMÁ (2)
2017PARADISE PAPERS(3)
2021PANDORA PAPERS(4)

(1)        – Foron filtracións que foron conseguidas no Luxemburgo, e o tempo do antigo Primeiro ministro luxemburgués e posteriormente presidente da Unión Europea Jean-Claude Junker, onde se revelaron 343 operacións secretas, de grandes empresas e que foron amplamente divulgadas por cerca de 80 periódicos de 36 países. Resultado final, practicamente cero.

(2)        Se tratou dun traballo de investigación xornalístico en que colaborou o español Daniele Grasso de “El País”, sendo localizados, no despacho de avogados do Panamá, de Mossack Fonseca. Se tratou de 11,5 millóns de documentos de fugas de capitais e demais negocios escuros. Traballo efectuado igualmente polo Consorcio Internacional de Periodistas de Investigación.

(3)        Se tratou de investigación do mesmo Consorcio, tendo no seu conxunto, sido descubertos, nada menos de 13,4 millóns de documentos que atestan outras tantas actividades, a noso ver e do mundo en xeral, ilegais e ferintes para os seus respectivos países de orixe.

(4)        Igualmente a paternidade deste descubrimento se debe ao mesmo Consorcio, que desta vez conseguiu filtrar, nada menos do 11,9 millóns de documentos que proban outras tantas fugas de capitais e demais actos delituosos.

Como podemos ver os delitos non paran e o que se  intúe é que os gobernos envolvidos nestas situacións, viran a cara para o lado, pois, como non podía deixar de ser, agarda a súa vez de poder entrar no “negocio”, pola chamada porta  xiratória.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.