existen na comunicación social, varias clases de profesionais, que responden naturalmente a condicións de emprego moi distinguidas e por iso, tamén estarán suxeitas a imposicións, non sempre correctas por parte dos empregadores
Por Jose Vieira
Non é moi dos nosos hábitos escribir sobre o que serve de motivos para a divulgación de noticias ou meras indicacións de imprecisas sospeitas de traxes que irán acontecer nun futuro máis ou menos próximo.
Mesmo así hoxe nos atrevemos a facer o necesario para entrar nese amplo campo en que se espraian a todo o longo e largo, sobre todo os políticos de calquera cor, o que pronto aproveitan moitos dos comunicadores profesionais, indicando que a señora ou o señor tal teñen dito, tal cousa.
Normalmente é así, pois, os profesionais da comunicación, en principio, eses non acostuman, por deontoloxía profesional e dignidade, cometer nada que non teñan unha base ou orixe ben determinada.
Dentro desta categoría de profesionais da comunicación, existen algúns, que por razóns idiosincráticas profesionais, se tornan en voceiras de determinados partidos e, esa “xacobinación”, os torna de certo modo, prisioneiros dos seus patróns.
É máis que evidente, que estes profesionais, ao servizo dos partidos, son empregados de entidades que emiten as noticias dos éxitos e accións a desenvolver e que lles interesan, impondo aos seus homes da comunicación que transmitan esas, como o máximo rigor, do autor ou autores, independentemente, de calquera outra base, que non sexa as “ganas dos patróns”.
Naturalmente que os referidos profesionais, tentan dunha maneira xeral, evitar que esas noticias que dan á luz, non sexa ridiculamente destituída de senso común.
Chegados até aquí, podemos dicir que os partidos políticos, en xeral, interesanse na actualidade, en vez de propor solucións para os problemas, con que se deparan as poboacións que os elixiron, así como proporcionar os adiantos necesarios para a progresión desas mesmas masas, o que fan é ataques de baixo contido ético, aos seus inimigos (neste caso aos partidos opositores dos seus).
Deste modo, queremos dicir, que existen na comunicación social, varias clases de profesionais, que responden naturalmente a condicións de emprego moi distinguidas e por iso, tamén estarán suxeitas a imposicións, non sempre correctas por parte dos empregadores.
É para nós evidente que a utilización de información falsa ou non contrastada, é obviamente unha falta grave e, como tal un atentado a liberdade, pois, onde a mentira se centra e expande, só está a promover e a implantar a ditadura en perpetuidade.
Como dicía en sus escritos António Gramsci “a verdade sempre é revolucionaria”.
O que nos parece é que os nosos políticos, na súa maioría son adidos a dicir falsidades, desde que esas sexan interesantes para impor amargos de boca e situacións comprometidas nos outros competidores, ou sexan os outros axentes políticos.
Claro que estas mentiras, ultimamente, non só están referidas a asuntos de estratexia o a asuntos estritamente de orde política e, por extensión pasaron a se constituír en ataques, persoais a políticos, non só mentres tal, mais en súa vida persoal e, peor aínda, en seu círculo familiar.
Recordemos “A Divina Comedia “de Dante Alighieri, que dividía en dez “Bolgias” (que significa pozos), que estaban unidos por pontes e que describen os círculos do inferno (coñecidos polos círculos do inferno de Dante).
Estes círculos son nove e, de entre estes, escollemos para o caso que nos trae, en primeiro o oitavo, que está especificamente destinado a castigar os mentireiros e, entre estes, os maos conselleiros, os charlatáns, os falsarios e xentes que menten descaradamente.
Segundo Dante, neste círculo atópanse os condenados ao castigo eterno por seren mentireiros e por quen enganan os simples.
Axiña aproveitamos a embalaxe e nos detemos no quinto, onde se encontran a ser supliciados os políticos corruptos e autores das falsidades, e dos negocios escuros.
Temos así, con esta obra de Dante colmado o noso problema das noticias falsas, que dunha forma xeral os comunicadores sociais, intoxican con informas falsas ou menos certas, vehiculadas polos políticos de quenda.
Así o noso ilustre escritor Dante Alidhieri, deixou en dous círculos, a expiaren as súas faltas, quere os que inventaban as mentiras e que as divulgaban.
Infelizmente isto é só literatura, aínda que de extraordinaria calidade e como tal intemporal.
Noa xorde unha cuestión, que se pode expresar da seguinte maneira:
SERÁN AS MENTIRAS SOAMENTE DEMAGOXIA?
Comecemos pola definición do termo Demagoxia e nos aparece como sendo unha práctica política, que pode manifestarse, por exemplo, nun discurso, cuxo fin é predominantemente agradar ou exaltar as masas que o seguen, sobre todo con medios moi pouco lícitos (correctos e certos).
Por outro lado, mentir, a mesma fonte de dicionario de lingua, define como mentir “é dicir cousas que non son verdades coas finalidade de enganar”.
Queremos engadir, antes de proseguir, que segundo o filosofo clásico grego, Aristóteles, demagogo é nin máis nin menos que un adulador populista.
Por esa razón o filósofo en cuestión, consideraba o demagogo, como un mao cidadán e a demagoxia como unha forma de dexenerar a democracia.
Non temos ningunha dúbida de que todas estas palabras a que temos buscado, definicións, se encaixan ás mil marabillas en los políticos de quenda e aos seus dedicados comunicadores sociais, que no fondo son as súas voces altisonantes no mundo en que vivimos.
Na nosa humilde opinión, a demagoxia que representa estas falsidades en cadea, e a falta dunha ética, nas respectivas profesións, quere de políticos quere de comunicadores ao seu servizo, como toda as actitudes oportunistas, diante dos problemas, cunha despreocupación irresponsábel e consciente, das consecuencias sociais, económicas que xorden a continuación.
Podemos no entanto, buscar unha outra definición más evolucionada do que a nosa propia referida no paragrafo anterior, e que define esa reunión de cadea entre o político e o comunicador, que reza así: a demagoxia, non é unha forma de goberno, verdadeiramente dito, nin constitúe un réxime político, e iso, si unha práctica política, que mediante fáciles e ilusorias promesas, pretende a conquista ou o mantemento dun determinado poder persoal, ou até dun grupo, procurando o dereito de interpretar os intereses de todo un país, capturando todo o poder, así como, a representación lexítima ou non das poboacións, podendo até chegar a unha situación de ditadura.
Non podemos deixar pasar a oportunidade de clasificar, eses encadeados demagóxicos, como sendo algo de corte neoliberal populista.
Trátase dunha retórica moi eficaz, os tempos actuais, perniciosa e que está a levar todo o occidente, que se encontra adormecido no seu tren de consumismo sen límites, a se aproximar dunha forma completamente cega a réximes de corte fascistas ou moi próximos destes.
Hai moi que se debía ter posto no camiño que o mundo está a trillar, balizas para evitar que as situacións de desigualdades sociais, fosen menosprezadas por esa mentira que son perfectamente instrumentos eficaces, no sentido de adormecer en “bulos e en falsas promesas” dun mundo mellor, cando ese tal mundo mellor, só irá ser verdade para uns restrinxidos 10% da poboación do globo.
Demagoxia máis mentiras e poboación enganada, para onde nos levades?
Se el primero en comentar