Antifascista detida en Compostela

Loitemos contra a Represión Policial

Por Redacción NR | 4/09/2026

Onte viviuse na nosa cidade, Compostela, unha acción policial represiva que se saldou coa detención dunha antifascista polo mero feito de portar simboloxía antifascista e tentar acceder a un espazo público.

Esta detención produciuse no contexto dunha concentración de carácter racista promovida por distintos partidos de ultradereita e grupos e persoeiros fascistas na Praza do Obradoiro, que intentaban aproveitar a crise humanitaria en Ceuta para sinalar ás persoas migrantes.

Logo da contramanifestación antifascista realizada en resposta á mesma, dúas persoas foron cortadas do paso pola UIP e posteriormente agredidas, sendo esposada unha delas. Instantes despois, varias persoas que nese momento marchaban da manifestación antifascista uníronse na rúa para improvisar unha resposta. Nos momentos seguintes, a policía procedeu a avanzar para retirar ás antifascistas da rúa, increpándoas coa complicidade dos manifestantes de extrema dereita que se atopaban ás súas costas.

Este tipo de intervencións por parte das forzas policiais do Estado non son novidosas nin constitúen casos illados. Dun tempo a esta parte, vemos ampliarse a capacidade dos fascistas para estender as súas mensaxes nos espazos públicos, sinalar a antifascistas e colectivos oprimidos e perseguilos nas rúas. Ao mesmo tempo, a policía actúa decididamente para minar a capacidade da resposta antifascista e as condicións de organización e manifestación das traballadoras.

Sen ir máis lonxe, os fascistas que prenderon lume ás infravendas das persoas migrantes presentes en Ceuta nos últimos días fixérono a plena luz do día con total impunidade, mentres que por todo o Estado crecen as identificacións e retencións ás militantes antifascistas.

A responsabilidade de que isto suceda é política: PP e Vox levan xa un tempo amparando e colaborando co fascismo e construíndo un marco mediático de criminalización do antifascismo. O clima de banalización do fascismo que promoven para auparse electoralmente está detrás destas intervencións, así como da carta branca que os fascistas comezan a atopar cada vez que pretenden estenderse.

Eles, o Estado e os partidos de dereita, son os responsables de feitos vergoñentos como os de hoxe. A detención dunha militante antifascista é un ataque directo aos dereitos políticos de toda a [nosa] clase e un exemplo máis da promoción do fascismo. Somos conscientes de que sucesos como este irán en aumento. Ante isto, o noso deber é impulsar, reforzar e soster no tempo unha resposta antifascista á altura dos feitos.

ASINAN:

Asemblea Antiimperialista de Compostela, Foro Galego de Inmigración, Coordinadora da Mocidade Socialista, Fervenza, Compostela por Palestina, Galiza por Palestina, PCRG, Plataforma Antifascista e Republicana, PCE (ML).

2

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.