![]()
Parece que no momento que precede a caída do goberno de quenda, deron conta de que estaban a alimentar os intereses dos partidos que representan os grandes conglomerados de proprietários exploradores da vivenda
Por Jose Vieira | 28/10/2026
O dia 16 de outubro rematou o prazo para que se poidan inscribir coalicións políticas.
Cremos que debe ser toda unha carreira contra reloxo, no sentido, de ser posíbel que algo se teña conseguido, agrupar sen se trabar entre si.
Mesmo estando a escribir este texto, a millares de quilómetros, de onde se pasan as “chamadas dores de barriga”, no sentido de conseguir os acordos de mínimos para esas coalicións, os ruídos dos tambores soan cunha forza verdadeiramente espantosa.
Mas, porque está de certa maneira angustiada o lado esquerdo da “Asemblea do Povo”, que nos perdoen os nosos lectores, mais non conseguimos deixar de pensar en termos da asemblea francesa, tras a Revolución Francesa.
Nunca deixamos de ter a impresión de que os lugares sentados en tal asemblea, ditaron dunha forma, máis ou menos fixa, de pensar, mais distinguida entre as duas zonas do hemiciclo.
Algunhas veces até chegamos a pensar, que os lugares dos que se sentaron más á esquerda, na dita asemblea e, dado que os lugares serían eventualmente menos cómodos, pasaron a ser máis inquedos e, por tanto, más reivindicativos.
No entanto, a consciencia cívica que sempre nos acompaña, á praza destas notas, me chamaron á atención, dicendo que esa esquerda posicional, evolucionou de tal maneira, que se tornou a representante de todos aqueles, que dunha maneira xeral, se sentían explotados polos señores, que se situaban ao seu lado dereito.
Posto as cousas nesta posición, talvez demasiado conciliadora, cabe nos referir, que o próximo día 29 do mes de novembro, realizaránse, como todos sabemos, eleccións no Reino de España.
Mas haberá necesidade de ir ás urnas?
Pensamos que as encostas xa nos indicaron que iria gobernar, a camiño dun fascismo militarizado.
Claro que as eleccións son un dos actos demostrativos de que o país, se atopa rexido por un princípio democrático (e até teñen unha Constitución como todo o país occidental), para que esa ideoloxia, sexa preservada, sendo entón a poboación, chamada a dar cumprimento a esa “dura” tarefa de se desprazar até a sua mesa de voto e, mostrar que son bos e cumpridores cidadáns.
Algunhas veces, temos tido dificultades en imaxinar, o que acontecería, se neste momento, toda a poboación resolvese quedar en casa, noutras ocasións, fose masivamente votar, mais o fixese en branco e por último fosen masivamente, mais riscasen todas as opcións de voto.
Entón nos xurdiría unha pregunta, que nos ten atormentado:
Deixaríamos de estar en democracia en calquera destes tres casos?
A contestación a esta nosa pregunta, non nos cabe a nós, pois, outros valores máis especializados e con mellores coñecementos dos meandros do politicamente correcto.
Non temos, iso si, calquera dúbida, que sería un problema moi interesante para os señores que, no mundo da política do Reino de España, cortan ou dan as ordes, mais que, escodem despois, o boli con que as NON FIRMAN.
Pasando desta situación, que é coñecida pola maioría dos nosos concidadás, verificamos, por estes días que non existe, por máis recóndita encosta de intencións de voto, calquera dúbida, de quen vencerá as eleccións, pois, todas se inclinan reverentemente, por unha maioría na próxima Asemblea, por parte do Partido Popular, tal vez completado pola sua matriz ideolóxica o Partido Vox.
Realmente, nunca foi realmente moi nítida, as diferenzas entre ambos, tendo até sospeitado, que a separación entre estas duas liñas políticas, ter unicamente que ver, cunha estratéxia de captación de votos e, nada más.
Non obstante, deparamos cun novo fenómeno, que mostra que algo está a pasar de estraño no Reino de España, pois, para alén do fenómeno dos desaloxados dos pisos con rendas antigas e, cuxos pisos foron comprados ao desbarato, por fondos de investimento, “chamados fondos abutres”, teñen levado a poboación a se mobilizar exixindo solucións para os problemas de vivenda.
Se teñen mobilizado, acampando, en prazas públicas, nas principais cidades do país, faga “sol ou choiva” e, asemellandose a unhas antigas xornadas reivindicativas de entón, denominadas dos acampamentos do 15 M.
Tal como entón, están a aparecer nestas mobilizacións os mozos, que pensábamos que só cantaban a “Cara ao Sol”, mais felizmente estábamos equivocados.
Felizmente, agora tamén se están a ver, moitísimos os mozos nestas concentracións.
Mas se pregunta: onde andaron até agora os mozos?
Se nos fixarmos nas votacións que non obstante, ten acontecido, non os temos visto a seren reivindicativos socialmente, mais si, votando preferentemente cos partidos que representan os intereses contrarios aos seus, ou sexa, votando masivamente aos Partidos Popular e Vox. (será por moda?).
Parece que no momento que precede a caída do goberno de quenda, deron conta de que estaban a alimentar os intereses dos partidos que representan os grandes conglomerados de proprietários exploradores da vivenda.
Mas parece que xa non se lembran, que unha anterior alcaldesa de Madrid, Ana Botella, por acaso tamén era e é, a esposa do presidente do Partido Popular e ex-xefe do goberno, José María Aznar, esta vendeu a un fondo “abutre” as vivendas de protección oficial da Comunidade de Madrid. No entanto os mozos seguian completamente cegos a este partido o PP.
Entón o que desexan os votantes do Partido Popular e do Vox, é que estes se instalen no poder e, que o día seguinte e no outro tamén, entreguen a explotación da vivenda, da saúde pública, do ensino, liberalizem os contratos de traballo e os seus despedimentos, eliminar os servizos indispensábeis, o que os votantes deses partidos queren é a implantación do fascismo que tiveron co rexime de Franco.
Más, os votantes dos axentes do mal, os Partidos Popular e o Vox, son os responsábeis por dar o apoio, incondicional, a unha economía de guerra, dicindo a todo que si ao seus patróns, representados polos señores Donald Trump e Benjamin Netanyahu.
Estes son os encargados de pór en marcha e son os responsábeis de conduciren até a unha vía inflacionista (chamada tecnicamente galopante), en que só contan os beneficios cada vez máis crecentes, para os seus patrocinadores (hai que esclarecer, que o señor Donald Trump, asume a dobre posición, ou sexa, simultaneamente un dos homes más ricos do mundo e o político impulsionador de todas as desgrazas sociais) e, está entre os 50 ou 100, máis ricos e poderosos do mundo.
Estes señores dos PP + Vox, entregarán, todos estes bens que eran de todos e, que foron conquistados, con suor e moitos sacrifícios polos nosos maiores, aos exploradores e financiadores das campañas de engano e de falsas promesas deses dous conglomerados do mal.
Deixando de lado esta incursión, a volta dos malefícios da política económica, que eses votantes de dereita se congratulan en apoiar, mostrando sen dúbida que a súa única ideoloxía é seren masoquistas, pois, “canto máis me prexudican máis os amamos e os seguimos cegamente”.
E por iso só poden votar ao PP e ao Vox.
Este surto de votar inexplicabelmente dunha forma ilóxica e non saudábel, está a ser patrocinada por todo o mundo, sendo os máis ricos e máis poderosos, que investiron sumas de diñeiro incalculables, na manipulación dos medios de comunicación, vindo a gañar esta batalla, dato a pasividade das poboacións e a conivéncia dos políticos.
O obxectivo, era crear un falso universo fantasioso, cuxas notícias serían falsas e, pasando a seren dirixidas para os fins dos multimilionários, satisfacendo unicamente os seus intereses.
Así a poboación, acabou por estar convencida polas falsas promesas, falsas notícias, falsas esperanzas de que o futuro sería brillante, debaixo das “patas dun novo fascismo”, que xa se ve, infelizmente aparecer no horizonte.
Infelizmente, os únicos que non veñen chegar o fascismo, coa perda de direitos adquiridos, son os fervorosos áditos aos Partidos Popular e ao Vox.
Así terminamos, pensamos que se trata dun acto de fe, pois, os resultados das eleccións, infelizmente, xa podían ser publicados, mesmo sen teren estas decorrido.
Se el primero en comentar