Por José Vieira
Estamos nunha encrucillada, de situacións tan complicadas, pois se conxugan non só unha pandemia, cos seus rebotes anunciados, como un período en que a economía, mundial presentaba, dunha forma evidente e inequívoca, non so sinais de paraxe de crecemento, como de crise.
Como temos unha e outra vez indicado, que é cando todo vai mal, que se dan as condicións ideais para as mudanzas de rumbo. E nestes casos, canto máis profundas son a crises, máis facilmente son soportabades as mudanzas, por máis profundas que elas teñan que ser.
É por de máis evidente, que as mudanzas, sempre se fan contra algunha cousa e como tal tamén contra algúns dos mortais existentes. Tampouco podemos deixar de recordar, que as mellorías sexan as que for, xamais agradaron en definitivo ao universo dos usuarios. Basta o significado de mudanzas, para que sexan medidas que alteran non soa formas de estar, como a creación de choques entre hábitos (antigos, e novos).
As persoas son profundamente contra todo o que altere os seus hábitos, pois a primeira cousa que ten encontra é dicir que xa os seus ancestrais facían así, e sempre lles tiña ido ben. Son as chamadas reaccións de muro. En que traspor esas barreiras non está realmente, nin nos hábitos nin na educación en xeral da cidadanía.
Para que nos apercibamos do punto en que nos encontramos, basta pensar, que nos encontramos nun plano inclinado, en que continuar, só nos levará a caer no precipicio de forma inevitábel.
E o peor de todo, é que as en vez de se dar a volta de mudanza de camiño, colocan unhas pedras provisionais (uns parches), no plano inclinado, como se fosen suficientes, para que non se non encalen.
Pasemos a enumerar algúns números, que dada o súa simplicidade non necesitan de grandes comentarios para que poidamos entender que nos encontramos cerca dun abismo, e quere o Goberno de Coalición Progresista (GCP), así como os partidos de dereita, se negan a mostrar a luz do día.
Vexamos:
Segundo a ONG – OXFAM
POBOACIÓN EN PROBREZA EXTREMA | POBOACIÓN POR DEBAIXO DO LIMIAR DE POBREZA |
4,4 MILHOES | MÁIS DE 10 MILHOES |
Queremos deixar ben expreso que estes números son referidos ao final do ano de 2019. Como debemos ter presente, actualmente estes valores non están correctos, pois cos confinamentos e as paraxes das empresas, os despedimentos, co sen ERTE, non melloraron, antes pór o contrario, se tornaron perfectamente peores, para non dicir dramáticos.
Porque non saen estes números nos medios de comunicación social?
Por simple manipulación, dos propietarios destes medios o da presión dos seus principais anunciantes, que son os soportes dos referidos medios. Tomemos como exemplo El Pais, este medio de comunicación de gran circulación a nivel non só de España pero até internacional, pertence, de forma xugular, a través das débedas contraídas perante a banca, aos Bancos Santander e BBVA, cunha débeda conxunta de máis de 3.000 millóns de euros, onde se debe xuntar o Banco of America e o HSBC. Como pode contar o que realmente pasa.
ENTIDADES | PARAISOS FISCAIS | BENEFICIOS PERIODO 2008/2010-CRISE |
BBVA | 33 | 23.201 MILHOES DE EUROS |
IBERDROLA | 12 | 19.099 M. EUROS |
SANTANDER | 79 | ? |
INDITEX | 19 | ? |
Como os órganos de comunicación vai informar, que o BBVA, é o que máis inviste en armamento, 2.700 millóns de Euros.
¿Porque con lucros de miles de millóns de euros, Telefónica e Iberdrola, reciben 470 millóns de euros de subvencións do Goberno de España?
¿Cal a explicación que se pode ter de que Inditex, ten un ERTE, de 25.000 traballadores, pagados naturalmente por todos os cidadáns españois?
Non obstante, se aproxima unha proba do “algodón”, para o Goberno de Coalición Progresista, se trata da negociación dos Presupostos para 2021, onde para alén de todas as dificultades de consensos, sofre as presións de axustes fiscais da Unión Europea, ao que se suma as dificultades para configurar o Fondo de Reconstrución Europea, que foi proposto pola Franca e a Alemaña, dentro dun cadro tan pesimista como o que axiña mostramos:
PIB | DIVIDA PÚBLICA | DESEMPREGO |
QUEDA DE ENTRE 10 E 13% | ACIMA DOS 100% | 20 A 24% |
Claro que o Goberno de Coalición Progresista (GCP), o actual, propón e poñen en marcha un Ingreso Mínimo Vital, segundo o ministro responsábel, pola execución e control de tal operación social, nunha entrevista este pasado Domingo día 31 de Maio, no programa Obxectivo da Canle da RT española, este programa será posto en funcionamento pleno este mes en curso.
Fagamos un pouco de historia, para que as persoas podan recordar os percorridos das políticas anunciadas.
Así Unidos Podemos, en seu programa electoral, “ofrecía un subsidio de 10.000 millóns de euros, para o seu IMV (Ingreso Mínimo Vital), logo o PSOE, xenerosamente, en súa proposta falaba de 6.000 millóns de euros. Estrañamente, algúns membros do respectivo goberno, antes de se aprobar o respectivo programa, falaban de 5.000 millóns de euros.
Finalmente se quedou o parche en algo como 3.000 millóns de euros, e pode que teña que haber rebaixas, cando se complemente o IMV, cos subsidios similares que existen nas Comunidades autónomas.
Finalmente temos os seguintes valores para o IMV
Finalmente temos os seguintes valores para o IMV | |
Unidos Podemos | PSOE |
30% | 50% |
Sobre 10.000 M. euros | Sobre 6.000 M. euros |
3.000 M. euros | 3.000 M. euros |
Claro que estes valores a que se chegou estes últimos días, concretados pór o señor Ministro dos Servizos Sociais, non son nada máis de algo que non pasa dunha tirita, para unha ferida do tamaño do mundo.
Como chiste, queremos recordar, que algúns dos creadores deste instrumento IMV, son membros dun organismo chamado Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (por súas siglas AIReF), relucindo entre eles o señor Ministro da Inclusión, Seguridade Social y Migracións, que até fora o seu presidente desde os idos de 2014 até a poucos días antes de ser ministro. Este organismo sempre estivo encontra de calquera tipos de Encaixes Básicas Universais e Incondicionais, e aparece agora a promover esmolas, realmente tería graza, se non fose dramática a situación.
Temos máis, nalgúns círculos políticos, se dá como sendo este Ingreso Mínimo vital (IMV), como “algo de extremadamente importante, sendo até unha conquista histórica, un paso de xigante no Estado de Benestar”.
É por de máis evidente que os festexos en demasía, non son só desnecesárias, como fan prever que algo non foi ben feito, ou que o que endeusamos non o é para tanto.
Xa antes da aprobación do referido IMV, se verificara, por declaracións até de políticos, que estes instrumentos eran manifestamente insuficientes o dito doutra forma limitados. Algúns chegaron mesmo a clasifícalo como un subsidio para pobres, e debemos engadir, as palabras do señor Ministro, que era para os “extremadamente pobres”.
Queremos engadir, que a razón porque as informacións, non só as noticias, como opcións políticas e instrumentos económicos, chegan ao público, destorcidas, destruídas ou como moito manipuladas, o son por imposición dos políticos de quenda no goberno ou pór os seus certos donos, o grande capital, a través de préstamos. Así, as solucións que de verdade, debían ser postas en marcha, para resolver os gravísimos problemas que temos que afrontar, como parecen que afectan ao grande capital, son excluídas do coñecemento do grande público.
Damos, como exemplo a presión dos bancos sobre as cadeas de periodismo, por virtude dos créditos concedidos a eses órganos de información:
Entidade bancaria Credora | Órgano de información Debedor |
BBVA +Santander | El Pais |
La Caixa | La Vanguardia |
La Caixa | El Periódico |
Sabadel | La Razón |
BBVA | ABC |
Volvemos ao de sempre, fagamos unha certa xubilación fiscal, deixemos de lado os favores admitidos no imposto de sociedades ás grandes empresas, prohibimos sobre a forma de fortísimas penalizacións, as empresas que exportan directa ou indirectamente os seus beneficios para os paraísos fiscais, paremos as sangrías das compras de equipamentos militares, controlemos as economías somerxidas, controlemos as empresas que tributan fóra do regímen xeral do Imposto de Sociedades e de capitais.
E entón si, poderemos buscar unha RENDA BÁSICA UNIVERSAL INCONDICIONAL, QUE DUNHA VEZ POR TODAS CONDUZA AS PERSOAS A CERTA DIGNIDADE (por iso é necesario igualar esa RBUI ao limiar de pobreza, restituíndo a dignidade humana que ten sido negada, pola dereita e non soa).
É urxente repor o roubado polos gobernos á Saúde Pública, a Educación a todos os niveis, a Investigación, etc.
Este Goberno, ten todas as condicións, para o poder facer, ten toda a oportunidade do facer, pois é exactamente cando das grandes crises, que se deben e poden facer os grandes e necesarios cambios.
Esperamos que os anuncios de que temos un Goberno Implicado no Social e, segundo anuncia de esquerdas, teña a coraxe do mostrar na practica.
Se el primero en comentar