Alemaña, o faro das dereitas

Como é convencíbel que un chanceler alemá, membro dunha coalición que obtivera o poder en 2021, coa chamada coalición semáforo aceptan propondo un aumento de gasto militar, nada menos do que o dobre até entón.

Por Jose Vieira | 13/03/2025

A pregunta que se pode por, por máis inxenuos que cada un de nós poida ser, se pode formular da seguinte maneira:

Como pode ser que un país votase a cerca de catro anos nun goberno encabezado polo partido Socialdemocrata alemán e, agora dese un xiro de case 180 graos?

Será máis que evidente que a esta pregunta, se sigan montes de preguntas, todas elas con auténticos conxuntos doutras, conformando auténticos labirintos de solucións para elas mesmo.

Non se encontran sequera metáforas que poida simplificar a percepción da situación, pois, cada unha das solucións, ten a ver con comportamentos dos seus dirixentes internos e sobre todo dos intereses impostos por quen se di ser o pai protector e no fondo o que é, de verdade é un tío explotador sen escrúpulos dos seus satélites.

Ao redor da crise máis acentuada dos Estados Unidos da América do Norte (USA), e máis ao mesmo tempo que se desenvolvían os acordos que levarían a construír o gasoduto (Nord Stream – moitas veces coñecido polo gasoduto ruso alemán), o, mais directo, entre a Rusia produtora e, a Alemaña consumidora, que tamén operaba como distribuidora, dos produtos petrolíferos rusos, se deu a alerta americana.

Os alemáns para alén de todo, eran tamén socios, non só na súa construción e distribución dos produtos petrolíferos, como tiña na súa administración o antigo Chanceler da Alemaña, Gerard Schroder.

Por eses tempos, tamén a Rusia era un fornecedor atento e con prezos concorrenciais, das materias-primas necesarias á aínda existente industria europea, e dada a súa existencia europea, non causaba demasiados problemas, na hora dos fornecementos.

Temos de recordar que mentres se construía o gasoduto Nord Stream, a maioría dos produtos petrolífero, pasaba por outros gasodutos, que atravesaban o territorio da Ucraína, cuxo goberno dese país cobraba unha portaxe pola utilización do seu espazo territorial.

Todo ben, até que os líderes americanos, deron conta que as súas empresas e fabricas foron deslocalizadas, deixaron un grave GAP (“buraco”), na súa economía e, que as industrias residuais existentes, non conseguían inverter a situación do déficit produtivo americana.

Máis a economía americana entrou nunha pre-recesión.

¿Como saír desa situación?

Este problema se puxo ao goberno dos demócratas, que non exitaran en se servir da súa prepotencia, na como “donos” da OTAN, para aproveitar e, impor o reforzo efectivo e, de marketing, dun cerco á Rusia, a través das súas bases, desta organización terrorista. Nos USA, non era difícil xustificar ese medo aos rusos, pois, aínda forma parte o ADN americano a caza de bruxas, do senador republicano McCarter (que perseguiu todo e calquera cidadán que se manifestase o simplemente falase a favor da Rusia).

Entón, a través do golpe de estado sanguento promovido e sustentado polos americanos, na Ucraína, destituíron o goberno electo democraticamente, mais como era para a Rusia, levaron ao poder, o antecesor de Zelensky.

Este último, apoiado polos USA, comezaron a se oporen a que os subministro rusos á Europa occidental, que até pagaban dereitos de paso, pasaron a dinamitar os camiños das materias-primas rusas destinadas ao occidente.

Esta actitude levou a que a Rusia tivese de se impor militarmente, contra este estado de cousas, ou sexa, a eliminación do dereito de paso dos seus produtos á Europa occidental, se deu entón a invasión da Rusia á Ucraína como represalia.

Non obstante, os americanos do señor Joe Biden cos ucraínos, dinamitarían en augas danesas o gasoduto que fora pago entre a Alemaña e a Rusia e destinado a fornecer en cada vez mellores e máis baratas e en mellores condicións non só os produtos petrolíferos á Europa, como outras materias-primas que eran esenciais para a industria europea.

Entón os medios de comunicación manipulados polo poder americano impuxeron o necesario espírito para que a Rusia, fose a nai de todas as maldades do mundo e, como tal tiña que ser castigada coas máis duras e violentas sancións económicas. Entre outros castigos serían impedidos de fornecer sexa o que sexa, a Europa Occidental.

Como bos e colexiais meniños, os dirixentes alemáns baixaron a cabeza, se axeonllaron pediron perdón e, deixaron de ter capacidade de competición das súas empresas internacionalmente e entraron alegremente nunha crise imposta polos seus amigos americanos.

Mais o problema non foi só a Alemaña, é que foi toda a Europa.

Cabe aquí recordar, que entón, unha vez máis o “pai tirano”, o señor americano, pasou a substituír, como fornecedor de todo, ou case todo, a Europa. Mais cos respectivos prezos aumentados por 4 ou 5 veces máis. Un certo altruísmo do “pai tirano”.

Mais por outro lado, os rusos, por unha excelente estratexia de sancións económicas impostas polos expertos americanos, viran reforzados os seus superavits financeiros e viran entrar unha correcta melloría coa súa entrada noutros mercados.

Mais a gula americana non se quedou minimamente satisfeita. Así que “ex cátedra”, pasou a ser moito máis imperativa, en relación a venda de armas, das súas empresas de armamento americanas, impondo que os seus socios na empresa terrorista, chamada OTAN, pasasen a alimentar a empresas americanas en tres quendas e con extensión de horarios de produción. O destino destas armas era e son os países que pertencen a OTAN, pois, os americanos, están lanzando o medo dun Terceira gran Guerra Mundial, pois, o seu vendedor de guerras, o tal Zelensky, dixen e di, de forma dramática, que mal os rusos conquistasen a Ucraína, invadirán a Europa Occidental.

Volvendo a Alemaña, como é convencíbel que un chanceler alemá, membro dunha coalición que obtivera o poder en 2021, coa chamada coalición semáforo (vermello dos socialdemócratas, amarelos dos neoliberais e o verde os Die Grüne), aceptan propondo un aumento de gasto militar, nada menos do que o dobre até entón.

Como un goberno desta coalición está permanentemente a enviar diñeiro e armas para que o xenocidio do pobo palestino non pare por parte dos fascistas israelitas (recordemos que cerca de 80% da poboación alemá está en contra, pero o “tío Sam manda).

Aínda mesmo no límite do ano pasado, ou sexa, 2024, o ministro da defensa alemá, que por certo é un socialdemócrata, o sr. Boris Pistorius, dá máis unha “esmola” ao exército alemá de máis de 20.000 millóns de euros, prometendo pasar o seu exército de 180 a 230.000 elementos.

Non podemos terminar este sen dicir que ao mesmo tempo que se dan estes acontecementos na Alemaña como consecuencias das imposicións do anterior goberno americano do “democrata progresista”, aumenta o nivel de desemprego na Alemaña, aumenta o nivel de pobreza na Alemaña, como nunca até ao momento, só comparábel aos momentos anteriores da antiga República Democrática Alemá (a antiga Alemaña comunista)

Case nos esquecemos da actual saña de expulsión dos emigrantes que están na Alemaña. Algo xa anunciado polos gañadores das pasadas eleccións alemás.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.