A cantidade de persoas que viven por debaixo do limiar da pobreza, se aproxima a cerca de 3.000 millóns, nun total de cerca de 7.000 millóns
Por Jose Vieira
Moitas veces somos como que impulsados a non falar de determinados asuntos, por un auténtico estado de vergoña, ao recoñecer a súa existencia.
Esa situación ten a ver co concepto que teñen os cidadáns, en xeral, de que falar de determinadas situacións, é tan penoso, que o mellor é ignorárelas e, así non se destapan as miserias.
Non partillamos este procedemento de ningunha maneira, pois, se non falamos, tantas veces cantas as necesarias, os certos problemas básicos serán ignorados e, postos nas prateleiras co dístico: “o tempo os resolverá.” O que significa realmente, é que eses problemas que colocamos nesa, prateleira = tumba, non nos tirará de modo algún, o noso sono.
Ora, este tratamento, só dá a entender que somos todos un gran bando de inconscientes, vagos e ignorantes, polo menos, no certo sentido das palabras, fraternidade e sobre todo solidariedade.
Por outro lado, estamos habituados a ouvir dicir, que “cada un que olle por si, pois, o ceo olla por todos”. Estes ditos populares, se foron aos poucos introducindo na cabeza das persoas, sendo actualmente como que unha barreira psicolóxica dentro das nosas cabezas.
Vemos mesmo que en sociedades máis familiares e, en lugares menos influenciados polos adiantos e desenvolvementos tecnolóxicos, hai aínda algúns resquícios daquilo a que se podía chamar solidariedade. Nalgunhas aldeas do interior menos desenvolvidas, se unha familia posuía unha cantidade substancial dun produto básico da alimentación tradicional, ofrecía os seus excedentes ao veciño que pasaría dificultades pola falta dese mesmo ben.
Nesa economía de solidariedade fraterna, a que chamamos de consciencia social, buscaban e actuaban coa finalidade de desenvolver unhas certas ganas de eliminación do estado de necesidade, dos seus semellantes (son seres humanos mesmo os que nada teñen para sobrevivir).
No entanto, os expertos en economía neoliberal, cos seguidores de Milton Friedemann (1), á cabeza, chaman de primitiva, anticapitalista e de troco directo, de forma depreciativa e, a clasifican como dos tempos da idade media.
Mais aínda, os tratan como seres marxinades, con elementos espurios da súa sociedade de exploradores e, dunha nova forma de escravitude, agora pintada coas cores das “starups” dos ultras ricos (pois quen non ten un Tesla non é ninguén).
Este tema podía nos levar moi máis lonxe, tanto como a pregunta de porque uns posúen tantos bens e outros nada teñen, porque algúns, posúen tantos miles de hectáreas de terra e, outros moitos, que son a maioría, están desposuídos de calquera patrimonio e, só gozan do firmamento, cando o clima (Weather) lles permite.
Non entraremos aí, hoxe, ou sexa, na imposibilidade de xustificar a propiedade privada da terra. Talvez noutra ocasión.
Xa algunha vez se nos ten posto a pregunta de por que razón hai tantas organizacións non estatais de solidariedade social?
Existen porque os gobernos son incapaces, inoperantes e están ao servizo non das súas poboacións, mais si dalgúns, moi poucos.
Esta aparente contradición sobre a falta de solidariedades e fraternidade, non o é en absoluto, o que é si, a constatación de traxe do que estamos a dicir, o Estado, e os seus acólitos, os que mandan, os chamados “Amos do Mundo”, necesitan dunha forma desesperada, que exista un exército de reserva canto maior e mellor formado posíbel (que son os desempregados, os sen teto, os licenciados sen emprego, os individuos maiores, mais que aínda poden vir a traballar, pois, a explotación ten que continuar.
Todo isto, para satisfacer as súas necesidades de man de obra escrava (véxase o exemplo, no caso de España, a través da Xubilación laboral do señor Mariano Rajoy Brey, coa Lei 3/3012 de 6 de xullo, elaborada e posta en marcha pola señora ministra de traballo, de entón, Fátima Báñez e, como non, promulgada por un señor Juan Carlos R.) e, que por iso, cada vez se torna máis evidente, que a finalidade de tal reforma, era de satisfacer os intereses duns cantos empresarios.
A eventual derrogación de tal Lei, ten tido moitos e distinguidos escollos, case sempre por parte dos partidos de dereita especialmente, por orde de obstrucións, Vox, PP e PSOE e, como non das corporacións de industriais e patróns de empresas de distinguidos ramos.
No entanto, tamén é interesante verificar que, aínda que sexan eses os partidos que obstaculizan a súa derrogación, que permitirían a melloría das condicións de vida das poboacións e, por tanto, aliviaren a escravización das poboacións, esta poboación, continúa a votar maioritariamente, nos partidos que se opoñen a que podan vivir mellor.
Preguntamos:
Estamos perante unha síndrome de Estocolmo? O
Será algo de máis profundamente psicanalítico exista, algo parecido a masoquismo, herdado dos tempos da flaxelación cristiá?
Bo, tampouco nos imos meter en terreo dos estudosos das ciencias sociais e, deixemos aos brillantes estudos sobre este tema, como os que nos proporciona o Profesor Boaventura de Sousa Santos.
Conmemorouse este pasado día 17 de outubro o Día Mundial da Pobreza e, esa data non podiamos deixar de pasar en balde, sen recordar canto nos temos esquecido, da situación en que viven no noso planeta, cerca da metade da súa poboación.
Imos recordar unhas palabras que expresou o señor Secretario Xeral das Nacións Unidas a propósito da situación existente no mundo e, como non, da desigualdade e da barbaridade do sistema de economía prevalente en que vivimos:
“Unha das chaves para acabar coa pobreza infantil é facer fronte a pobreza nas familias, que é onde ela se orixina. Así que o acceso aos servizos sociais de calidade debe ser una prioridade.
António Guterres, Secretario Xeneral de la ONU (2).
Temos que engadir, que esa cantidade de persoas que viven por debaixo do limiar da pobreza, se aproxima a cerca de 3.000 millóns, nun total de cerca de 7.000 millóns.
Esto non é grave é dramaticamente intolerábel.
No entanto, continuamos a ver que nas leis de “auxilio”, aos máis vulnerábeis, a aparecen con expresións como esta: “aquelas persoas que cumpran os requisitos especificamente regulados para acceso á prestación”, e despois das consultar, verificamos que case é necesario ir facer un curso universitario, para as interpretar e poder cubrir os quesitos indispensábeis, para obter a esmola oficial.
E despois, aínda por riba o que se obtén, son prestacións, súper condicionadas, que non acaban de cumprir as funcións, para a cales foron creadas e, todo se fica como antes (unicamente se alimentou unha idea de marketing político e nada máis).
Temos un exemplo que todos coñecemos e, que fixo a ilusión de moitos, que pensaban que era a panaceia para as súas necesidades, falamos do Ingreso Mínimo Vital (IMV), algo que demostrou ser unha política fallada. Mostrou dunha forma máis que evidente, que non había nin ganas de acabar coa pobreza por parte das institucións do Estado (Autonomías incluídas), nin tao pouco a minorar.
Naturalmente, que había e hai, solución, para acabar coa pobreza, así como conseguir o equilibrio económico necesario, a cando o número de horas traballado sexa restrinxido, só que os “Amos do Mundo” queren o seu exército de desempregados dispoñíbeis e ben humildes e agradecidos, sempre que lles mostren unha cenoura.
Claro que a solución é: a Renda Básica Universal Incondicional, quedada coa limitación dos salarios máximos.
Basta de andar a por parches e enganar as poboacións, este problema da pobreza, é algo que ten que ser afrontado, a nivel non só de cada país, mais tamén a nivel mundial.
No entanto, cada un dos países, ten obriga de mentres, resolver o problema da súa poboación, sobre todo no que respecta as súas necesidades básicas. Senón, non é un goberno! É un desgoberno, pagado por todos os cidadáns e unicamente ao servizo dos poderosos e dos ricos.
Nota:
- Profundamente admiradores da escola austríaca, do economista Milton Friedemann, creador e doutrinador do neoliberalismo salvaxe, a través da Escola de Economía de Chicago e, tamén o guru dos “Amos do Mundo”, así como do seu aliado político, o alemán, naturalizado americano e, señor todo poderosos nos Estados Unidos da América Henri Kissinger, responsábel por moitos crimes, entre eles, o golpe militar do Chile, contra Salvador Allende, e a referida represión con centenares de mortos.
- António Guterres é antigo primeiro ministro de Portugal.
Se el primero en comentar