A voz da Memoria

Homenaxe a Chato Galante, incansable loitador pola xustiza

Por Luís Chapela

A loita e a memoria, xa prendera nel desde moi novo, e tivo un punto de inflexión cando un amigo e compañeiro de universidade, Enrique Ruano, morre cando estaba con tres policías da Brigada Política Social de Franco. Hai comezou o seu compromiso en firme contra a dictadura.

Deste xeito nace o Chato Galante, activista, loitando pola liberdade e pola chegada da democracia, que fora roubada co golpe de estado do 1936. Despois veu a longa noite de pedra, onde persoas como o propio Chato, foron presas e torturadas. No seu caso sufriu crueis abusos e torturas da man do sanguinario, Antonio  Gonzalez  Pacheco, coñecido como Billy el Niño. Un sanguinario covarde que nada tiña que ver con aquel vaqueiro do Oeste Americano. Un asasino que para vergoña e burla das persoas de ben, foi condecorado polo estado en plena democracia .

Chato Galante estivo cinco anos na prisión de Segovia, e despois do paso pola Dirección Xeral de Seguridade, onde sufriu todo o que non está escrito. No 1976 e posto en liberdade por mor dunha amnistía. Nunca deixou de loitar polo ben común, pola verdade dunha memoria que sempre nós negaron. Loitou cos colectivos da memoria ao longo de todo o estado, así como o súa gran aportación contra o franquismo e os crimes que este cometeu, na Querela que se comezou en Arxentina.

Coñecín a Chato Galante, nunha das visitas as Illas da Memoria, en San Simón, aquel día o escoitalo falar descubrín a unha persoa entregada para a causa da memoria, pola que levamos tantos anos loitando. Chato era parte desa memoria viva, con moita ilusión nas súas palabras que entraban en nós, tanto nas Illas, como en Pontevedra, en outro acto. Pensei que o camiño que estaba a comezar andar na Arxentina, con persoas como Chato, pudia ter un bo percorrido.

Coincidimos algunha vez máis sempre nestas batallas da memoria. Cando soubemos do seu pasamento, foi coma unha descarga brutal no corpo, os que seguimos está loita da memoria, sentimos que perdiamos o tellado da casa que se estaba construíndo. O corazón encheuse de saudades, de bágoas por un loitador que pouco coñecía, pero era dos nosos, un bo e xeneroso. Unha persoa que sobreviviu os profundos golpes que o franquismo deixou no seu corpo. Un facho que alumeaba nós colectivos da memoria con voz e luz propia, esa luz que prendeu na Arxentina, que coma un faro xa ilumina todo o Atlántico, ata chegar a península, esa que Cesar Calvar dixo que era, Terra de Coellos.

As redes sociais, xornais, revistas ferveron con historias, palabras, poesías que chegaban de todas partes, para recordar a Chato Galante, un loitador que sobrevivira as torturas dun animal salvaxe, o torturador oficial do estado, polo que foi condecorado ante o asombro do mundo. As persoas que sufriron as torturas, as humillacións as familias, eses non teñen dereitos ningúns, todo o contrario intentaron por todos os medios borrar a vivos e mortos. Intentaron borrar a memoria para negar a verdade dos asasinatos, paseos , enterrados en cunetas, fondeados no mar…

Xosé María Chato Galante, deixounos cando tiña moita loita por diante, cando aínda non tocaba, era o garante de que ese faro  iluminara a todas as persoa silenciadas durante o franquismo e tamén agora. A memoria  e unha palabra incomoda neste país, pero seguiremos o camiño que o Chato e outros comezaron. As persoas que andamos nestas lides, somos como as pedras, vamos gastando os días e os corpos por esa causa tan nobre como e a xustiza e reparación, vamos a seguir loitando a pesares de que os inimigos son moitos.

Chato Galante, un fungueiro que para sempre xa e parte da nosa memoria, da nosa loita. Sempre con nós.

Luís Chapela é un poeta de Moaña, publicou varios poemarios: Sendeiros, Sementeira de Orballo, Fendas, e o libro de relatos A calor da lareira. É membro de la Asociación da Memoria Histórica de Cangas 28 de Agosto e presidente de la Irmandade do Dolmen.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.