Ó pan, pan. Ó viño, viño.

Resultado de imagen de ilegalizar vox

Por Telmo Varela / Vigo Antifascista

Calquera persoa de esquerdas e con dúos dedos de fronte sabe que o franquismo foi un réxime ditatorial, que non admite máis ideoloxía e formas de pensar que a súa propia. Era un réxime totalitario, xenófobo, patriarcal, racista…, hoxe ninguén dúbida diso. É pasado, e polo tanto asumíbel: Franco foi un ditador, e o seu réxime fascista.

É «fariña doutro costal» cando pasamos a analizar a actualidade. VOX é un partido totalitario, xenófobo, patriarcal, racista, fascista… ¿vos soa?. Nunca condenou a ditadura nin o fascismo. Os militares que queren exterminar a 26 millóns de españois «son xente nosa» din todos orgullosos. Ben, as coincidencias de VOX co franquismo son as mesmas. Como unha pingueira de auga a outra.

Que fan os «gobernantes»  para ilegalizalos!? Absolutamente nada, ó contrario, danlle máis folgos. Pedro Sánchez considérao un partido de Estado. E tanto que o son!! Alberto Garzón os defende póndose do seu carón e enfronte dos antifascistas que, con valentía e coraxe, fixéronlle fronte nas rúas de Catalunya, para impedir que as rúas sexan novamente dos fascistas. Garzón condena “todo tipo de política que non sexa exercida coa palabra” tras os actos de resposta popular contra Vox en Catalunya. Con este posicionamento queda claro de lado de quen está Garzón.

VOX ameaza de morte a independentistas cun arma de fogo, esta é a liberdade que gústalle aos nazi-fascistas, e que Garzón ampara coas súas declaracións. Nos mitins Ortega Smith corea “a por ellos, oh, eh, oh, eh” e os dirixentes políticos dan a resposta por calada. Non oímos a Garzón pronunciarse, é algo significativo. Tampouco condenaron cando as furgonetas de Vox arroian os manifestantes, e en lugar de aminorar a marcha, aceleraron máis sabendo que estaban atropelando á xente.

Ata cando soportaremos que os fascistas campen a súas anchas na vida política, organizando a elementos do exército, dos corpos represivos, da xudicatura, dos medios de comunicación… Os antifascistas sabemos en que acaba isto. Quen non queira velo é que ten outros intereses, diferentes os da clase obreira e dos sectores populares.

Dende “Vigo Antifascista” pensamos que chegou a hora de devolver os golpes, e os improperios que de cotío sufrimos dos fascistas e dos seus aprendices; chegou o intre de devolver os golpes, e darlle o seu merecido a todos aqueles que de cotío nos fan a vida máis difícil, ou máis tarde teremos que reprocharnos non haber feito nada.

É hora de pensar en protexernos, xa que ninguén o vai facer por nós. É imprescindíbel asumir o noso propio rol na historia. Como xa dixemos en outras ocasións, a acción directa das masas é o único recurso para enfrontar i esmagar a intransixencia fascista. A loita directa das masas sempre crea debate, porque os partidos de “esquerda” encóntranse cómodos facendo política dentro dos limites permitidos pola sacrosanta Constitución do 78, nos espazos electorais e parlamentares, que en nada solucionan os problemas reais que padecemos a crase traballadora e amplísimo sectores populares.

É imprescindíbel criar un amplo movemento de masas que encare ó fascismo con valentía e determinación, do contrario, cada día terá máis presenza. De fato, o discurso de Vox vai onde a xente o está pasando moi mal, a malmeter e intentar pescar adeptos e votos.

Hai que ilegalizar a VOX antes de que sexa demasiado tarde.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.