Israel é unha potencia nuclear, completamente a marxe de calquera control, é por iso un país, que permanece á marxe da lei e dos acordos internacionais, non admitindo calquera decisión da ONU.
Por Jose Vieira
APARTHEID palabra de orixe holandesa, que significa apartamento ou separación, era empregada polos holandeses na África de Sur, para indicar, que había unha África do Sur para brancos e outra para os separados ou excluídos cidadáns doutras cores. Acabou por ser sinónimo de “separación racial” que significa apartamento.
Este sistema de convivencia separada, de distinguidas poboacións, en determinado territorio, foi sendo amparado por un conxunto de leis, para deren xustificación legal, á discriminación levada a efecto, no territorio e, o caso máis coñecido, que máis se identifica coa noción enriba referida, é o “apartheid” que proliferou na África do Sur, até a súa abolición por un acordo entre Nelson Mandela (xefe da oposición ao réxime) e Klerk (sendo este en na altura o primeiro ministro do país).
Este sistema foi implantado polos colonos brancos, en relación ás poboacións autóctonas de maioría negra e india. Esta poboación branca era composta, esencialmente de colonos holandeses e de ingleses.
Esta poboación acabo por se afrontar, no virar dos séculos XIX/XX.
A poboación branca responsábel por este réxime socialmente abxecto, foron esencialmente a colonia holandesa, así como os emigrantes de orixe inglesa.
Estes dous pobos disputaron o dominio do referido territorio da actual África do Sur, tendo inclusive chegado a unha guerra interna, no inicio do século XX, ficando coñecida como a Guerra dos Boers.
Consideramos a segunda guerra boers que se desenrolou desde 11 de outubro de 1899 até 31 de maio de 1902. A razón, como case sempre, estivo ligada a intereses económicos, dado que os ingleses lles interesaban ligar a África do Sur coa Suacilandia, ambas repúblicas, ricas en ouro, ferro e por riba de todo diamantes.
Os boers, descendentes dos holandeses, eran os ocupantes deses territorios desde 1830 e, non se conformaron coa imposición inglesa e loitaron pola súa independencia. Ao final os ingleses gañaron a guerra e incorporaron a África do Sur, na súa Comunidade.
Como anécdota, queremos referir que nesta guerra, estivo como combatente, Winston Churchill, que foi o primeiro ministro da Inglaterra e, o seu gran condutor, durante a Segunda gran Guerra Mundial, esta trabada o século XX (entre os de 1939 e 1945).
No fondo, cando se aparta unha persoa ou un grupo de persoas de partillar toda unha sociedade, o que estamos a facer, non é máis do que, en tempos actuais, o que se facía os tempos da escravitude. No fondo, é admitir, que por razóns de cor de pel, de relixión o de orixe territorial, as persoas apartadas son inferiores ou como mínimo, inimigo.
Quixemos focar o caso do apartheid (pois, a palabra está intimamente ligada ao caso surafricano), no entanto, infelizmente non se quedou só aí.
Non podemos deixar de recordar, que a escravitude, que proliferou á praza da historia deste mundo, sempre foi unha historia clasista e onde se desenvolvía un afastamento, que non era outra cousa do que un apartar dos señores, aqueles seres humanos, a que aqueles consideraban inferiores.
Igualmente, desde tempos inmemoriais, foron sempre considerados os pobos de raza negra, como seres inferiores e como tal, equiparados case sempre a escravos. De aí o estatuto de seres apartados, ten raíces moi profundas na historia social do noso mundo.
De paso chegamos ao Terceiro Reich alemán, e naturalmente ao seu réxime fascista (tamén cognominado de nazi).
Neste país, dirixido por entón por fascistas, que desde agora chamaremos soamente nazis, tendo como principal líder Hitler, este chanceler alemán, conseguir facer pasar a idea de que os xudeus que proliferaban na Alemaña en primeiro lugar, non só ocupaban lugares importantes, así como detiñan o control de moitas das industrias e das finanzas do país. Para este nazi, este pobo era un inimigo a abater, para poder dispor do control da economía e, ocupar coas súas xentes os lugares de importancia estratéxica que estes ocupaban.
Así, os nazis alemáns decidiron facer a eliminación dos cidadáns de orixe xudía e, non soa, mais tamén outros individuos que lles eran incómodos, comezando ese xenocidio nos principios do outono de 1941, alcanzando o seu punto máis extremo na primavera de 1942. Desde esa altura as vítimas do nazismo eran transportadas en trens de mercadorías para os campos de exterminio.
No entanto, estas situacións de persecucións aos membros da comunidade xudía, xa comezaran pouco despois de 1933.
A planificación e organización deste xenocidio nazi, como tal, estivo a cargo dunha das máis sinistras figuras do sistema nazi, Heinrich Himmler, que tamén o controlou hasta a fin.
A este exterminio, pasou a história co nome de “Holocausto” e, que en hebreo se designa como “SHOÁ (ou SHOAH), que traducido, quere dicir catástrofe.
Non podemos deixar de referir, que a medida que o nazismo ía conquistando países, a que chamaba seus espazos vitais, na Europa, estendeu a captura e eliminación dos xudeus por todo ese espazo, que dominou.
Así o nazismo levou o xenocidio a toda a Europa.
Para executar a política do xenocidio dos xudeus, os nazis alemáns, estabeleceron unha rede de máis de 42.000 instalacións por toda a Europa, non soa para confinar en campos de concentración e de exterminio.
Tiñan unha rede de colaboradores espallados polos varios países ocupados e no propio territorio, que varios investigadores contabilizan entre os 150.000 e os 400.000 axentes delatores executores.
Así, os números que é costume considerar como directamente eliminados polos nazis de cidadáns xudeus se acerca aos 6/6,5 millóns.
Queremos deixar constancia de que os métodos de eliminación non foron sempre os mesmos, no entanto, predominaran os seguintes: morte por asfixia, por aplicación do gas velenoso Zyklon B, por disparos, por enforcamento, por traballos forzados, por fame, por experimentos pseudocientíficos, por tortura e por golpes mortais.
Como en anteriores textos afirmamos, se deu unha máis forte dispersión, dos xudeus polo mundo, sobre todo, fuxindo da Europa central e dos países en que había réximes fascistas, como en Portugal, España e en Francia de Vichy, pois neses países tamén eran arrestados e entregados aos alemáns, procuraron sobre todo se exiliar, nos Estados Unidos da América do Norte.
Para os USA, chegaron non só os xudeus de “pés descalzos”, mais tamén os científicos que estudaran en Universidades da Europa, e como non os ricos empresarios.
Coa súa importancia, coas súas influencias nos medios financeiros, ben da USA, ben do UK (Reino Unido), estes impuxeron aos aliados, gañadores da Segunda Guerra Mundial, que estes determinasen un territorio para que a diáspora xudaica implantase unha nación e un país xudeu.
Así foi feito, sendo consignado, o territorio da Palestina, como local a ser o futuro país xudaico.
Por que a Palestina?
Probabelmente por haber aí moitas raíces do pobo xudaico, mais, no entanto, sempre fora desde tempos inmemoriais, predominantemente territorio de palestinos.
Este pobo, o palestino, ese si tiña e teñen as súas raíces máis profundas arraigadas a ese territorio.
No entanto, os intereses das máis importantes empresas e, dos maiores bancos do mundo e como non dos USA, impuxeron que o territorio da Palestina fose o local destinado para coexistir xudeus con palestinos.
A sorte estaba lanzada e o camiño que hoxe trillamos estaba planeado, aínda que, en moitas poucas mentes o retiñan.
Así o día 14 de maio de 1948, Ben-Gurion, na cidade de Tel Aviv, proclama o estado independente de Israel.
Non foi de inmediato pacífica esa independencia, tendo os israelitas, defendido a súa independencia, nunha guerra Israel-Árabe que xa viña de 1947 e que finalizou en 1949, co apoyo dos USA, do UK e da Francia.
Imos dar unha relación das guerras que Israel asumiu, sempre con vistas a conseguir máis e máis territorio à custa de ir eliminando os seus veciños.
Faremos a indicación destas polas respectivas datas:
1948/1949 – Primeira guerra árabe-israelí
(entre Exipto, Iraq, Líbano, Siria e Transxordania)
Crea un exército moderno ben equipado con total apoyo dos seguintes países: USA, UK e Francia.
Ocupa todos os territorios que conquista, mais unha resolución do Consello de Seguridade da ONU, a 242, esixe a súa retirada, mais Israel non obedece e anexa todos os territorios. Esta resolución é de 1967 de 22 de decembro.
A consecuencia inmediata é a desaparición da Palestina Árabe. Expulsados máis de 800.000 palestinos, da súa Palestina.
1956 – Crise da Canle do Suez
Resulta dunha alianza entre a Francia, Israel e o Reino Unido, todos contra o Exipto. Como perde a guerra o Exipto, que non consegue nacionalizar o respectivo canle, Israel recibe máis forza, por parte dos seus aliados contra as poboacións árabes.
Os refuxiados palestinos se comezan a se organizar, creando a organización Al Fatah.
1967 – A guerra dos seis días
Israel ataca o Exipto, a Siria e a Xordania. Apoyo dos USA, Reino Unido e Francia.
Saldase por uns 15.000 mortos, máis de 11.000 prisioneiros e uns 50.000 feridos .
Como represalia Israel ocupa a totalidade de Gaza.
Israel cumpriu os desexos dos americanos destruíndo os exércitos árabes de entón.
1973 – Guerra del Yom Kipur
Con esta guerra, Israel, sae vencedora unha vez máis cos apoios da USA, consolidando como seus os territorios roubados na guerra de 1967.
1982/1983 – Guerra do Líbano
Esta non foi máis do que a destrución do Líbano para este xamais poder facer calquera conexión con outros países árabes e non poder apoiar os palestinos. A Organización de Liberación da Palestina (OLP), ten que deixar de estar acollida en Beirut e emigra para Túnez.
Como podemos observar desde estas notas este país, que nace de forma anómala e imposta polos aliados da Segunda Guerra Mundial, o que crean é un estado vixía e belixerante de tapón ao desenvolvemento dos países árabes da zona.
Antes de avanzarmos mais, imos deixar o número de vítimas, que desde o ataque da Hamas ao territorio ocupado por Israel, no dia 7 do mes de octubro, os xenocidas en cuestión e, até este dia 23 do corrente, xa tiñan asasinado 8.306 palestinos, sendo destes 3.457 nenos indefesos. Non esntán contabilizados en esta cifra os mais de 500 mortos do bombardeo do hospital. Mais o xenocidio continuará até que xa non exista en ese territorio un único palestino, palabras do seu máximo dirixente o primeiro ministro Benjamin Netanyahu.
Quen é o verdadeiro monstro exterminador?
Estamos, mentres, no período de control das armas nucleares e, por tanto, os países seus posuidores tiñan un pacto de control das mesmas e, de non a súa proliferación.
Israel é unha potencia nuclear, completamente a marxe de calquera control, é por iso un país, que permanece á marxe da lei e dos acordos internacionais, non admitindo calquera decisión da ONU.
Deixamos unha evolución do territorio palestino desde os anos de 1878, até a actualidade, para que se poida ter unha idea, mais concreta, de como os xudeus israelitas, foron tomando conta de practicamente a maioría do territorio, metendo en auténticos campos de concentración a poboación palestina.
Mais non se ten tratado de crear soamente espazos cerrados para confinar os palestinos, pois, mesmo confinados, o pouco espazo que os israelitas lle deixaban, aínda permitían a entrada de colonos xudeus, que á súa vez, tomaban conta dos mellores locais para as súas actividades, expulsando de forma aínda máis radical, os palestinos, co apoio do exército de Israel.
Os xudeus de Israel ou polo menos os seus máximos dirixentes locais, como que traen en seu ADN, a síndrome das persecucións do período nazi (durante o goberno fascista de Adolfo Hitler na Alemaña), así como o xenocidio, levado a efecto polo réxime nazi, conforme enriba indicamos.
De aí os mesmos israelitas diciren que sempre que é asasinado un xudeu, este ten que ser “vingado” coa morte de 10 outros cidadáns, teñan ou non sido intervenientes e esa morte.
Aquí non funciona o vello refrán que dicía “ollo por ollo, dente por dente”, aquí por cada ollo xudeu, terán que ser eliminados polo menos 10.
E no caso actual, este grupo armado, desesperado, por ver que cada vez estaban a ser máis eliminados e espoliados dos seus territorios, nun xesto non louvabel, mais, de evidente desespero, aproveitaron un momento de desentendemento interno das forzas de seguranza xudías, para lanzar este golpe.
Non defendemos a forza contra a forza, mais si as conversacións, calmas e tranquilas, en que non se negocia coas armas desenvainadas, mais si, coas intencións dunha convivencia pacífica, con humanidade e resolvendo dunha vez por todas, os erros cometidos polo protector perfectamente visíbel e, responsábel das incursións sistemáticas na zona, onde se sitúan as maiores reservas de combustíbeis fósiles do mundo.
Para os promotores desta situación, USA, Reino Unido e Israel e, coa compracencia cómplice da UE, todo é e será permitido, para alcanzar os seus desexados fins de dominio das materias primas, pois, todos os miles de mortos que ficarán polo camiño, así como o xenocidio actualmente en curso, non pasan de danos colaterais sen importancia.
Brevemente, o resto do mundo, segundo os políticos americanos, se esqueceran de máis este xenocidio. Non queremos terminar este texto, sen referir, que por exclusiva determinación do “imperio do mal” (nos referimos ao dúo USA/Israel), coa compracencia dos seus restantes socios, difunden as noticias a seu belo pracer e manipuladas como lles convén e, só sendo autorizadas as noticias vehiculadas, polas axencias dominadas por ese dúo. Polo outro lado, silenciaron as outras axencias independentes, para que non fosen divulgadas as certas informacións.
Este é o mundo da unipolarización, do dúo USA/Israel, responsábeis dos crimes de lesa maxestade, que violación os Dereitos Humanos, que co seu veto no Consello de Seguranza da ONU., deciden que están por cima do ben e do mal.
Até cando temos que soportar calados esta unipolaridade, neste mundo de vale de bágoas.
Se el primero en comentar