![]()
Falamos das pulseiras de vixilancia, dos maltratadores ou ¿so o foron logo de que a alarma popular fixo sentir que as mulleres se encontraban desamparadas, por falta desa protección declarada polos tribunais?
Por Jose Vieira | 8/10/2025
Non é costume se ver abordado en textos de divulgación xeral temas como o que serve de título, a este noso recorrido.
No entanto, este vén tras a observación do que parece ser unha situación, que cada vez é máis contrastante co que debía ser o mundo que nos cerca.
Non obstante xurdiu unha noticia, que levantou auténticas ondas de confrontación entre os señores políticos deste belo país, que parece ser, de non moitos brandos costumes, entre eses portadores do poder de que foron investidos por ganas populares.
Esta noticia, serviu de alimentación das cadeas de comunicación sociais, quere televisivas quere escritas o radiofónicas.
Por iso foi amplamente divulgada, e como tal de, se nos impón, unha pregunta:
Cando xurdiu esa noticia dos fallos dos dispositivos de protección, das mulleres vítimas da violencia, dos maltratadores, xa estaban substituídas e, como tal, a autoridade que as tutela, xa tiña dato polo seu defecto? Estaba en curso xa a súa substitución?
Como se pode deducir falamos das pulseiras de vixilancia, dos maltratadores ou ¿so o foron logo de que a alarma popular fixo sentir que as mulleres se encontraban desamparadas, por falta desa protección declarada polos tribunais?
Parecer confusa a resposta dada polas autoridades. En fin o habitual en situacións de carencia o de falta de eficiencia.
Como sabemos se os maltratadores se aperceberan antes de lles seren distribuídos os novos equipamentos, significa que lles foron permitidas represalias, pola ausencia de eficacia dos instrumentos de protección e control, así como non temos sequera idea de cantas foron e, se realmente isto pasou, con forme o describiron.
Esperamos sinceramente estarmos errados, pois, España non é un país infelizmente onde a muller non é só a “FADA DO LAR”, mais tamén é un elemento de explotación, ao longo dos anos e, continúa a selo. Esta é a realidade.
Lemos un excelente texto de investigación sobre a condición da muller, aínda que non sexa ese o título do traballo da escritora e periodista Núria Coronado Sopeña, que é de pór os pelos, realmente de pé.
Segundo os números que conseguiu indagar, se verificou que 39%, dos elementos de xénero masculino, españois, recorrían regularmente a servizos de prostitutas.
Esta frecuencia, nos trae a consecuencia de que a ESPAÑA PARECE SER O MAIOR BURDEL DE TODA A EUROPA E ISTO NON PODE CONTINUAR A SER OU A PARECER.
E comparando co resto do mundo enteiro, vemos que estamos en terceiro lugar, entre os países que máis utiliza a prostitución.
Segundo un estudo da Organización das Mações Unidas (ONU), vemos que o ránking, se encontra encabezado pola Tailandia (71%), pronto seguida polo Puerto Rico (61%) e, a seguir a España con 39% de frecuencia (ás popularmente chamadas casas de rapazas), a que delicadamente chamamos bordeis.
Aquí comezan a xurdir as contradicións, por exemplo segundo o Índice de Igualdade de Xénero para o ano de 2024, publicado polo Instituto Europeo da Igualdade do Xénero (RIGE), España sería o cuarto país, máis avanzado en igualdade do xénero, na Unión Europea.
Logo nos colocamos, de novo mal, pois, somos o primeiro Estado da Europa, en que exercemos máis violencia machista contra meniñas e mulleres, só por detrás dos suízos.
España, tristemente se transformou nun lugar privilexiado, por onde se ten efectuado a principal trata de mulleres e nenos, sobre todo do sexo feminino, co fin de seren utilizadas, posteriormente, na prostitución e, como tal, nos prostíbulos europeos.
Claro isto alimenta unha fonte de receita, a un conxunto de individuos (non só os coñecidos “chulos”, mais si, a auténticos conglomerados internacionais de explotación, a través da escravización da muller), que dunha forma autenticamente criminal, se enriquecen á custa deste comercio, ilegal e absolutamente criminal.
Será que non hai forma de eliminar, esta situación?
O que se pode concluír, de todo este pequeno resumo, é que dunha forma moi máis certeira, é que non hai nin o máis mínimo interese no facer.
Pode así, que os intereses, que son os beneficios monumentais, que fan mover este comercio escravo, sexan demasiado grandes, para que eses poderosos exploradores, non impoñan as súas regras irrecusábeis aos políticos.
Que responda quen saiba ou teña a consciencia pesada.
Se el primero en comentar