A outra guerra: a inflación

O control dos prezos é esencial, como non, parte fundamental, na loita contra a inflación, sendo unha das actividades institucionais, atribuídos e, consignados nos seus estatutos funcionades.

Por Jose Vieira

Comezamos este artigo cunhas palabras de Jerome Pawell, o presidente da Reserva Federal dos Estados Unidos da América do Norte, que polo menos que se pode dicir son sorprendentes, dado o seu grao de preparación teórico/económico. Estas rezan o seguinte: “Porque fallaron os prognósticos e foron equivocados?” (se refería a unha inflación que estimaban que sería meramente temporal) e, engade “desde o meu punto de vista, unha parte importante da explicación é que os que previron (esta a por de fóra da responsabilidade el e, o seu séquito, de analistas financeiros), subestimaron amplamente a persistencia das friccións do lado da oferta que, quedar unha forte procura, especialmente de bens duradeiros, produciron unha inflación sorprendentemente alta”.

É neste momento que non perfilamos e non aceptamos, que un “gran xefe” das “industrias de produción de billetes do mundo”, pase a ironía, non vise ou non quixese ver, o que a gran maioría dos economistas, viran e avisaron os “navegantes”.

Temos vindo, en numerosos artigos anteriores, denunciando as prácticas especulativas dos axentes económicos, que a coberto das actitudes covardes (queremos dicir que os gobernos non atenden ás necesidades das súas poboacións, mais si, ás ordes dos grupos empresariais) dos gobernos, que aceptan, e até mostran a súa axuda e tolerancia, favorecendo estes grupos con axudas financeiras cuantiosas, á custa das súas poboacións que, mentres, se van cada vez máis, se empobrecendo.

Os grandes xefes, dos principais Bancos Centrais (Reserva Federal da América do Norte, Banco Central Europeo, Banco da Inglaterra e Banco do Xapón), debían estar adormecidos ou sufrían dalgunha catarata, que os impedía de falar alto e claro, do que se estaba a pasar e, como non, a tomar atempadamente, vixiar as políticas especulativas e controlando os prezos.

O control dos prezos é esencial, como non, parte fundamental, na loita contra a inflación, sendo unha das actividades institucionais, atribuídos e, consignados nos seus estatutos funcionades.

Fallaron e continúan a fallar.

Se preparan para descarregar o custo desta lacra, coñecida por unha “inflación galopante”, nas costas da poboación, que súa gran maioría non dispón de medios para se defender da subida xeneralizada do custo de vida, ficando completamente desarmada e, a correr para o cadafalso, da pobreza máis severa.

Nesta altura, se nos ocorre unha pregunta, que consideramos ser moi pertinente:

Quen gaña coa inflación galopante?

Nunca, unha resposta hai sido tan fácil, de contestar:

os mesmos de sempre, os empresarios e os grandes grupos.

Todos sabemos que esta explosión inflacionista, no momento en curso, continúa a ser animada polas organizacións empresariais co beneplácito do goberno, que non fai nada máis, do que hacer propaganda nos “ mass media”, de que non pode facer nada máis, do que ten feito (nada que realmente trabe a inflación ou a control) pois, se ten que someter as súas medidas, á aprobación da Unión Europea.

Máis, recordemos, por exemplo, o goberno congratúlase e “manda” a noticia, de que houben máis 130 mil novos contratos de emprego, cunha porcentaxe mirabolante dos 30% fixos, mais o que non di é que se concretaron, contratos de xente que xa estaba a traballar.

Máis, e se fosen mesmo novos contratos, o que acontecería, é que eses traballadores, dato a inoperancia do goberno, perderán o ano en curso probabelmente, entre de 10 e 18%, do poder de compra dos seus salarios de hoxe, comidos pola subida incontrolada dos prezos, permitindo a transferencia deses cuantiosos lucros, provenientes desa especulación, consentida polo goberno, para os petos dos capitalistas, aumentando, aínda máis, a desigualdade existente.

Outro problema, que non indican, é cales son os salarios deses novos contratos, que pronto no comezo están suxeitos a lacra de non chegaren ao final do mes e, como tal, están engrosando o batallón dos pobres, pois, contrariamente o que antigamente sucedía, cando se tiña emprego, se podía non só chegar ao fin do mes, como se podía constituír unha familia. Pois agora non, hai que continuar a vivir en casa dos pais.

Que grande é a independencia para os mozos?

Pase a ironía.

Ou dito doutra maneira, se van tornando, alegremente, cada vez máis, en traballadores pobres.

Imos dar algúns números, para que podamos ter unha idea, de como será a inflación coas medidas tomadas e, cando dicimos reais medidas e, non as hipotéticas manobras publicitadas e manipuladas, do goberno.

Así, polo momento, temos un IPC, na América do Norte neste momento, que aumenta cerca de 8%; Na Zona do Euro, o aumento medio xeral é de cerca de 6,5% e no Reino Unido 6,4%. Recordamos que por exemplo o Xapón que estaba en deflación (valor en que os prezos – ou sexa o seu IPC, era negativo), inverteu a tendencia, tendo os prezos comezado a subir, anulando os valores negativos, tendo xa, rexistrado un aumento do 1% no seu IPC.

Sen calquera comentario, indicamos o valor da inflación ao final do mes de marzo pasado en España, que contrariamente aos números indicados polo goberno, xa roza os 10%.

O que realmente podemos esperar, dada a falta de intervención dos gobernos e a miopía dos Bancos Centrais, ao non actuaren en tempo oportuno, contendo a inflación, non fiscalizando co debido rigor as políticas de prezos no mercado, tivo como consecuencia que esta inflación, ao non ser contida, mentres crepitante, pasou a se poder prever, con toda a facilidade, que atinxirá valores de dous díxitos, aínda antes do final do ano, se transformando no que se designa como galopante (en que os seus números porcentuais, serán de dous díxitos e poderán subir, como se di até ás nubes).

Axiña damos algúns valores, que son en xeral xa coñecidos, que seguen o mesmo ritmo de crecemento, como na Unión Europea:

– India están xa en algo máis do 7%,

– Rusia, antes da invasión, cerca de 10%,

– Brasil 11%

E, naturalmente, a tendencia é atinxiren valores de inflación enormemente galopante, como por exemplo.

– Arxentina con 53% ou

– Turquía con 55%.

Podemos dar un pequeno, mais esclarecedor, exemplo: se temos no momento 80€, no noso peto, podemos comprar, por exemplo, unha determinada cantidade de produtos (X), no entanto, dentro duns 6 meses, para a mesma cantidade de produtos, teremos que dispor de polo menos de 100€, se queremos as mesmas cantidades do referido produto, isto é, na mellor das hipóteses, uns 20%.

Non podemos deixar de alertar, no entanto, que as políticas que se están a estruturar, falamos do Banco Central Europeo, máis as do goberno que temos (???), para o control inflacionista, son políticas dunha austeridade severa, ou sexa, non será nin inocua nin fácil e, non poderemos ver outra cousa nas economías familiares da poboación, a non ser, a súa capacidade financeira ou poder de compra, ficar cada vez máis mermada, pois, as políticas, serán de accións de control sobre a cantidade de diñeiro existente no mercado, cuxa intensão é pretender diminuír ( TMM- Teoría Monetaria Moderna) a masa monetaria en curso, dado que, os gobernos neoliberalistas, teñen como seu deus supremo, os mercados, que segundo eles todo resolve.

Os gobernos están completamente comprometidos, para seren os “servos” incondicionais, dos desexos dos máis ricos e como tal, máis poderosos e, que representan, soamente cerca de 10% das poboacións, abandonando os restantes 90%.

Pois, estes últimos, a poboación xeral (que como dixemos, representa os tales 90% da poboación), dado que non son, os que ofrecen os empregos de compensación despois de saíren dos gobernos, “as chamadas portas xiratorias” nin pagan as campañas políticas.

Sen queremos ser “catastrofistas”, a austeridade que nos vai chegar, vai ser moito máis dura, do que a que as “Troicas” impuxeron, dunha forma violenta e cruel, aos pobos europeos, especialmente, á Grecia, a Portugal e a Irlanda, a cando da crise de 2008.

Non debemos esquecer que a man de ferro da austeridade, durante a referida da crise, foi comandada, pola señora Merkel e como non, tendo como “acólitos” os países chamados frugais (Países Baixos, Suecia, Dinamarca, Austria e Finlandia), os de relixión protestante.

Recordamos que eses mesmos países, foron os que se opuñan á obtención do préstamo caucionado porá a Unión Europea, para a creación dos fondos chamados da New Generation U.E., para axudar a superar os problemas que se xeraron coa pandemia do coronovirus 19, pois, consideraban que os países do sur da Europa, non facían outra cousa que non fosen andar en festas e a beber viño e, por iso non merecían ser axudados.

Non debemos esquecer que tamén o goberno español, do señor Rajoy, tivo que aceptar o chamado Memorandum da “Troica” (a pesar de sempre, e até hoxe, se mentir dicindo que xamais se recorreu ao apoio da Unión Europea), pois, tamén hai recibido 70.000 millóns de euros, para salvar os bancos de España.

Este timo, do señor Rajoy, que todos o estamos a pagar, se destinou a rescatar a banca, tendo ese señor referido nunha súa intervención na televisión, que era un préstamo á banca e, que até era bo pois, os bancos irían pagar con intereses e así o país até gañaba coa operación.

Entón afirmou, “que era un negocio redondo para España”.

Por outro lado, o goberno nos quere facer crer, a través da manipulación da comunicación social, que é controlada polo executivo, de que a culpa de todo é a invasión da Ucraína pola Rusia do señor Putin.

Non esquezamos o triste papel desempeñado polo executivo no “paro” dos transportes, que non se pode deixar de interpretar, como máis un tiro nas accións que debía tomar, para o control da inflación.

Sempre buscan os gobernos, un “bode expiatorio” para as súas inepcias e, como non podía deixar de ser, tamén esta coalición o fai.

Máis, outro timo, que se debe ao actual goberno, pois, como sabemos os prezos xa estaban en ascenso antes de 24 de febreiro. Recordamos, que o alibi do actual goberno, non é outro que afirmar, de que non pode tomar ningunha medida de intervención de fondo, sen a “bendición” do Consello Europeo, como xa referimos enriba.

Que costas largas ten este organismo, da Unión Europea e, como serve ás mil marabillas para esconder a incapacidade local do executivo de quenda, sendo a Comisión o vilán da historia.

Máis, ese tal Consello Europeo, e como tal toda a Unión Europea, que arrastran por toda a Europa, principalmente na zona do euro. E de forma incomprensíbel, en vez de facer todo o necesario para saír da recesión, as economías capitalistas que campeiam no referido espazo, insisten en permaneceren deprimidas e, persistiren como o menor crecemento, de produción, investimento e emprego, que se ten memoria, parecendo que queren se manter nesa actitude, por moitos e maos anos.

Mais pasemos de novo ao contexto xeral e, este goberno que se di de esquerda (1), pasa por ser, na súa práctica (recordemos o fracaso redondo da Ingreso Mínimo Vital), como verificamos polas inmensas contradicións, existentes na súa estratexia e prácticas, que máis parece un goberno de extrema dereita e máis completamente “zombi”.

Finalmente, esperamos que tomen consciencia de que hai outras formas de gobernar e, realmente non nos estamos a referir, ao modelo que están utilizando, que sería máis ou menos o arquetipo dun calquera goberno de dereita.

Así, que facemos un sincero chamamento, ao bo censo común, dos señores compoñentes do goberno, para que dunha vez, por todas, miren as poboacións, que os votaron e, que neste momento, se senten desamparadas, acurraladas nun “vale de lágrimas”, e cercados polas montañas dunha inflación, sen límites.

Finalmente se pregunta:

O QUE É SER UN GOBERNO DE ESQUERDA?

Nota:

1 – Parece ser que este epíteto, de ser de esquerda, resulta de ter na súa composición, uns cantos compoñentes que pertencen a partidos, que segundo as súas bandeiras, se din de esquerdas. Por iso deixamos sen contestar, unha pregunta:

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.